Friday, 7 May 2010
El orden de las cosas
Tuesday, 4 May 2010
La rubia de Pinos Puente
Paga a pena dedicar un cuarto de hora a esta agridoce curta de Vicente Villanueva. Se tedes un pouco de tempo non vos arrepentiredes.
La rubia de Pinos Puente, na súa versión completa, na sección de videos de El País.
Wednesday, 17 March 2010
Jeu
Curta de Georges Schwizgebel na que o espectador participa dun escenario mutante en continua transformación que dalgún xeito evoca o desordenado ritmo das nosas vidas. Recollido en start watching
Monday, 15 February 2010
As catro curtas de animación dos Premios Goya 2010
“La dama y la muerte” ven de recibir un Goya á mellor curta de animación. Producida por Kandor Moon y dirixida por Javier Recio, fala do importante e pouco debatido tema do dereito a tomar decisións sobre a propia morte.
Alma de Rodrigo Blaas. Conta a historia dunha nena que atopa unha boneca exactamente igual a ela nunha tenda de xoguetes.
Margarita de Álex Cervantes, a historia da famosa protagonista do poema de Rubén Dario. Fala de nenas que buscan estrelas , ou o que é o mesmo, de como non renunciar aos soños.
Tachaaan de Rafael Cano, Carlos del Olmo y Miguel Ángel Bellot. Xa con varios galardóns en diferentes festivais. Unha historia que ten como escenario un circo dos anos 50.
Thursday, 4 February 2010
Lavatory-Lovestory. Historia de amor no lavabo
Unha curta do ruso Konstantin Bronzit. Lavatory – Lovestory- que presenta unha fermosa historia de amor nun orixinal escenario: un baño público. Bronzit utiliza un sobrio trazo en negro para contar sen diálogo de ningún tipo esta emotiva e divertida historia de amor e moito suspense en 10 minutos. Animádevos.






