Tuesday, 29 January 2013

Xa sabemos o que é un doutor honoris causa

Agustín Fernández Paz foi nomeado doctor honoris causa pola Universidade de Vigo.

O autor de múltiples libros para a infancia e a mocidade, o dinamizador de movementos de renovación pedagóxica e defensor da lingua, ve así recoñecida a súa achega á cultura e ao saber deste país.

Conta con numerosos premios entre os que destacan o Nacional de Literatura Infantil por O único que queda é o amor, o Lazarillo por Contos por palabras,o Edebé infantil con A escola dos piratas e o xuvenil por Trece anos de Branca, o Merlín por As flores radiactivas, o premio Rañolas por Cartas de inverno ...

Os seus libros están traducidos a múltiples idiomas. A súa voz chega cada vez a máis lugares. Segue a falar e a escribir, Agustín!

Publicado por Asesoría Bibliotecas Escolares para Rede Lectura 

Hoxe  o profe Anxo mandoulle  unha mensaxe ao noso querido Fernández Paz con esta entusiasta gravación do alumnado de 1ºESOB. Rapidamente recibiron como resposta un correo do escritor con apertas para os seus incondicionais lectores e lectoras.

 

Monday, 28 January 2013

Imaxes icónicas dos contos populares

Curiosa a iniciativa de, artista gráfico minimalista Christian Jackson que, consciente do inmenso poder oculto tras as narracións infantís que todos escoitamos de nenos, tratou de atopar unha imaxe icónica que transmite con forza a esencia dalgunhas das historias máis populares. Encántannos.

RAPUNZEL

A PRINCESA E O CHÍCHARO

BRANCANEVES
A CARRAPUCHIÑA VERMELLA
HANSEL E GRETEL
O PARRULIÑO  FEO
PINOCHO
RICIÑOS DE OURO
OS TRES PORQUIÑOS
ROBIN HOOD
ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS

Fonte:  Graphic Design Blog

Thursday, 24 January 2013

A quinta muller da Academia: Fina Casalderrey

Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,  escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).

Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!. Asesoría de bibliotecas escolares

Unha boa amiga de Mesturas e da Biblioteca do noso Instituto acaba de recibir un novo recoñecemento ao seu labor literario. Os nosos parabéns para Fina Casalderrey que vai entrar na Real Academia Galega. Os seus méritos son ben abondosos, os seus libros son dos máis emprestados na nosa Biblioteca, é unha das máis sobranceiras creadoras de literatura para a xente moza (e non tan moza). Sempre se prestou amablemente a colaborar nas actividades que lle propuxemos. Por iso nos alegramos tanto e estamos fachendosos de termos unha amiga na Real Academia Galega.

 

548079_10150913691873775_893492896_n

 biblio_25_maio (5)

biblio_25_maio (24)

Wednesday, 23 January 2013

Literature versus traffic. Luzinterruptus

Coñecedes a Luzinterruptus

Esta é a definición do seu traballo escrita por eles mesmos

Somos un colectivo artístico anónimo, que levamos a cabo intervencións urbanas en espazos públicos. Utilizamos a luz como materia prima e a noite como lenzo.
E todo isto levámolo a cabo co material que mellor coñecemos e máis nos inspira, a luz, que ademais de proporcionarnos un gran impacto visual, permítenos facer intervencións nalgúns casos mínimas e noutros máis extensivas, sen deteriorar o mobiliario urbano e sen privar de escenario para traballar a outros artistas ou aos propios usuarios dun espazo común, que escasea nas grandes cidades.
Ademais da luz, o lixo, os materiais simples da propia contorna son a nosa inspiración; a vida na cidade, o uso dos espazos público, as contornas inhóspitos, a natureza, as reivindicacións sociais, o noso cabalo de batalla.

