Friday 30 April 2010

O «velo islámico» e o esprai

Magnífico artigo de Miguel Anxo Murado de hai só uns días

Sábado 24 de abril de 2010

A miña avoa Aurelia levaba o velo islámico en Meira, cando ía sachar as patacas. Non era un velo islámico, claro está, como tampouco o é o desa rapariga musulmá de Pozuelo. O velo tapa a cara, e iso non é máis que un pano de cabeza. Tampouco é necesariamente islámico, porque pode levarse por moitos motivos. Esta rapaza, por exemplo, lévao por rebeldía. Rebeldía contra un colexio pijo de Pozuelo. Só é un símbolo de «submisión da muller», como din eses expertos amateurs que saíron de repente, se a muller resulta ser submisa. Senón, non. Tamén o anel de casada simboliza a submisión da muller ao varón, pero acabou sendo un simple costume. O pano de cabeza nin sequera ten significado relixioso en si. Como todas as crenzas antigas, o islam é conservador e moralista, ás veces reaccionario; e igual que para moitos pais é escandaloso que as fillas mostren as pernas ou o embigo, para moitos musulmáns conservadores, homes e mulleres, o cabelo feminino é demasiado erótico para mostralo. É unha cuestión de moral, non de fe. Persoalmente, non me van eses puritanismos, pero non vexo que se poidan regular por lei e, por poñer un caso, facer obrigatorio o topless nas praias ou impoñer por decreto a minifalda en centros públicos.

Mais non son ningún inxenuo, e vostede que me le, tampouco. Ambos os dous sabemos que o debate é insincero, e non ten nada que ver co laicismo nin coa igualdade da muller. É máis simple: unha parte importante da cidadanía teme ós estranxeiros, especialmente ós árabes, e sente satisfacción de ver como se limita a súa visibilidade, coma se iso fose limitar a súa presenza. Moitas destas persoas queren verse como progresistas , polo que se refuxian nunha argumentación laicista que lles permite disimular esta xenofobia. Outros son católicos que, para evitar alimentar precisamente o laicismo, adoptan un feminismo igualmente impostado. Resulta patético nos dous casos, pero a pseudopolémica cumpre tamén unha función terapéutica: permítelles a uns e outros expresar sen medo esa xenofobia que todos levamos dentro (e que tampouco é tan grande como se di ás veces), e reciclala nunha sisuda reflexión sobre os dereitos e deberes do individuo. Ata que veñen os da extrema dereita e pintan con esprai frases de verdade racistas nas paredes do centro de Pozuelo. Daquela, faise un silencio incómodo; como cando alguén ve que lle leron o pensamento. É só entón cando a maioría comprende que non hai alternativa a convivir.

La Voz de Galicia

Thursday 29 April 2010

Mesturas en Twitter

Imos incumplir, polo momento, a nosa firme resolución de non abrir nin unha conta máis, nin asumir a xestión de novos contidos. Decidimos probar a eficacia de Twitter para a difusión de Novidades . É ben certo que facilitamos unha lista ben completa das novidades máis interesante cada certo tempo, con comentarios. valoracións e imaxes, pero para a promoción inmediata dun exemplar recén chegado á biblioteca pensamos que pode ser este un bo invento.  PODEREMOS RECOMENDAR UN LIBRO CADA DÍA?. Xa vos contaremos.

twitter

Wednesday 28 April 2010

Eyjafjallajokull

Eyjafjallajokull non é outra cousa que o nome do volcán que causou a cancelación de innumerables voos e o total desconcerto en millleiros de pasaxeiros nos últimos días . Se queredes ver de cerca o causante de todo este descontrol podedes premer nas imaxes para admirar estas dúas espectaculares reportaxes en The Big Picture.

e01_23056097[1]

volcan2

 

E de paso esta interesante infografía que atopamos en ANB

Tuesday 27 April 2010

Marilar Aleixandre no instituto

Moitos dos nosos alumnos de 1º Bacharelato leron este ano A banda sen futuro, algúns o ano pasado A Compañía clandestina de contrapublicidade ou A Cabeza de Medusa, outros cando estaban en 1º ESO A expedición do Pacífico. A autora destes libros é Marilar Aleixandre que hoxe estivo no paraninfo do Sánchez Cantón. Organizaron o acto a Biblioteca e o Departamento de Lingua G. e Lit. O relatorio foi moi interesante para o alumnado xa que a autora foi debullando moitos aspectos de interese para os lectores dos libros citados e finalmente aclarou as dúbidas que os rapaces lle expuxeron. Temos que lle agradecer a Marilar Aleixandre que se desprazase a Pontevedra e atendera tan amablemente os nosos alumnos e alumnas. 

