Thursday 27 November 2008

Pequena investigación do alumnado: O cemiterio de arte popular de Sapanta. Romanía

Un grupo de profesorado do centro estamos a recompilar materiais para elaborar un proxecto didáctico que recolla, entre outras facetas, as diversas formas de xestionar a morte e o do nas diferentes culturas. Temos a grande sorte de contar entre nós a alumna Mihaela Olinca procedente de Romanía. Cando foi informada de que publicaramos un video sobre o cemiterio de arte popular de Sapanta, ofreceuse a traducir algúns dos epitafios que aparecían nas imaxes.
Colaboraron na versión ao galego os alumnos Davely María Concepción e Andrés Hernán . Queremos dar as grazas a este grupo de alumnado e ao seu profesor Xose Lois Janeiro, por tan valiosa colaboración.
Dende Mesturas, quedamos á expectativa de futuras colaboracións que serán sempre benvidas

DSC00691[1]

....

.

,

,.

"Aquí eu descanso. Chámome Bodnarion. Cando eu vivía no mundo, traballaba nunha fábrica como carpinteiro. Iso gustábame moito nesta vida. Cando eu vivía a min coidáronme ben, eu divertíame moito cos que atopaba, pero a morte co seu feo nome levoume xove do mundo, nunha desgrazada noite que rematou coa miña vida".

,

,

.......

...............

........

...........

...

...................,DSC00687[1]

...

.

"Cando eu era pequeno, Jon Suht díxome que eu ía ter un traballo de tractorista. Gustoume moito. Deixo sós os meus fillos, a miña muller e os meus pais, para chorárenme coas súas bágoas de pais. E agora, muller miña, has coidar os nenos igual, con alma de pais, porque agora ti es nai e pai. Para sempre vas ficar apenada".

....

....

....

....

....

....

.....

..DSC00685[1]

"Curta vida eu tiña antes de me soterrar, pero en todos os días da miña vida me gustou ir á igrexa a cantar en coro a deus. Eu rezaba e o meu home enfermou e axiña me deixou. Quedei con tres nenos e só deus sabe canto traballei para os criar e facer deles boas persoas na vila."

DSC00686[1]

"Aquí eu repouso. Chámome Ion Turda. Eu vivía ben, tiña seis fillos, crieinos ben a todos eles. Gustoume moito traballar. No verán segaba herba. Os meus queridos fillos e a miña querida muller que deus os bendiga. "
Vivíu setenta e un anos 1920-1991.

Podedes ver todas as imaxes ampliadas. Imaxes vía Desierto

E para rematar a traducción dalgunhas das lápidas que aparecen no video: ..





Cemiterio de arte popular na vila de Sapanta.
Creado por Ion Patras Stan desde o ano 1935.

"Aquí repouso. Chámome Holdis Dumitru".
Viviu 45 anos. Morreu de morte violenta en 1958.

"Aquí eu repouso. Chámome Stelica Toader. Cando eu vivía gustábame moito o monte coas miñas ovellas e tocar a miña trompeta. O meu corazón estaba só e as ovellas todas beaban e os cans ouveaban. Todos quedaban mirando. Eu desexo o mellor ás ovellas. Cando eu deixei a miña vida tiña 71 anos en 1971".

"Aquí repouso. Chámome Stan George. Pobre da miña vida. Cando eu estaba no campo, o santo Ilie fulminoume cun raio. Meu pai quedou triste e pobre. A miña nai nunca me esqueceu."
Morreu moi novo aos 19 anos en 1954.

TRADUCIÓN DO RUMANO AO GALEGO :
MIHAELA OLINCA (Romanía)
AXUDARON NA VERSIÓN EN GALEGO:

DAVELY MARÍA CONCEPCIÓN (República Dominicana)
ANDRÉS HERNÁN (Colombia)

GRAZAS POR UN TRABALLO TAN INTERESANTE E TAN BEN FEITO!!!

Wednesday 26 November 2008

Soberano.

housewife[1] 

Acabo de decidir que avanzamos moitísimo despois de ver este anuncio de Soberano que prácticamente entrou só na miña pantalla cando eu paseaba inocentemente por You Tube. Logo atopei moitos máis, tan divertidos como o que ilustra este post, vía whatimesailing?

