Showing posts with label INFANCIA. Show all posts
Showing posts with label INFANCIA. Show all posts

Wednesday, 14 April 2010

Por que non ser sexy aos 7 anos?

Lemos con espanto na web da Cadena Ser que unha popular cadea comercial británica foi obrigada a retirar do mercado unha liña de bikinis para nenas de 7 anos con recheo na parte superior para simular peito a tan tenra idade. Sen dar crédito buscamos información na prensa inglesa e…efectivamente, A cadea Primark vai retirar a citada peza de roupa pedindo desculpas por poder molestar con tan ocorrente deseño a, esperamos, calquera persoa minimamente sensata. Ou non?. O caso é que afirman que dedicarán os beneficios do xa vendido??? a institucións humanitarias. Parece, sen embargo,  que non é a primeira vez que esta cadea sorprende con este tipo de iniciativas. Logo lamentaremos ver  nenas de 10 anos con comportamentos inexplicables a esa idade, estrañaranos ver a confusión e o profundo desagrado que senten  adolescentes e preadolescentes polo seu corpo. En fin que, en xeral, neste e outros temas é curioso o que, como sociedade, ás veces transmitimos aos nosos elementos máis novos. Sempre quedaranos o consolo de lamentar airadamente as consecuencias como se ninguén tivera nada que ver co tema. Podedes admirar o invento.  A idade das destinatarias  é claramente visible

Tuesday, 10 March 2009

Zona pechada

'Zona pechada' é una curta dun dos creadores da película de animación Vals con Bashir que describe o bloqueo da franxa de Gaza dende hai máis dun ano. O protagonista, un neno que persigue un paxaro, decátase pronto de que, en realidade, está atrapado. Non pode saír da empobrecida franxa cara a Cisjordania. Tampouco pode fuxir en barco e, cando tenta cruzar o paso de Rafah con Exipto, as autoridades non llo permiten. Caen as bombas pero el non atopa refuxio e tan só pode correr sen rumbo determinado.

En tan só 90 segundos, Yoni Goodman, director da curta, consegue a empatía dos espectadores e mostra aos residentes de Gaza "como o que na realidade son: un millón e medio de seres humanos aos que se lles prohíbe perseguir as súas aspiracións porque teñen todos os seus movementos absolutamente limitados". "Espero que cando a xente vexa a curta, sexa quen de esquecer as asociacións automáticas sobre o ben e o mal", di Godman, que creou a curta para unha ONG israelí, Gisha, que traballa pola liberdade de movemento dos palestinos.
Fonte ElPaís


Wednesday, 9 April 2008

Traballo infantil na revolución industrial

Para o alumnado que esta a ler a Dickens neste trimestre

O traballo infantil foi un dos estigmas que acompañaron á revolución industrial. A explotación laboral dos nenos e nenas non xurdiu entón, nin sequera alcanzou a unha maioría deles, pero o afastamento do marco familiar e a inserción de parte do traballo nas duras condicións laborais da fábrica deu a esta explotación uns perfís novos, que motivaron a preocupación dos reformadores da época e acabaron dando lugar a unha lexislación reguladora.
A defensa da causa dos nenos nas novas condicións do traballo industrial en Gran Bretaña correu en boa medida a cargo de sectores vinculados aos tories conservadores, na súa maioría aristócratas defensores do paternalismo e a deferencia propios da vella orde social, que vían ameazada polo desenvolvemento da industrialización e a auxe da burguesía ligada a ela. Estes sectores defenderon desde formulacións humanitarias a abolición da moderna escravitude infantil nas fábricas. Michael Sadler e Richard Oastler foron dous dos tories que máis se distinguiron, desde dentro do Parlamento e fóra del, no combate contra o emprego de man de obra infantil na industria. O primeiro presidiu o comité parlamentario que durante varios meses investigou o tema e chamou a declarar a ducias de testemuñas, parte deles traballadores vítimas na súa infancia da explotación fabril. Fonte: Siete paseos por la Inglaterra victoriana

Nesta interesante, atractiva e ben documentada actividade a pantalla completa, promovida pola BBC, podemos ver gravados da época e un excelente resumo das lamentables condicións dos nenos e nenas nas fábricas e de como xorden as leis reguladoras que empezan a favorecer a asistencia obrigatoria ás escolas e a limitación do traballo infantil. Constatamos, como non podía ser doutro xeito, que as disciplinas dos nenos diferían esencialmente das impartidas ás nenas, orientadas, como non, á aprendizaxe das tareas domésticas.
De verdade que o documento paga a pena. Ten un excelente deseño e non é necesario saber moito inglés, todo está subtitulado e é un bo exercicio para a divulgación deste periodo histórico.
Agradecemos esta última ligazón a nosa compañeira Conchi do CEIP de Palmeira.
.





Thursday, 10 January 2008

Nenos e nenas que loitan.

Agora que se achega o Día da Paz, lemos unha vez máis acerca dos nenos e nenas soldados, apartados do seu entorno brutalmente e obrigados a matar, violar e cometer atrocidades inimaxinables sobre os membros das súas proprias comunidades e familias para convertelos en escravos cheos de sentimentos de culpa durante o resto das súas vidas. As nenas non corren mellor sorte: aos horrores antes citados, engadiremos que son habitualmente prostituídas, violadas ou ofrecidas como esposas aos combatentes máis entregados. Achegamos materiais de diversas organizacións, con testemuñas das vivencias dalgúns destes nenos e nenas soportadas a unhas idades en que, noutras partes do mundo, o único contacto coa violencia son as ocasionais pelexas infantís no patio da escola.

Monday, 7 January 2008

Emilio Calatayud

Recentemente chegados de terras manchegas queremos presentarvos a Emilio Calatayud un paisano que traballa desde fai tempo conmo xuíz de menores en Granada, Probablemente xa lle coñecedes polas súas famosas sentenzas exemplares a menores que cometeron algunha infracción. Emilio Calatayud é frecuentemente requirido a participar en debates , mesas redondas e congresos con docentes para falar do papel que, na súa opinión, debe desempeñar a escola ante a cambiante situación da estructura familiar e o número crecente de menores que cometen delitos.

Related Posts with Thumbnails