marilar2marilar1

Monday 26 April 2010

Unha ferramenta sinxela e útil

Coñecemos Flixtime grazas ao blog de Antonio Alonso. Facemos unha pequena proba para ver o resultado e…voilá. A verdade é que non está nada mal. É doado e deixa insertar música, textos (moi curtos, claro), videos e imaxes. Interesante.  Grazas Antonio.

Saturday 24 April 2010

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO. PARA QUE LES?

Un curso máis o Dia do Libro.

Esta edición ben merecía un pequeno esforzo extra. Todo comezou, hai xa bastantes meses, coa iniciativa Para que les?, unha interesante reflexión sobre a lectura, que desde o blog da ONG Implicadas no Desenvolvemento,  foi  rápidamente secundada por tantas persoas, entre elas, bastantes dos nosos escritores e escritoras. 103 bibliotecas escolares galegas, nada menos, puxéronse tamén en movemento e de moitas delas empezaron a chegar materiais complementarios e declaracións dos principios lectores do alumnado, as súas familias, autoridades municipais, deportistas, veciños…Contamos tamén coa impagable colaboración de Jaime Eizaguirre, que nos regalou o seu tempo e a súa imaxinación e deseñou para nós os carteis da exposición. Era cuestión de cada centro organizarse o mellor posible para sacar o maior partido a estes materiais tan aproveitables.

Este foi o noso reto e, a verdade, custounos superalo. Resultou ser un camiño bastante longo e laborioso en que moitas persoas, durante horas interminables, recortaron, redeseñaron, deconstruíron e reinventaron os entrañables ”monigotes” de Jaime ata convertelos en parte da súa paisaxe cotiá durante moitos días. Houbo quen transportou enormes caixas de electrodomésticos, reservadas en varias tendas, que aos poucos convertían a biblioteca nun almacén. Outros forraron as caixas sen comprender como algo que, en principio, debería levar non máis de 5 minutos convertíase nunha tarefa moito máis complexa e laboriosa. Tamén houbo que pintar, pegar, volver pegar o que se empeñaba en despegarse e pór a proba a capacidade de invención de varias persoas para converter todas estas enormes e deslucidas caixas en vistosos e luminosos contenedores que convencen a calquera que pase polo seu carón a querer saber as múltiples razóns que  nos achegan á lectura. O amplo vestíbulo do centro está totalmente invadido por estas contundentes e simpáticas presenzas que permanecerán connosco varios días. Grazas ao traballo colaborativo das bibliotecas escolares galegas contamos tamén cunha interesante escolma de testemuñas de persoas pertencentes a moi diversos ámbitos e profesións: deportistas, xornalistas, actores e políticos deixáronse fotografiar lendo e aportan interesantes opinións e preferencias literarias.082

As escaleiras están decoradas coas achegas do alumnado de 1ª ESO que preguntou a irmáns maiores, pais, nais e familiares. Ata temos colaboracións dalgún escritor relevante, veciño de Pontevedra.
Un espazo moi especial do vestíbulo está reservado ao magnífico traballo realizado por alumnado de 4ª ESO para o Salón do Libro infantil e Xuvenil, que nesta edición tivo como tema
a cidade.

Por último, é un pracer informar desde Mesturas do recital poético conmemorativo do centenario do nacemento de Miguel Hernández organizado polo Departamento de Lingua Castelá e Literatura. Queremos resaltar o papel protagonista, tanto na presentación do acto como no recitado de poemas, do grupo de alumnado que compón “Tinta Viva”, o noso club de lectura. O acto tivo o seu momento culminante cunha magnífica interpretación a capella ,vibrante e chea de emoción, de “Vientos del Pueblo”. Tamén asistimos, a continuación, á tradicional entrega de premios aos gañadores do concurso literario que cada ano organiza o Departamento.
Non faltou a invitación a pastas á hora do café por parte do equipo da Biblioteca e o sorteo de 4 libros entre o profesorado como un pequeno agasallo de agradecemento pola súa colaboración ao longo do curso. Agradecemos moitísimo as múltiples felicitacións de tantos compañeiros e o apoio e os parabéns do equipo directivo. Unha festa do libro estupenda. Estamos emocionad@s. 069_(2)