Parabéns

einstein[1] 

PARABÉNS DENDE MESTURAS

Tuesday 25 November 2008

Paseo virtual pola Roma Imperial

Unha nova ferramenta para todo o alumnado adicto a Goggle Earth na hora do recreo.
-

ROMA

.O buscador de Internet Google presentou hai uns días, un novo programa que permitirá viaxar e descubrir a Roma Imperial grazas a unha nova capa incluída na aplicación Google Earth. Agora é posible pasear polas rúas empedradas do Foro Romano, visitar o circo Máximo ou o Coliseo en todo o seu esplendor, como era no 320 d.C. O proxecto Roma Renace foi desenvolvido polas universidades estadounidenses de Virginia e California, en colaboración coa Politécnica de Milán. En total, o paseo virtual pola capital do Imperio Romano, a maior metrópoli do mundo no ano 320, permite visualizar 6700 edificios, once deles tamén desde o interior como o Tabularium ou o Templo de Vesta, que están acompañados por textos explicativos.

Traducido de El País.

Se queredes ter unha idea aproximada deste novo servizo de Google Earth, esta moi ben explicado neste video.



25 de Novembro: O Cántico das Mulleres Invisibles do Congo

2008-08-03-DSC_0519_village_women



Cada día que pasa, a situación no Congo é máis desesperada para miles de persoas e especialmente para as mulleres que, como en calquera conflito armado, teñen que enfrontarse ás necesidades dos seus fillos e aos constantes vexames e violacións sistemáticas dos exércitos en conflito. Neste 25 de Novembro queremos tamén publicar este conmovedor documento das mulleres congoleñas. Válido, na súa insuperable dignidade, para todas as culturas e latitudes.




Monday 24 November 2008

25 DE NOVEMBRO.

Queremos darvos a coñecer os traballos d@s compañeir@s do Segrel do Penedo e Trafegando Ronseis, dous blogs amigos cunhas marabillosas persoas que os xestionan e traballan sen descanso na difícil tarefa de conseguir un mundo un pouco máis xusto.
.



Un conto triste

Sadness. Evelina SjöstedtHoxe voulles contar un conto triste. Antonia é unha muller moi humilde que traballa como asistenta e leva a diario a roupa a enxaboar no lavadoiro público de Marineda, aterecida polos fríos do inverno. O seu propio marido asasinou á súa nai e paga a súa pena no cárcere, mentres ela vese condenada a sobrevivir en condicións de extrema miseria criando a un pequeno. A pobre muller confía en que vinte anos é abondo para curar o medo. Pensa ela que pode o seu home morrer no cárcere, ou podo morrer eu, ata aló falta moito tempo aínda. A morte natural nunca a asust ou: só a aterroriza de verdade a posibilidade da volta do cónxuxe criminal.

O nacemento dun herdeiro de El-Rei, facilita un indulto que deixa ao preso libre na rúa. A Xustiza dálle ademais o dereito a compartir a casa onde vive a súa muller e onde el cometera noutrora o seu grave delito. Antonia vive angustiada, pensando na hora dese regreso, temendo ser ela a próxima vítima da violencia do bruto liberado. Chega o día fatídico e é obrigada a acollelo no fogar e a compartir leito co asasino. El non chega a matala. O corazón non puido máis: Antonia morre de medo.

Velaí un breve resume do argumento de “El indulto”, un conto de dona Emilia Pardo Bazán, publicado en 1883 en “La Revista Ibérica”. O paso do tempo non deixa de ser un xogo un pouco absurdo. Os grandes problemas, os dramas e traxedias, tamén as nosas ledicias, son os mesmos dende que se escribiu a Odisea. O ser humano, para ben ou para mal, non cambiou tanto. Quizais cambiou moito menos do que somos capaces de albiscar. Iso, cando menos, é o que nos fai pensar este relato tan oportuno, no seu tempo e hoxe.

