"Hoy se ha roto el último eslabón de la esclavitud!".
Este foi o berro que lanzou asomado á ventá da súa casa da aldea de Trasar (Lugo) o tío Pancho cando escoitou que se proclamara a 2ª República. Claro, o tío Pancho estivera en Cuba e alí aprendeu ideas novas coma tantos outros. Canto lle debemos os galegos a Cuba! (o himno, a Academia, escolas, centros, escritores...). E neste 2008 por fin a cultura galega pon o traxe das festas (como os cubanos o seu traxe branco e o chapeu que os distinguía na aldea) e asiste como convidada á Feira do Libro na Habana. E como é lóxico alá foi o mellorciño da nosa cultura para mostrar con fachenda o que somos hoxe. Mais non faltará quen se sinta escandalizado polo enorme gasto que isto supón. Por certo, e os escándalos de cando ían a América ringleiras de alcaldes e afíns a gastos pagos??? Ou cando se decidiu enterrar nese burato-monte de Santiago tantos millóns de euros? Quen lle dera ao tío Pancho (devanceiro dun profe colaborador desta biblioteca) estar na Habana hoxe, que orgullo sentiría!!! ... E pasa o mesmo cando se promociona a cultura escrita en castelán??? ou volvemos outra vez ao desprezo do noso???
3 comments:
O malo disto é que aqueles que foron convidados fican moi caladiños. É a primeira vez que a cultura galega sae do seu recuncho. Deberíamos estar satisfeitos de ter producido todo o que mostrou na Habana. Somos un país moi pequeno de 2'7 millóns de habitantes. Non somos Cataluña que recentemente mostrou o mesmo na Feira de Francfort e lonxe de provocar ruído causou admiración.Xa se sabe que a algúns parece molestarlle que en Galicia haxa unha cultura propia e máis aínda que se mostre no estranxeiro. Ainda que se cadra a razón do malestar veña por ir a Cuba e de paso recoñecer a hospitalidade da que sempre fixeron gala os cubanos para con nós os galegos. Cando ían outros non pasaba nada.
Da feira estase a falar máis do que custou que do conseguido. Por que desprezamos a nosa cultura? Por que desprezamos o interese e o respecto dos cubanos pola nosa cultura? Acaso é un pobo menor? Esperemos que despois da Habana cheguen outros destinos e que a cultura galega medre internacionalmente. Prefiro que se gaste diñeiro público nestes eventos, positivos para industria editorial galega, que non en Xacobeos casposos con cantantes como Julio Iglesias que embolsaron no seu día cantidades probablemente superiores aos gastados nesta feira.
Humberto fixo un comentario tan acertado que non podo engadir nada novo pero quero sumarme as vosas opinións e denuncias ao tempo que render homenaxe a todas as persoas que están a traballar intensamente pola nosa cultura e por suposto un homenaxe ao tío Pancho.
O tío Pancho era dunha familia de arrieiros na que catro irmáns emigraron a Cuba. Cando un dos irmáns marchaba deixaba un papel asinado no que encargaba a outro irmán que velase pola muller e fillos. O seu irmán Andrés foi o primeiro na aldea que aforrou cartos para construír unha casa nova cando volveu de Cuba.
Outro irmán, o tío Cubiche, foi pedáneo na posguerra do racionamento (chegaba de fóra e falando castelán). Unha vez chegou o fin do ano e aínda non se entregara nada da colleita da parroquia do centeo. Chamárono a el a Chantada e seica lles dixo que “como vamos a entregar la cosecha si aun no hicimos la siega”, porque a colleita a levara a xiada. Antes de chegar de volta á aldea xa tiña nomeado o substituto no cargo.
Execelente comentario, Humberto, por certo. Digo o mesmo que marián.
Post a Comment