Queremos agradecer moi especialmente o magnífico traballo de coordinación de toda esta actividade de tantos centros ás compañeiras Loly do Segrel do Penedo e a Olga de Biblioteca Milladoioro Malpica. Grazas tamén polas súas interesantes e valiosas recompilacións que mostramos nesta mesma entrada.
E grazas, como non,  a tantos compañeiros e compañeiras e, sobre todo, ao alumnado do centro por facer posible este día tan especial.

Unha montaxe apresurada con algunhas fotos para que vos fagades unha idea do que acabamos de contar.

 

 

Wednesday 21 April 2010

Unha vella aspiración

Pois sí, hai tempo que temos o ardente desexo de  ter un escritorio ordenado e relaxante. Imaxinades un espazo limpo onde non hai carpetas nin elementos que distraen a nosa atención?. Para nós é imposible, xa non temos remedio, pero queremos contribuir a tan loable fin con esta fermosa colección de fondos de pantalla, minimalistas e preciosos que podedes utilizar de forma gratuita e sen ningún problema de dereitos de autor. Que os disfrutedes.

Detrás desta idea está Tom Watson, deseñador gráfico para Facebook.

Podedes ver algúns exemplos pero aquí tedes moitísimos máis.

 deftbirds_jpg_295x1600_q85[1]

glasses_png_295x1600_q85[1]
flwr_bkgrd_png_295x1600_q85[1]
hats_png_295x1600_q85[1]

stanley-gribouille-loup_png_295x1600_q85[1]

Tuesday 20 April 2010

O universo coñecido

Hai apenas unhas semanas, o Museo Americano de Historia Natural colgou na rede este espectacular vídeo, unha reconstrución informática que mostra unha "viaxe" desde a superficie da Terra ata os límites do universo coñecido.
O que fai que este vídeo sexa único e diferente á maioría dos que se fixeron ata agora é que todo o que nel aparece está baseado en datos reais. É dicir, que non se trata dun vídeo "artístico" realizado segundo simples criterios estéticos, senón dunha auténtica reconstrución, peza a peza, de todo o que sabemos sobre o universo en que vivimos.
Todo, desde as traxectorias dos satélites que orbitan a Terra, ata a posición de todas as estrelas, galaxias ou afastados quasares, está baseado exactamente nos datos que, ata agora,  temos sobre cada un deles.

Fonte “El recogedor”

 

Book, un produto revolucionario

 

 

Monday 19 April 2010

Es de libro

esdelibro Es de libro é unha interesante iniciativa que coñecemos a través do relatorio de Puerto Menéndez, profesora de Matemáticas do IES número 5 de Avilés, durante as últimas xornadas do PLAMBE en Santiago. Desde Mesturas queremos felicitar, unha vez máis, á Asesoría de Bibliotecas Escolares pola organización e o interese e calidade dos diferentes relatorios.

Volvendo a Es de libro. Se visitades o seu portal poderedes pasar un intre moi entretido vendo os traballos premiados das últimas edicións e tamén botando unha ollada ás bases do concurso por se alguén se anima no futuro. Por que non?

O traballo Arte e Matemáticas,  realizado por un grupo de alumnos e alumnas e coordinado por Puerto Menéndez, foi merecedor dunha mención especial polo xurado na edición 2006-07.

Thursday 15 April 2010

“20 traxes para Europa Deseñadores dialogan coa literatura ".

Lemos en varios xornais que no marco da presidencia española da Unión Europea inaugurouse no Instituto Cervanteas a exposición "20 Traxes para Europa. Deseñadores dialogan coa literatura ". É o resultado  das creacións realizadas por vinte deseñadores de España, Bélxica e Hungría a partir doutros tantos textos de escritores e poetas españois, belgas e húngaros.

Atopamos este video

 

E tamén atopamos o catálogo da exposición por se queredes botar unha ollada

Wednesday 14 April 2010

Por que non ser sexy aos 7 anos?