“El indulto” é literatura aínda viva: nin sequera é preciso contextualizala. Por desgraza, os xornais contan cada día historias moi semellantes.

Marcos Valcárcel. ANOSATERRA DIARIO

PARA @S INTERESAD@S  EN LER O CONTO ORIXINAL

Sunday 23 November 2008

E pronto outro 25 de Novembro



Esta semana conmemoramos outro 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Levamos días sen poder esquecer as historias das rapazas autoinmoladas en Afganistán das que falamos a semana pasada. Teñen, polo xeral, 18, 17, 20 anos. Hai xa 3 ou 4 anos que liamos na páxina oficial da RAWA que estes casos aumentaban exponencialmente, pero parece que estanse as cumplir as peores expectativas. Atopamos "Las hijas del silencio" unha magnífica reportaxe da ONG ACAF de Catalunya para chamar a atención sobre o tema.

Pensamos que as mulleres que intentan suicidarse dunha maneira tan brutal son unha chamada de atención fronte á trivialidade con que as veces se trata o tema da violencia contra as mulleres. Poder escoller a morte para liberarse do sufrimento é ao que os seres humanos aspiramos que nos sexa recoñecido como un dereito nas diferentes lexislacións.
Mais que grado de desesperación e dor hai que sufrir para preferir a morte queimándose? Temos a impresión de que non é do que falamos cando reclamamos unha morte digna, aínda que non poidamos máis que aceptar a dignidade de persoas que se revelan con todos os medios ao seu alcance para saír do martirio imposto por quen exerce un poder absolutamente ilexítimo e inxusto aferrado a caducos valores patriarcais.
Esta situación é asquerosamente insoportable. Desgraciadamente non é a única.




Thursday 20 November 2008

DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DO NENO. 20 DE NOVEMBRO

dereitos

.

Vimos hai algún tempo este ensaio fotográfico sobre os dereitos dos nen@s que tiñamos reservado para un día como hoxe. Como recordatorio esta ligazón a unha de tantas enumeracións dos dereitos dos nen@s aínda que só sexa para constatar, un ano máis, o longo camiño que queda por percorrer.

Wednesday 19 November 2008

…e de novo Afganistán

Hai só uns días celebráronse en Figueirido Pontevedra os actos fúnebres polos dous soldados da Brilat falecidos como consecuencia dun atentado en Afganistán. Lemos unha reportaxe no Magazine do Faro de Vigo e lembramos o que hai anos xa publicaba Newsweek: que unha porcentaxe abafadora de persoas nese país padecían graves trastornos mentais debido ás circunstancias tan terribles nas que viven.
Hai xeracións enteiras de afgáns que descoñecen o que é vivir en paz. Non foi isto o que máis nos sorprendeu entón; foi ler que os afgáns esqueceron como se vive en tempos de paz porque xa non teñen referentes. A nosa cotidianidade
burka baséase nunha serie de destrezas e mensaxes sutís coas que somos quen de convivir con outras persoas e levar a cabo proxectos comúns. É un complexo sistema que se transmite de xeración en xeración. Por terrible que pareza, a transmisión dese esencial coñecemento en Afgnistán está destruída.
Vimos unhas fotos magníficas de Paula Bronstein e buscando información da autora atopamos un estremecedor reportaxe sobre mulleres que se queiman vivas. Deixamos á vosa decisión
ver as fotos ou non. E xusto nestes días chegounos esta presentación tamén sobre mulleres afgás e a terrible imposición do burka.
Xa coñeciamos algunhas imaxes que regularmente publica a RAWA (Asociación de Mulleres Afgás) pero nunca viramos algunhas outras moi ilustrativas.
Seguir esta ligazón para poder ver a reportaxe a pantalla completa. Paga a pena

.

