tag:blogger.com,1999:blog-7829973199061430829.post1080210931784504002..comments2023-10-31T17:14:52.168+01:00Comments on MESTURAS: Xuizo con xurado. Miúda responsabilidade!MESTURAShttp://www.blogger.com/profile/06812044204146789680noreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-7829973199061430829.post-46496961091293083692009-03-14T08:16:00.000+01:002009-03-14T08:16:00.000+01:00Grazas a ti Charo, a miña inquebrantable compañeir...Grazas a ti Charo, a miña inquebrantable compañeira de traballos, que non de fatigas, pois en tantos, como neste caso gozamos facendoos. <BR/>Calquera día algún mozo ou moza pode ser chamad@ para ser membro dun xurado, mesmo poden ser xulgados por un xurado popular, a vida ten sobresaltos impensables. Por tanto estará ben que as súas mentes e capacidades intelectuais se dirixan a cuestións como cal é a razón da existencia destes xurados, as complicacións dun xuízo no que non profesionais van tomar decisións compremetodoras do que vai ser a vida dunha persoa, as garantías que a xustiza nos ofrece como cidadáns.<BR/>Ao meu parecer tamén é importante que vexan a cruel, antipática e desgarrada realidade que nos rodea, os acusados son de aquí ao lado, teñen cara e voz, minten e sinten, teñen fillas, parellas, non son imáxenes na pantalla. As posibilidades de que o mundo delictivo se nos aproxime son máis das que pode parecer. Onde nos situamos nós, que respondemos, como actuamos ante as propostas e actuacións delictivas?<BR/>Témome que necesitamos máis que ese xuízo e esa ficha para ir construíndo a nosa conciencia social de cidadáns. Pero o intentamos.Anonymousnoreply@blogger.com