Lemos con espanto na web da Cadena Ser que unha popular cadea comercial británica foi obrigada a retirar do mercado unha liña de bikinis para nenas de 7 anos con recheo na parte superior para simular peito a tan tenra idade. Sen dar crédito buscamos información na prensa inglesa e…efectivamente, A cadea Primark vai retirar a citada peza de roupa pedindo desculpas por poder molestar con tan ocorrente deseño a, esperamos, calquera persoa minimamente sensata. Ou non?. O caso é que afirman que dedicarán os beneficios do xa vendido??? a institucións humanitarias. Parece, sen embargo,  que non é a primeira vez que esta cadea sorprende con este tipo de iniciativas. Logo lamentaremos ver  nenas de 10 anos con comportamentos inexplicables a esa idade, estrañaranos ver a confusión e o profundo desagrado que senten  adolescentes e preadolescentes polo seu corpo. En fin que, en xeral, neste e outros temas é curioso o que, como sociedade, ás veces transmitimos aos nosos elementos máis novos. Sempre quedaranos o consolo de lamentar airadamente as consecuencias como se ninguén tivera nada que ver co tema. Podedes admirar o invento.  A idade das destinatarias  é claramente visible

Tuesday 13 April 2010

Bibliotecas en Auschwitz

 Na segunda guerra mundial, no medio do horror da tolemia nazi, moitos xudeus consumaron un poderoso acto de resistencia. Continuaron lendo. Ocultaron os libros prohibidos que se distribuían entre si. Tamén, nalgúns casos, aquelas obras fluían, como na coñecida novela de Bradbury Farenheit 451, de boca en boca, a través do recitado e o poder da memoria. O ensaísta arxentino Alberto Manguel, a partir dun feito persoal, inicia unha incursión por aquel acontecemento extraordinario, non moitas veces atendido polos historiadores: as bibliotecas ambulantes que sobreviviron no espanto dos campos de concentración como unha afirmación decidida da esperanza. Un símbolo que agroma, do ventre doloroso da historia, do valor dos homes e mulleres que, ata o último momento, loitaron pola súa dignidade
A partir dun libro litúrxico xudeu atopado no mercado de pulgas de Berlín, o ensaísta arxentino Alberto Manguel remonta o circuíto segredo dos libros nos campos de exterminio nazi.

Algúns fragmentos do seu ensaio.

La pequeña biblioteca de Auschwitz: La lectura en las barracas (para ler o texto completo) 
Alberto Manguel

  • Desde la emblemática quema de libros llevada a cabo en una plaza de Unter en Linden, frente a la Universidad de Berlín, en la noche del 10 de mayo de 1933, los libros se convirtieron en un blanco específico de los nazis. Menos de cinco meses después de que Hitler se convirtiera en canciller, el nuevo ministro de Propaganda del Reich, el doctor Paul Joseph Goebbels, declaró que la quema pública de autores como Heinrich Mann, Stefan Zweig, Freud, Zola, Proust, Gide, Helen Keller, H.G. Wells le permitía "al alma del pueblo alemán volver a expresarse. Esas llamas no sólo iluminan el punto final de una era pasada; también echan luz sobre la nueva".
  • Cientos de bibliotecas judías en toda Europa fueron quemadas, tanto colecciones personales como tesoros públicos. Un enviado nazi alegremente informó sobre la destrucción de la famosa biblioteca del Lublin Yeshiva en 1939: "Para nosotros fue una cuestión de especial orgullo destruir la Academia Talmúdica, conocida como la más grande de Polonia. Arrojamos la inmensa biblioteca talmúdica fuera del edificio y llevamos los libros al mercado, donde les prendimos fuego. El fuego duró veinte horas. Los judíos de Lublin se reunieron alrededor y lloraban con amargura, casi acallándonos con sus lamentos. Convocamos a la banda militar y, con gritos vivaces, los soldados ahogaron el ruido de los gritos judíos".
  • Ocho o diez libros conformaban la colección física de la Biblioteca Infantil de Birkenau, pero había otros que sólo circulaban de boca en boca. Cuando lograban evitar la vigilancia, los consejeros recitaban a los niños libros que ellos mismos habían aprendido de memoria en otros tiempos, turnándose para que diferentes consejeros "leyeran" a diferentes niños cada vez: esta rotación se conocía como "intercambio de libros en la biblioteca".
  • En el campo de concentración de Bergen-Belsen circulaba entre los prisioneros una copia de La montaña mágica, de Thomas Mann; un niño recordó los minutos que le asignaban para tener el libro en sus manos como "uno de los mejores momentos del día, cuando alguien me lo pasaba. Iba a un rincón para estar tranquilo y luego tenía una hora para leerlo". Un joven lector polaco, recordando los días de miedo y abatimiento, dijo: "El libro era mi mejor amigo, nunca me traicionaba; me reconfortaba en mi desesperación; me decía que no estaba solo". Es difícil entender cómo los gestos humanos de la vida diaria continuaban aún cuando la vida diaria en sí se había vuelto inhumana; cómo en medio del hambre y la enfermedad, los golpes y la carnicería, hombres y mujeres persisten en rituales civilizados de curiosidad y ternura, inventando estratagemas de supervivencia en pos de un pedacito de algo amado, por un libro rescatado entre miles, un lector entre decenas de miles, por una voz que repetirá hasta el fin de los tiempos las palabras del sirviente de Job. "Y soy el único que escapó sólo para contarles."
  • A lo largo de la historia, la biblioteca del vencedor se erige como un emblema del poder, depositaria de la versión oficial, pero la versión que nos obsesiona es siempre la otra, la voz de las cenizas. La biblioteca de la víctima es la que constantemente formula las preguntas: ¿Cómo es posible? ¿Y qué puede conseguirse con la lectura mientras los libros se consumen entre las llamas? Mi libro de oraciones pertenece a esa biblioteca cuestionadora.