Monday 17 November 2008

O cabalo e a morte

 

..
...E falando de lendas gústanos este artigo de Marcos Varcarcel aparecido en Galicia hoxe.

horses-gallop

.
O cabalo e a morte
Poucos animais tan unidos ó ser humano, dende tempos moi antigos, como o cabalo. Dende vello simboliza o poder, a velocidade, a nobreza. No mundo cristián, tamén o valor, mentres en Oriente se asocia ó lume e ó ceo. O cabalo negro é a cotío símbolo da morte. Hai varias lendas galegas que recollen este último sentido e cítaas Vítor Vaqueiro na súa Guía da Galiza Máxica. Se un cabalo tropeza cunha pedra, conta Mandianes, interprétase como petición de axuda dunha ánima, para que se rece por ela. En terras de Nogueira de Ramuín cita Afonso Monxardín o Camiño da Ponte, onde se aparece un cabaliño lanzal de gran brancura, que se achega a un valado para que as xentes o cabalguen, pero non o fan por medo. Unha historia semellante recolleu Risco en Congostro-Rairiz de Veiga, onde se aparece un pequeno cabalo moi fermoso diante dunha muller. Esta négase a falar con el e o cabalo retírase detrás duns amieiros, botándose a rir e desaparecendo: os campesiños pensan que se trata do demo. Nos traballos de X.Cuba, X. Miranda e A. Reigosa son máis vizosos aínda os acenos simbólicos do animal: cabalos de mouros, cabalos acuáticos, cabalo da fiaña, cabalo do vento e un longo etcétera.


MARCOS VALCÁRCEL

Thursday 13 November 2008

Obradoiro de narrativa


Luns 17 na biblioteca: continúa o Obradoiro de narrativa con Manuel Lourenzo, que nos dedicou o seu último libro, unha longa e excelente novela que vai ocupar un lugar destacado nos andeis... E xa postos podedes facer unha visita ao seu blogue do trinque

As cruces nos camiños


Nestes días ándase a falar moito da recuperar a memoria e honrar os que foron asasinados na guerra do 36. Seica algunhas cruces nos camiños lembraban estes tristes feitos.
Xosé Manuel González mándanos esta foto desde Lobelle (Lugo) e cóntanos outra curiosa historia sobre as cruces. As cruces tamén se poñían nos cruces de camiños para que o demo non fixera das súas. Seica o "inimigo" acostuma deixarse ver nos cruces de camiños para tentar a xente e por iso poñían cruces xa que o demo non quere saber nada delas. Din que non atura estas tres cousas e por esta orde: as cruces, a auga bendita e que nomeen a Deus. Se temos unha Cruz xa non aparece o demo aínda que o chamemos como din que se chama cando se quere tratar con El: Nun cruce de camiños cun garrafón de viño e un xamón; primeiro déitase un pouco de viño no chan e logo empézase a comer xamón e beber, de vez en cando dise "se vés comes e se non vés non comes". Case sempre aparece con aparencia de bo mozo, alto e vestido con gabardina; seica só o delatan os pés, que se un se fixa moito (trata de escondelos) son de cabuxa. Come e bebe e fai tratos, que sempre cumpre pero a cambio quere almas, é capaz de dar riquezas e de facer obras coma pontes nunha soa noite; din que os cartos seica os fixo tamén el para que moita xente se condene por eles. Seguramente cando aparecían desgrazas nos lugares moita xente pensaba que podía ser obra del e como supoñían que andaba polos camiños poñíanlle cruces para que non puidera facer das súas. Algunhas veces seica sae a tentar na xente, pero se se fai un círculo no chan (mesmo cos pés) e te metes dentro xa te deixa en paz.

Thursday 6 November 2008

Dúas novas adquisicións

Queremos facer mención especial de dúas novas adquisicións a nosa xa extensa colección de títulos destinados e adquiridos especialmente par os 20 minutos de lectura diaria. Son totalmente recomendables.

ENCICLOPEDIA DE LOS MALOS ALUMNOS Y REBELDES QUE LLEGARON A GENIOS.
Ed. Catapulta Editores
Un redescubrimento humorístico de personalidades famosas, recoñecidas como xenios, pero consideradas rebeldes ou torpes durante a súa infancia. Diversos personaxes do mundo da Historia, as Ciencias, as Artes e a Literatura protagonizan divertidas anécdotas biográficas da súa mocidade.
Unha preciosidade de libro.



