Esta semana conmemoramos outro 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Levamos días sen poder esquecer as historias das rapazas autoinmoladas en Afganistán das que falamos a semana pasada. Teñen, polo xeral, 18, 17, 20 anos. Hai xa 3 ou 4 anos que liamos na páxina oficial da RAWA que estes casos aumentaban exponencialmente, pero parece que estanse as cumplir as peores expectativas. Atopamos "Las hijas del silencio" unha magnífica reportaxe da ONG ACAF de Catalunya para chamar a atención sobre o tema.
Pensamos que as mulleres que intentan suicidarse dunha maneira tan brutal son unha chamada de atención fronte á trivialidade con que as veces se trata o tema da violencia contra as mulleres. Poder escoller a morte para liberarse do sufrimento é ao que os seres humanos aspiramos que nos sexa recoñecido como un dereito nas diferentes lexislacións.
Mais que grado de desesperación e dor hai que sufrir para preferir a morte queimándose? Temos a impresión de que non é do que falamos cando reclamamos unha morte digna, aínda que non poidamos máis que aceptar a dignidade de persoas que se revelan con todos os medios ao seu alcance para saír do martirio imposto por quen exerce un poder absolutamente ilexítimo e inxusto aferrado a caducos valores patriarcais.
Esta situación é asquerosamente insoportable. Desgraciadamente non é a única.

3 comments:
A situación é asquerosamente insoportable, como a pasividade dos que teñen nas súas máns o poder para cambiala.
ATA CANDO??
Para bens pola vosa constante loita contra todas estas lacras da nosa sociedade do século XXI...
Conmovedor.
Os esforzos or divulgar esta realidade dramática, son todos imprescindibles.
Grazas, MESTURAS.
Olga
E pensar que chegamos a esquecer que esta realidade existe. Incrible.
Post a Comment