O documental Enemigos de la Felicidad (obtivo o Premio do Xurado ao mellor documental no Festival de Sundance 2007) emítese en DOCUMENTOS TV o martes 12 de febreiro de 2008 ás 22:45 na 2 de TVE. Este extraordinario documental mergúllase na vida das mulleres de Afganistán seguindo os pasos e as vivencias, dunha moza excepcional, MALALAI XOIA, que fai oír a súa voz ante a intolerancia, a represión, a violencia e o medo. Tras o magnicidio da que fose Primeiro Ministro de Paquistán, Benazir Bhutto, xa non haberá unha líder política muller que dispute o poder ao goberno dese país nas próximas eleccións xerais do 18 de Febreiro. Pero no veciño Afganistán aínda hai unha voz feminina que clama contra a opresión: é a de Malalai Xoia, unha valente muller que segue adiante coa súa mensaxe a pesar de superar catro intentos de asasinato a mans dos señores da guerra do lugar. O documental Enemigos de la Felicidad, narra a historia desta muller afgá que conseguiu un escano no parlamento de Afganistán no 2005, só para ser vetada do mesmo, en maio do 2007, polas súas feroces críticas contra os islamistas do país. É un estremecedor relato que reflicte a vida de Malalai durante os días previos ás eleccións ao Parlamento do 2006. Malalai Xoia sempre utilizou as palabras como armas na súa oposición á hexemonía dos "señores da guerra".
Monday, 11 February 2008
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
1 comment:
É esperanzador saber que sempre haberá unha voz disposta a gritar pola liberdade.
Post a Comment