Pois este é o pero á entrada anterior. Botádelle unha ollada a este documental sobre o adestramento con nenas pequenas en China. Non é un alegato contra China por estas prácticas, sobre todo non só contra China. Cónstanos que noutros países acontecen feitos semellantes pero son case imposibles de filmar. A información procede do blog de aula Ciclos Deporte Weblog do noso centro, e polo tanto tampouco se trata, como é obvio, de facer unha crítica contra o deporte. Trátase só de poñer límites razoables e de posicionarnos frontalmente contra este tipo de excesos cometidos contra menores co único obxectivo de conseguir, como neste caso, algunhas medallas de ouro máis. Non cremos que esa sexa a filosofía que deba inspirar unhas boas prácticas deportivas. Admítense comentarios.
Moi oportuno este comentario sobre supostas prácticas deportivas agora que andamos ás voltas cos xogos olímpicos.
ReplyDeleteCompre mirar con lupa os deportes de competición e os métodos de adestramento. A ximnasia rítmica e a súa relación coa anorexia, os tratamentos hormonais supostamente legais.... e un mundo de prácticas perfectamente asentadas e asumidas dentro e fora do mundo do deporte de competición.
Grazas por ser, unha vez máis, a voz dos principios.
olga
Querida Charo, despois desta entrada, magnífica como sempre, e do comentario de Olga, pouco queda por dicir, máis que subscribo todo o dito.
ReplyDeleteDeporte si, pero non en calquera condición!!
Apertas dende Fene.
O Colexio Americano de Medicina considera que un 62% dos deportistas de elite padece trastornos de saúde como consecuencia da súa alimentación.
ReplyDeleteUn 18% corre o perigo de caer na anorexia. O uso de bloqueantes artificiais, que atrasan a menstruación, pode causar osteoporose.
Os réximes moi restritivos levan consigo déficits de vitaminas e minerais como o ferro.
Debemos lembrar a loita de Marta Bobo contra a anorexia e Tania Lamarca que non foi quen de "adelgazar" para poder seguir formando parte do equipo nacional de ximnasia artística. Tiña 17 anos e pesaba 42 Kg. Estaba gorda. Estas cousas non pasan só en China.
A verdade é que é para facer iso mesmo aos entrenadores e aos pais/nais destes pequenos...
ReplyDeleteMeu deus, estou sorprendida e espantada da capacidade de sofremento destesque demostran nenos.
Coido que esa "gloria" da que fala a repotaxe non é senon un pouco de tolemia... Creo que perdemos o rumbo. Para min non vale a pena conseguila pagando este prezo.
Reafírmome no comentario á anterior entrada. Só un engadido: este tipo de explotación está a darse en máis sectores, por exemplo no campo artístico. Sempre me quedou a dubida de se certas prácticas artísticas dentro do chamado body art,teñen coma fin a denuncia da explotación da imaxe como di Orlan ou se eles/as mesmos/as están a ser víctimas da orixinalidade sen límites que exise o mercado e que lles leva á mutilición como no actionismo vienés.
ReplyDelete