Saturday 19 March 2011

Ikuko: primaveira en Xapón

Unha antiga tradición de Xapón, hanami, leva ás familias,  grupos de amigos ou compañeiros de traballo a celebrar a primavera observando e gozando ao aire libre das flores, en especial das cerdeiras,  fonte de emocións para a súa cultivada sensibilidade.
Ante as circunstancias que fan que os días sexan difíciles: as restricións enerxéticas, a ameaza radioactiva, saber da destrución de pobos do seu país e da perda de vidas, quizais algunhas próximas, entón é cando se pon máis de manifesto os valores da súa cultura e das súas xentes.


Case nos custa entender a fortaleza de ánimo de Ikuko, unha amiga de Tokio, que responde ao noso mail de preocupación pola súa situación actual, dicindo:

ikukuo

Querida Ikuko desde Galicia queremos soñar cun hanami global.

Aquí podedes ver o que deberían estar a facer Ikuko e os seus amigos nestes días.

Wednesday 16 March 2011

“Máis que caras” contado en Prezi

Un agasallo para todas as persoas que fixeron posible o acto do luns 14 na biblioteca. Foi un traballo colectivo, coma case todo o que paga a pena.
Grazas
Lembrade que tedes que esperar que cargue para utilizar a opción Fullscreen ou pantalla completa e avanzar SEMPRE coa frecha que aparece abaixo.
.
.
.

Tuesday 15 March 2011

Somos máis que caras. Acto final na biblioteca

Hoxe luns 14 de Marzo ás 11.30 tivo lugar na biblioteca o acto final da actividade “Máis que caras” que é o remate dun proceso ao redor da celebración e o significado do “Día da muller traballadora” no que participaron un grupo numeroso de rapaces e rapazas de 1ª BAC, profesorado, e ANPA durante varias semanas.

Como xa contamos o alumnado implicado preparou e expuso conferencias sobre diversos temas relacionados co evento durante dúas semanas e ademais, cos seus deseños gráficos converteron 30 mandis, o símbolo tradicional do traballo oculto das mulleres, en mensaxes que invitan á reflexión sobre roles e estereotipos.

Tamén celebrouse no centro un obradoiro de creación de 30 caras en pintura cerámica coas que invitamos a reflexionar sobre os complexos matices que implica o tratamento da imaxe das mulleres.

Todos estes materiais foron sorteados entre o alumnado do centro nun acto que rematou cunha actuación musical.

Foi un acto moi entrañable.

GRAZAS A0 EQUIPO DIRECTIVO POLO SEU APOIO PARA A ORGANIZACIÓN DESTA ACTIVIDADE

GRAZAS A TODAS AS PERSOAS QUE O FIXERON POSIBLE

 

 

Monday 14 March 2011

Era doado ser muller no século XIX?

Moitas veces pensamos que a loita das mulleres pola igualdade é unha das señas de identidade da nosa época pero o certo é que esa loita empezou hai tempo cando era moi difícil que a sociedade entendera reivindicacións que agora parecen obvias pero que non hai tanto tempo parecían inalcanzables.

Este traballo que publicamos en Mesturas foi realizado por alumnas de 4º ESO na materia de Historia  no marco das actividades en torno a celebración do Día da muller traballadora.

Como podedes ver é un traballo rigoroso e ben documentado. Grazas ás súas autoras

Sunday 13 March 2011

Violencia de xénero na rede. Elementos que a impulsan e elementos que a combaten

Este foi o título dunha das propostas do alumnado de 1º BAC na biblioteca. Quedou claro que a violencia contra as mulleres non é un feito desligado de determinadas mensaxes que, por desgraza, aínda perduran. Comparade os contidos das charlas destes días con esta infamia. O documento foi difundido en Cuatro para conmemorar o Día das Mulleres Traballadoras. Debemos ter en conta que é unha homenaxe ás mulleres dende o ámbito do deporte. Parabéns aos artífices dun documento dificilmente superable na súa estupidez.


Igual que tú

Curtametraxe do IES Miguel Servet que obtivo o primeiro premio da súa modalidade no VII Festival de curtametraxes de Cinema e Saúde (Zaragoza 2009). O equipo de Servetus Studio 2009 realizou unha película en parte de animación cunha técnica nova. A mensaxe está clara: As cousas da casa son tarefa de todos. A banda sonora orixinal tamén recibiu unha mención especial no devandito festival.
¡DISFRUTA!

O Recanto de Mik

 

Tuesday 8 March 2011

8 de Marzo. Día da Muller Traballadora. Somos máis que caras

E para culminar os materias elaborados para esta conmemoración que este curso decidimos traballar moi especialmente, queremos presentar este documento aos lectores de Mesturas.

A creación destas caras pintadas sobre unha placa metálica con pintura cerámica correu a cargo dun grupo de mulleres: alumnas,  nais, profesoras...

Algunhas foron elaboradas nas casas, sacando un pouco de tempo das tarefas cotiás.
Outras na biblioteca do instituto, nun pequeno obradoiro despois da xornada laboral.

Todas serán sorteadas como parte das múltiples actividades en torno ao Día da Muller Traballadora que este curso celebraremos o LUNS 14 DE MARZO

Serán un  agasallo para o noso alumnado e tamén pretenden ser unha pequena homenaxe a todas as mulleres que a diario asumen e crean novas tarefas e espazos de visibilidade.   
Grazas moi especiais a Carmen Pernas que ten o don de espertar ao artista que habita en cada persoa.


Grazas a todas as creadoras destas caras tan valiosas.