As nosas intervencións son extraordinariamente efémeras, moitas veces tardan en desaparecer menos dunha hora xa que os nosos pequenos artiluxios luminosos, espertan nos espectadores, grandes desexos de facerse con eles. Isto non nos importa en absoluto, moi ao contrario, parécenos interesante que alguén poida interpretar, que o que deixamos na rúa, é un pequeno agasallo para o que tivo a sorte de atopalo. .

Velaquí máis fotos da fermosísima intervención intervención Literature versus Traffic en Melbourne

Definitivamente,  tedes que visitar a súa páxina

IMG_8029

IMG_7231

IMG_7211-2 548079_10150913691873775_893492896_n

Wednesday, 28 November 2012

AID, rap na Biblioteca

Aid, a rapeira, estivo no noso centro.

Grazas á Concellaría de Normalización Lingüística de Pontevedra que promoveu este obradoiro de rap. Falou cos rapaces e rapazas da historia do rap, de como se foi espallando e do seu significado.

Foron dúas sesións seguidas na Biblioteca.

Máis adiante haberá un recital para o alumnado de todos os centros pontevedreses que participaron nos obradoiros.

Aquí podedes escoitar o boa que é AID. Seguro que o concerto é un  exitazo.

stig-greve-2

 stig-greve-2

 Ou tamén podedes botar unha ollada aos seus videos

 

 

stig-greve-2

Sunday, 25 November 2012

25 NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Ante a dificultade de abordar, un ano máis, un tema tan complexo como este, preferimos tomar prestadas varias voces máis autorizadas ca nosa. Queremos destacar en primeiro lugar os elementos gráficos do documento que vos presentamos, e que nos impactaron pola súa calidade. Son obra das artistas que participan no evento “Off the beaten path”, que propón unha reflexión sobre as causas últimas da violencia en diferentes culturas. Algúns dos traballos que aparecen no documento forman parte desta exposición. Outros non están incluídos na mostra, pero o que vimos gustounos tanto, que procuramos máis información das participantes e atopamos algunha que outra xoia, como podedes ver. No documento figuran os nomes de todas e cada unha das autoras.
Os textos están inspirados en dosieres da organización GBV, que traballa principalmente con colectivos africanos. Parecéronnos interesantes porque reflicten á perfección que cando unha sociedade xera violencia, esta afecta e prexudica individualmente a todos os seus membros e á comunidade mesma como ente social. 

 

 

 

Suzanne Vega. Luca

 

Nesta desoladora e maxistral composición de Suzanne Vega, que é o fondo musical das diapositivas, aparece o complexo tema da violencia agochada na intimidade das familias. Neste caso a vítima é un neno, o viciño do segundo, que compón o inesquecible retrato de toda persoa maltratada: baixa autoestima: "a culpa é miña, son tan torpe..." "cando choro, xa non pegan máis". Tamén aparecen sentimentos de aillamento e soidade: "non preguntedes, non é asunto voso".

 

My name is Luka
I live on the second floor
I live upstairs from you
Yes I think you've seen me before

If you hear something late at night
Some kind of trouble. some kind of fight
Just don't ask me what it was

I think it's because
I'm clumsy
I try not to talk too loud
Maybe it's because I'm crazy
I try not to act too proud

They only hit until you cry
After that you don't ask why
You just don't argue anymore

Yes I think I'm okay

I walked into the door again
Well, if you ask that's what I'll say
And it's not your business anyway
I guess I'd like to be alone
With nothing broken,
nothing thrown

Just don't ask me how I am

My name is Luka
I live on the second floor
I live upstairs from you
Yes I think you've seen me before

If you hear something late at night
Some kind of trouble, some kind of fight
Just don't ask me what it was

And they only hit until you cry
After that, you don't ask why
You just don't argue anymore

Sunday, 18 November 2012

Visitamos Rianxo

Organización:

  • Departamento de Lingua Galega e Literatura.
  • ANPA O Verxel
  • Colaboración: Vicedirección, Biblioteca.