LAS VIDAS DE LOS GRANDES ARTISTAS.
Ed. Siruela
Un orixinal paseo pola Historia da Arte a través da vida e obra de 20 mestres de todos os tempos. Un interesante retrato ou autorretrato de cada artista introdúcenos en cada un dos capítulos deste formidable libro sobre o mundo da pintura. A continuación, verás a súa obra máis emblemática a toda cor. O ameno e entretido texto vaiche permitir entrar no taller de cada un destes pintores. as ilustracións son magníficas. Dentro do libro tamén atoparás algunhas ventás que che ofrecen máis información, como por exemplo "¿ Sabías que...?, con interesantes curiosidades biográficas do artista; atoparás ligazóns web para saberes máis sobre as obras de cada autor. (adaptado da reseña do libro)

Wednesday 5 November 2008

Tuesday 4 November 2008

O cemiterio alegre



Hai moitas formas de achegarse á morte condicionadas todas elas pola cultura na que somos educados. Sen dúbida, perder a un ser querido produce dor, pero as formas de xestionar esa dor e a importancia que concedamos a segundo que aspectos tradúcese en manifestacións esencialmente diferentes.


Este cemiterio atópase no norte de Romanía na cidade de Sapanta, sobre os Montes Cárpatos. Chámano o “Cemiterio Alegre” , porque arrinca os sorrisos daqueles que o visitan. Non é un cemiterio calquera, é único no mundo, e está adornado con tallas de madeira, retratos artesanais personalizados dos mortos e epitafios alegres e irónicos nas lápidas.
Nesta terra de ebanistas, todas as tumbas foron talladas, pintadas de azul e decoradas co retrato do defunto, representándoo no seu traballo ou facendo o que máis lle gustaba na vida. E debaixo un epitafio, escrito en primeira persoa, que relata os rasgos máis relevante dos falecidos sempre en clave de humor.
As cruces pintadas en cores claras -azul, branco, verde e vermello- son monumentos de arte popular únicos en Europa, creados, na súa maioría, a partires de 1935 polo artesán Stan Ioan Patras e que na actualidade realizan os seus discípulos. Estes artesáns coñecen a todos os habitantes do pobo polo que non é difícil producir, no seu momento, o epitafio máis axeitado:

"Aquí descansa a miña sogra, se vivise outro ano máis, eu ocuparía o seu lugar"
"E outra cousa que moito me gustaba era sentarme á calor dunha taberna acompañado dun vaso de viño e unha muller sempre que fose a muller doutro."
"Aquí descanso eu chámome BRAIC ILEANA, cinco fillos tiven que deus a vida lles deu. GICA, que ti sexas perdoado se me apuñalaches cando viñeches borracho do pobo."
"Que ben estou na tumba no limiar da igrexa. Ti tamén virás aquí "
"Arde no inferno, maldito taxi que viñeches de Sibiu. Con todo o grande que é Romanía. Non puideches atopar outro lugar onde pararche?. Tivo que ser fronte á miña casa, para matarme?."
Como podedes ver, é difícil reprimir un sorriso. Unha boa forma de ver na morte unha aliada inevitable da vida


hai referencias a este cemiterio en axencias de viaxe e blogues de particulares. Por exemplo Desierto

Sunday 2 November 2008

3º Obradoiro de narrativa


Luns 3 de novembro: comeza o 3º Obradoiro de narrativa dirixido por Manuel Lourenzo González grazas á xenerosidade da ANPA O Verxel.
Teremos na Biblioteca o autor de O xardín das pedras flotantes.
Novela de máis de 500 páxinas, chea de imaxinación, de amor, de maxia; novela protagonizada por dous adolescentes e cun ¿estraño? libro. Tamén é unha homenaxe á nosa cidade, onde ocorre parte da trama. Trátase do último premio Xerais, unha excelente narración publicada estes días.
Os 27 alumnos e alumnas de 2º BAC escollidos van ter a oportunidade de aprender a escribir da man dun dos mellores escritores da actualidade. Agardamos que a actividade sexa un fito na súa formación académica.

Related Posts with Thumbnails