Monday, 7 March 2011

Violencia de xénero na rede. Elementos que a impulsan e elementos que a combaten

Probablemente un dos temas máis difíciles de tratar pero que non podiamos pasar por alto nestas charlas. Sorte que Xabier Vilán, Adrián Roo e Silvia Chan, os relatores, case desde o principio deixaron claro os perigos que entrañaba. Tamén previñéronnos contra o enfoque recibido en tantos programas de televisión e mesmo algúns xornais ao caer constantemente no morbo e na difusión de detalles innecesarios. A charla concentrouse nos perigos ocultos do tratamento sexista que ás veces se fai da imaxe das mulleres na publicidade, ou mesmo nos requirimentos para certos postos de traballo. Aínda que aparentemente non hai relación algunha entre estes feitos e a violencia de xénero demostraron que inconscientemente se promove unha actitude cara ás mulleres como cidadás de segunda clase ás que se valora máis polo seu aspecto que por outras capacidades.  vimos tamén todo tipo de asociacións de axuda, teléfonos nos que denunciar situacións de risco  e algunha páxina interesante exclusivamente masculina onde moitos homes queren deixar clara a súa actitude contra actitudes machistas ou de violencia contra as mulleres. Vimos tamén a imaxe das mulleres que se proxecta nalgúns dos videoxogos máis populares e fomos convidados a reflexionar sobre as súas características.

XABIER VILÁR

ADRIÁN ROO

SILVIA CHAN

No comments:

Related Posts with Thumbnails