A visita foi posible grazas ao concello de Rianxo. O noso agradecemento para o Sr. Alcalde que agardou para nos saudar, para Don Fernando Lavandeira que organizou e coordinou toda a visita, para os dous guías que nos acompañon en todo momento cos seus comentarios. E especialmente para o Profesor Don Xosé Luís Axeitos pola súa completa e datallada explicación no Museo de Manuel Antonio.

Desenvolvemento:

Ao baixarmos do autobús xa nos estaban agardando os guías do Concello. Un grupo comezou a visita polo Museo do Mar e da Pesca, o outro polo Museo de Manuel Antonio. Despois a visita continuou polas rúas e prazas da Vila de Rianxo. Finalmente o alumnado dispuxo dun anaquiño para dar unha volta e repoñer forzas nalgunha cafetaría.

Choveu a noite anterior e continuou á tarde, pero esa mañá en Rianxo luciu o sol. Foi unha mañá perfecta.

Profesorado acompañante: Mª Rosario Sánchez-Gabriel, Xosé Luís Janeiro, Anxo González.

ALGUNHAS LIGAZÓNS DE INTERESE

Wednesday, 14 November 2012

Monday, 12 November 2012

FACER ARTE PARA LER O MUNDO. IV XORNADAS DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

Os días 9 e 10 de novembro de 2012 tiveron lugar, en Santiago de Compostela (Palacio de Congresos), as IV XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA, cita anual do colectivo de profesores e profesoras comprometidos coa biblioteca escolar e a lectura nos centros públicos galegos. O noso centro foi convidado a participar para expoñer algúns materiais que viñemos elaborando ao longo destes últimos cursos. “Facer arte para ler ou mundo” que foi o título da nosa charla, serviu para facer un percorrido xunto aos asistentes á mesma e repasar brevemente proxectos inesquecibles como os traballos realizados para o Salón do Libro, as actividades en torno ao proxecto “Máis que Caras” coa exposición dos mandís realizados polo alumnado TIC e os obradoiros de esmaltes para nais e profesoras. Falamos, como non do proxecto do curso pasado en torno á memoria e as lembranzas que tiña o lema “Somos o que lembramos e tamén o que esquecemos. E por suposto estivo presente o noso marabilloso mural da biblioteca que por fin remataremos este curso.

Fai clik na imaxe

Non esquecemos as instalacións no vestíbulo cos deseños gráficos que Jaime Eizaguirre Santillán, ex alumno do noso centro, realizou para as campañas de lectura compartidas con máis de 100 centros de toda a comunidade.
É tanto o que temos que aprender das habilidades que aportan as ensinanzas artísticas: conéctannos de novo coas emocións, ensinándonos a aprender dos nosos erros, posibilitan respostas diferentes ante unha mesma proposta de reflexión, facilitan espazos onde de novo son posibles a maxia, a sorpresa e o asombro. Todo iso e moito máis aprendemos nos múltiples traballos que foron agromando ao longo de todos estes cursos e que tanto aportaron á nosa comunidade educativa.
Ningunha delas tería sido posible sen a presenza da nosa querida compañeira Carmen Pernas á que todos valoramos tanto polo seu talento e a súa inesgotable xenerosidade.

Grazas Carmen e grazas a todos os que fixeron posibles estes proxectos que podedes ver nesta breve escolma.

Charo Sánchez-Gabriel
Coordinadora da Biblitoeca Escolar. IES Sánchez Cantón

Tuesday, 6 November 2012

A escala do universo: Unha viaxe interactiva

Cary e Michael Huang fan esta insólita proposta de viaxe dende as partículas máis diminutas ata os límites do universo coñecido.
Tarda un pouco en cargar pero paga a pena.
Podedes activar a ferramenta para facer a viaxe en español. Se facedes clik nos obxectos podedes ampliar a información.

Espectacular

univrso

E tamén é interesante este zoom cósmico que ten básicamente o mesmo propósito.

Related Posts with Thumbnails