Atopamos en Papel en blanco información sobre esta excelente hemeroteca dixital facilitada pola Vanguardia que nos permite ter un acceso inmediato e gratuíto ao xornal de calquera dia que nos interese dende 1881, nada menos, e permite procurar a información por data e palabras clave con diversas ferramentas de filtrado: tema, só portada etc . Podemos descargar o exemplar dixital elixido ao noso equipo en formato PDF e dispor del para ver que sucedeu o día que nacemos, por exemplo, ou para que o alumnado rastrexe unha nova determinada ocorrida hai moito tempo, como o inicio da guerra civil , ou a primeira viaxe á lúa, ou botar unha ollada ás páxinas de publicidade, poñamos por caso. Interesante.
Totalmente ao azar, eliximos esta páxina do 25 de Abril de 1956
Un recurso moi interesante. Tomamos nota. Moitas grazas por compartilo.
ReplyDeleteUn saúdo.