Saturday, 21 February 2009

A masacre de Sabra e Shatila aspirante a Oscar

A guerra do Líbano e a masacre de Sabra e Shatila, en debuxos animados. O cineasta israelí Ari Folman atreveuse a facer da súa experiencia persoal no exército un documental de animación e recibiu recompensa. 'Vals con Bashir' non só gañou un Globo de Ouro, senón que aspira con forza a levarse o Oscar á mellor película de fala non inglesa.
Folman asegura que lle foi imposible realizar este documental con imaxes reais. O estrés postraumático que lle provocou o horror da guerra impídelle lembrar con exactitude os feitos, que no seu cerebro mestúranse con pesadelos.

Para lembrar un dos episodios máis sanguentos cometido contra refuxiados indefensos. Para lembrar o consentimento e máis que probable complicidade das autoridades israelís. Para lembrar o silencio culpable dos nosos gobernos.

3 comments:

Leo said...

Grazas, Charo. Eu, non o coñecía.
Bicos soleados

Anonymous said...

Impresionante filme: a animación rotoscópica consegue transmitir certo aire de irrealidade que mesmo alivia as feridas bélicas, aínda que nunca perde a perspectiva -tal e como establece a crueza das súas imaxes finais-. Reseñar a impresionante música de Max Richter. Se podedes vela non a perdades.

Saúdos.

Anonymous said...

Non o dubides Lois.
bicos
charo

Related Posts with Thumbnails