Thursday, 9 October 2008

O misterio das miradas do Thyssen

O museo Thyssen-Bornemisza ofrece este interesante recurso didáctico consistente nun xogo para dar a coñecer algunhas das obras da súa colección. O xogo consiste en ir descubrindo a que cadro pertencen as miradas que, acompañadas de diferentes pistas, ofrécense como enigma aos visitantes. Moi intuitivo e sinxelo de manexar, permite moverse polas diferentes salas do museo virtual coas frechas do teclado. 2º Premio Innova 2008.

6 comments:

  1. Moitas grazas pola información. Xa subín unha ligazón a INICIARTE.

    ReplyDelete
  2. Que boa pinta ten. Grazas pola información. Bicos

    ReplyDelete
  3. Estupendo enlace. Xa está no noso blog do Ámbito sociolingüístico de 4º de Diversificación http://aulapdc.blogspot.com
    Grazas polo voso traballo.
    Saúdos dende A Baña

    ReplyDelete
  4. grazas a tod@s vós pola agradable visita

    ReplyDelete
  5. Moi acaída esta información para os nosos proxectos deste curso.
    Mesturas, coma sempre, abrindo camiños e ollos.
    Grazas.
    olga

    ReplyDelete
  6. OLGAAAA!! Cantas ganas de verte de novo...

    ReplyDelete