Thursday, 28 February 2008
Friday, 22 February 2008
O tío Pancho
Thursday, 31 May 2007
AS SETE NOVAS MARABILLAS DO MUNDO
Sabías que desde o ano 2001 se iniciou unha votación para determinar cales serían as 7 novas marabillas do mundo? A decisión tomarase o próximo 7 de xullo, claro, 07/07/07, como non podía ser menos. A convocatoria non deixa de suscitar todo tipo de comentarios: non podemos limitarnos a gozar sen ter que facer listas e competir? Como se poden comparar manifestacións culturais tan dispares como as esculturas da illa de Pascua, poñamos por caso, e a Alhambra? E se algo tan marabilloso como a Muralla Chinesa, por exemplo, non sae entre as sete elixidas, que quere dicir? será acaso menos impactante que agora?. De momento van xa, polo visto 28 millóns de votos de todo o mundo e conseguiuse reducir, sempre por votación popular, a lista inicial de 177 candidatos a 21, entre eles a Alhambra de Granada. 
Thursday, 24 May 2007
A MODERNIDADE DA ANTIGA ALEXANDRÍA
Parécenos obrigado reservar un espazo nesta bitácora a unha das bibliotecas máis coñecidas de todos os tempos: A Bibliot
eca de Alexandría.
xeografía, matemáticas, bioloxía, enxeñería...A nova biblioteca de Alexandría cos seus imponentes edificios e instalacións non se libra da crítica. Ata que punto era imprescindible un gasto tan descomunal para financiar unha obra faraónica, nunca mellor dito, nun país con tantas necesidades culturais como Exipto? Fálase tamén duns fondos bibliográficos certamente escasos para instalacións que poden albergar literalmente millóns de documentos e de problemas de orzamento para manter a colección actualizada, debido aos enormes gastos que provoca o mantemento das instalacións. 
....
.
En calquera caso, non deixedes de botar unha ollada á galería de imaxes.










