Aproveitando a data facemos unha pequena proba en Glogster para ver que tal vai e a verdade é que cun pouco de tempo e paciencia, pódense facer composicións bastante sinxelas de montar con diversos materiais e un resultado moi atractivo. Utilizamos cartaces do portal de Good 50x70, interesante iniciativa que utiliza a creatividade para chamar a atención sobre este e outros temas nunca solventados.
Xa vedes que a montaxe pódese ver a tamaño xigante e é compatible con case todas as plataformas. Está ben para composicións do alumnado, penso, porque é moi sinxela e permite insertar videos, sons, textos…. Haberá que investigar a versión para fins educativos. Aínda non tivemos tempo.
Con este blog sempre aprendemos cousas novidosas ao servizo da comunidade educativa.
ReplyDeleteAlguén deste blog tiña desexos de comer un enorme cocido compartido que non chego a ser realidade, en vez de andar todo o día pegada á máquina infernal esta das realidades virtuais...
ReplyDelete