....
A verdade é que este ano o Día Das Letras Galegas troúxonos moitas cousas boas: xa temos de novo todos os ordenadores, preparados e dispostos pra cando precisedes facer un traballo, unha consulta, mandar un comentario aos blogs... Imos coidalos ben porque todos aprendimos o que é estar case un curso enteiro sen eles, coa boa falta que facían. Quedou claro que cando alguén rouba ou dana algún ben público, rouba ou dana as nosas cousas, o que é de todos e cada un de nós.
...
.
Agasallounos tamén este día con badaladas, paisaxes, fervenzas, nais, volvoretas e toda a fermosa colleita de palabras recollida polo alumnado
de 1º ESO que podedes ver no hall.
noraboa polos novos aparellos!
ReplyDeleteun viaxeiro da ponte das letras
Sabedes que somos admiradores do voso traballo? Mil e unha agarimosas felicitacións desde Silleda
ReplyDelete