Vivimos en tempos cambiantes: cambian as familias, a sociedade, as demandas laborais son cada vez máis complexas, os colexios, institutos e universidades xa non son o únicos lugares onde se pode adquirir coñecemento. A cantidade de información que flúe e que debemos aprender a xestionar é inxente. Non podemos abarcala de forma individual. Hai que repartir tarefas, organizar o traballo, suplir as deficiencias e potenciar as destrezas individuais aunando esforzos e creando espazos de colaboración. Por suposto que ademais hai ferramentas que nos axudan neste propósito como Google Docs, como Diigo, que xa analizamos o outro día, e como tantas outras ferramentas da chamada rede 2.0. Ao escoitar a Sara e Mimi pensamos que dificilmente se poderá exemplificar mellor o que é o traballo colaborativo. Sara e Mimi non eran amigas antes de empezar este proxecto, apenas se coñecían. Mimi aínda ten dificultades co idioma. Aínda así foron capaces de traballar xuntas e colaborar para poder rematar e presentar estes materiais. Como debe ser. Toda unha lección.
SARA SERTAL |
ZIQIU ZHANG |
No comments:
Post a Comment