Na nosa proverbial ignorancia descoñeciamos a existencia da obra “Seguindo o curso do río durante o festival Ching Ming”, e ao recibir un correo coa ligazón que vos facilitamos nesta entrada, puxémonos a buscar información. Atopamos unha morea de páxinas, que dicían basicamente o mesmo, probablemente inspiradas na inevitable Wikipedia. Logo de entrar nalgunhas delas estamos en condicións de contarvos o seguinte:
Trátase dunha obra duns 5.28 m de lonxitude da que se realizaron diversas versións ao longo dos séculos. A obra orixinal atribúese ao pintor Chang Tse-duan (1085-1145). Concibiuse como unha exaltación da prosperidade e os quehacers cotiáns dos habitantes de Bianjing, hoxe Kaifeng durante a dinastía Song. É evidente que proporciona unha detalladísima información de primeira man sobre o modo de vida neste período da historia de China
Na pintura aparecen 814 figuras humanas, 28 barcos, 60 animais, 30 edificios e 170 árbores. Considérase un dos tesouros artísticos de China. É unha das posesións máis prezadas do Museo de Taiwan, onde se compuxo esta visualización virtual da pintura.
Non vos perdades as animacións dos recadros.
Desde logo, isto de que non nos leades!!!!
ReplyDeleteBicos
Non é certo. É só que publicades a un ritmo excesivo para as nosas limitadas e cada día máis dispersas capacidades. Vëmonos pronto. Bicos para Anxiño, tamén.
ReplyDeleteÉ unha pasada de bonito!!!! Precioso o cadro e o enlace coas animacións non digamos.
ReplyDeleteOki, se vas aos encontros, a ver se falamos que me apetece moito.
ReplyDeleteGrazas pola visita
Podo apuntarme á conversa???
ReplyDelete