O museo Thyssen-Bornemisza ofrece este interesante recurso didáctico consistente nun xogo para dar a coñecer algunhas das obras da súa colección. O xogo consiste en ir descubrindo a que cadro pertencen as miradas que, acompañadas de diferentes pistas, ofrécense como enigma aos visitantes. Moi intuitivo e sinxelo de manexar, permite moverse polas diferentes salas do museo virtual coas frechas do teclado. 2º Premio Innova 2008.

Moitas grazas pola información. Xa subín unha ligazón a INICIARTE.
ReplyDeleteQue boa pinta ten. Grazas pola información. Bicos
ReplyDeleteEstupendo enlace. Xa está no noso blog do Ámbito sociolingüístico de 4º de Diversificación http://aulapdc.blogspot.com
ReplyDeleteGrazas polo voso traballo.
Saúdos dende A Baña
grazas a tod@s vós pola agradable visita
ReplyDeleteMoi acaída esta información para os nosos proxectos deste curso.
ReplyDeleteMesturas, coma sempre, abrindo camiños e ollos.
Grazas.
olga
OLGAAAA!! Cantas ganas de verte de novo...
ReplyDelete