Fragmento de La biblioteca de noche, ensaio de A. Manguel

Fonte Utopia

Deixámosvos tamén estas desoladoras imaxes dunha biblioteca soviética abandonada. Fonte English Russia

Monday 12 April 2010

Enola Gay

Hai só uns días escoitamos na CADENA SER que morreu en Estados Unidos Morris Richard Jeppson ( na fotografía), un dos técnicos a bordo do Enola Gay no fatídico voo sobre a cidade de Hiroshima

O Enola Gay foi o bombardeiro B-29 que lanzou a primeira bomba atómica utilizada durante a segunda guerra mundial sobre a cidade xaponesa de Hiroshima, o 6 de agosto de 1945. A bomba foi bautizada como Little Boy. O Enola Gay tomou o seu nome da nai do piloto, o coronel Paul Tibbets. Tres días máis tarde, outro B-29, o Bockscar, lanzou unha segunda bomba atómica, Fat Man, sobre Nagasaki. Little Boy e Fat Man foron as únicas armas nucleares utilizadas contra cidades. (Wikipedia).


Orecémosvos Enola Gay o famoso tema composto por OMD EN 1980 para lamentar tan triste acontecemento. Tamén a letra da canción.

Enola Gay, you should have stayed at home yesterday
Aha words can't describe the feeling and the way you lied
These games you play, they're gonna end in more than tears someday
Aha Enola Gay, it shouldn't ever have to end this way
It's 8:15, and that's the time that it's always been
We got your message on the radio, conditions normal and you're coming home
Enola Gay, is mother proud of little boy today
Aha this kiss you give, it's never ever gonna fade away
Enola Gay, it shouldn't ever have to end this way
Aha Enola Gay, it shouldn't fade in our dreams away
It's 8:15, and that's the time that it's always been.
We got your message on the radio, conditions normal and you're coming home
Enola Gay, is mother proud of little boy today
Aha this kiss you give, it's never ever gonna fade away.

 

100 mulleres galegas. Artistas emerxentes

Hoxe retomamos  a actividade en Mesturas para agradecer un fermoso agasallo ao centro de Patricia Núñez Sánchez, coautora do libro 100 mulleres Galegas. Artistas emerxentes editado pola Xunta de Galicia e a asociación Teenses pola igualdade. Sabemos que entre as súas múltiples actividades Patricia coordina brillantemente, entre outros,  o club de lectura do Ensanche en Santiago. É gratificante ver como unha persoa tan nova é quen de desplegar tanta eficacia e xenerosidade  e contaxiar a súa ilusión e entusiasmo. Grazas Patricia.

Related Posts with Thumbnails