Tuesday, 29 September 2009

Mariem Hassan

A cantante saharauí Mariem Hassan foi agredida onte en Madrid por un grupo de cinco mozos que empezaron a increpala cando viron que vestía a melfa, traxe típico das mulleres da zona do Sahara Occidental que está fóra do control de Marrocos.
Mariem Hassan saía dunha cafetería xunto á bailarina e percusionista Vadiya Mint e o guitarrista Lamgaifri Brahim cando cinco cidadáns marroquís -segundo indicaron as insultadas-, tres mozos e dúas mozas, increparon ás mulleres pola súa vestimenta.
Os músicos que a acompañaban defenderon á artista dos agresores, que fuxiron nun taxi cando escoitaron o coche da policía.

Mariem Hassan, recentemente chegada de Italia, onde participou no festival WOMAD en Sicilia, atópase en Madrid gravando un novo disco.
A cantante, que é coñecida como "a voz do deserto", compón as letras das súas cancións en lingua hassiana -a lingua dos saharauís-, para dar voz a un pobo "inxustamente asoballado e perdido e que está farto de ser refuxiado", afirmou nunha entrevista concedida a EFE na primavera de 2007.
Hassan é todo un ídolo no seu país onde, segundo afirma, é escoitada "en segredo" porque a súa música está prohibida na zona "ocupada" do Sahara Occidental.

FONTE EFE

Non coñecíamos a Mariem Hassan. Este é o video que nos pareceu máis ilustrativo.

7 comments:

  1. Non é fácil conseguir os seus discos, normalmente hai que encargalos, pero vale a pena intentalo. E se a podedes escoitar en directo, moito mellor.
    Escoitar a súa música tamén é unha forma de solidarizarse co pobo saharauí.
    Marga

    ReplyDelete
  2. Pode resultar difícil conseguir os traballos de Mariem, mais non imposible. Nubenegra leva moitos anos gravando proxectos da saharaui, así que no seu sitio web podedes encargalos. Se nas vosas tendas habituais non os teñen, preguntade se moven a música deste selo. De ser así, poderedes encargalos. Senón, só vos quedará encargalos por internet.

    Saúdos.

    ReplyDelete
  3. Malia todo, se non dás conseguido nada pódoche pasar eu algo de material. Será por música.

    Saúdos.

    ReplyDelete
  4. Pois que sorte teño. graaaazaaas.

    ReplyDelete
  5. ...traigo
    sangre
    de
    la
    tarde
    herida
    en
    la
    mano
    y
    una
    vela
    de
    mi
    corazon
    para
    invitarte
    y
    darte
    este
    alma
    que
    viene
    para
    compartir
    contigo
    tu
    bello
    blog
    con
    un
    ramillete
    de
    oro
    y
    claveles
    dentro...


    desde mis
    HORAS ROTAS
    Y AULA DE PAZ


    TE SIGO TU BLOG:
    MESTURAS




    CON saludos de la luna al
    reflejarse en el mar de la
    poesia ...


    AFECTUOSAMENTE
    MESTURAS




    jose
    ramon...

    ReplyDelete
  6. Mil gracias José Ramón. Estamos impresionad@s. No creo que estemos a la altura. Esto no es más que el blog de una biblioteca escolar. Un abrazo desde Pontevedra para Asturias. Ya te hacemos ahora mismo una visita. Seguro que encontramos muchísimo que aprender.

    ReplyDelete