8 de marzo. Día da Muller Traballadora. Mandís

Dificilmente podemos atopar unha peza que simbolice mellor as tarefas domésticas tradicionalmente asumidas polas mulleres que o mandil. Ademais da elaboración de todos os materiais que viñemos expoñendo durante estes días o alumnado de 1º BAC TIC deste curso tivo un reto máis:  converter 26 mandís en mensaxes que conviden a reflexionar sobre roles e estereotipos e poñan en valor as tarefas compartidas. Estes mandís sortearanse entre o alumnado como parte do acto que celebraremos na Biblioteca o luns 14 de marzo.
Todos estes deseños foron executados co programa Fireworks. Todos son orixinais e precisaron de moitas horas de traballo. 

Grazas polo voso esforzo.

 
 

Monday 7 March 2011

Procesos de alfabetización informática en persoas maiores, especialmente en mulleres.

O que parecía que ía ser un tema algo aburrido ao final resultou ser todo o contrario. Miguel Alonso Pena, Mariña Andón e David Antelo engancharon a toda a audiencia. Falamos dos avós e avoas e o seu comportamento como usuarios das TIC, dos seus temores, as súas dúbidas e  as súas preguntas reflectidas nalgún  vídeo en clave de humor. Pasamos logo a tratar das vantaxes das que os maiores poden gozar cunhas destrezas mínimas. Cun esforzo perfectamente asumible estas persoas poden obter información sobre as súas localidades, a súa contorna ou os seus intereses e afeccións. Falamos tamén da axuda que os netos poden prestar, das características que deben ter os equipos ou os xogos cos que os maiores poden iniciarse e das iniciativas autonómicas ou municipais das que poden beneficiarse. Definitivamente   estamos certos de que a partir de agora os asistentes a esta exposición tentarán botar unha man aos seus avós e avoas con paciencia e sentido do humor, que é a mellor maneira de tender pontes entre as persoas.

MIGUEL ALONSO PENA

MARIÑA ANDÓN

DAVID ANTELO

 
 

Blogs

Non podiamos rematar estas sesións sen falar dos blogs, unha das ferramentas máis populares da web 2.0.  Falamos de Mesturas e aproveitamos a oportunidade para contar o papel que desempeñan os blog en difundir e informar o traballo en rede das bibliotecas escolares galegas. Tamén falamos do seu uso como ferramenta educativa utilizada por algúns docentes porque dadas as súas características son apropiados  para promover o traballo colaborativo entre o alumnado. Ademais o blog pode ser unha opción individual ou colectiva interesante para manter un diálogo constantemente actualizado cos visitantes sobre calquera tema do noso interese. Vimos algunhas das ferramentas que os bloggers utilizan para lograr máis tiron entre os seus lectores. Pedro Gefaell e Iago Félix Solla tiveron   o detalle de crear un blog exclusivamente para a charla e até puidemos ver unhas nocións prácticas de como engadir un gadget pegando unha secuencia de código html ou como utilizar o editor para publicar unha entrada. A ver se alguén se anima.

PEDRO GEFAELL
 
 
 

Violencia de xénero na rede. Elementos que a impulsan e elementos que a combaten

Probablemente un dos temas máis difíciles de tratar pero que non podiamos pasar por alto nestas charlas. Sorte que Xabier Vilán, Adrián Roo e Silvia Chan, os relatores, case desde o principio deixaron claro os perigos que entrañaba. Tamén previñéronnos contra o enfoque recibido en tantos programas de televisión e mesmo algúns xornais ao caer constantemente no morbo e na difusión de detalles innecesarios. A charla concentrouse nos perigos ocultos do tratamento sexista que ás veces se fai da imaxe das mulleres na publicidade, ou mesmo nos requirimentos para certos postos de traballo. Aínda que aparentemente non hai relación algunha entre estes feitos e a violencia de xénero demostraron que inconscientemente se promove unha actitude cara ás mulleres como cidadás de segunda clase ás que se valora máis polo seu aspecto que por outras capacidades.  vimos tamén todo tipo de asociacións de axuda, teléfonos nos que denunciar situacións de risco  e algunha páxina interesante exclusivamente masculina onde moitos homes queren deixar clara a súa actitude contra actitudes machistas ou de violencia contra as mulleres. Vimos tamén a imaxe das mulleres que se proxecta nalgúns dos videoxogos máis populares e fomos convidados a reflexionar sobre as súas características.

XABIER VILÁR

ADRIÁN ROO

SILVIA CHAN

Wednesday 2 March 2011

Sesións do alumnado 1ºBAC TIC na biblioteca. XII. As mulleres e a arte dixital

De novo un tema complexo e conceptual, nada doado de explicar a alumnos e alumnas tan novos. Con todo Uxía Couto, Brais García e Lucía Sobral saíron máis que airosos do reto. Primeiro sorprendéronnos a todos coa estética do fondo dos seus tres glogs, moi adecuada para o contido que nos ían  expor. Empezaron contándonos cales eran os presupostos que definen a arte dixital e quedounos claro que, á parte dos soportes utilizados máis ou menos innovadores e ligados ás novas tecnoloxías, estas creacións fannos reflexionar sobre o propio concepto de arte. Seica o alumnado asistente escoitou por primeira vez que a arte dixital permite acceder e crear obras de arte fóra das canles habituais e non depende para a súa creación, exhibición e goce exclusivamente de museos e galerías. A continuación, como xa ocorreu en días anteriores coa exposición do tema sobre Ciberfeminismo , vemos a conexión entre arte dixital e reivindicación destes novos espazos de visibilidade por parte das mulleres ao utilizar estas ferramentas para crear as súas propias manifestacións artísticas e non limitarse só a pousar como modelos como viña ocorrendo na maioría dos casos noutras manifestacións artísticas máis tradicionais e menos trasgresoras. Recomendamos especialmente que visitedes o seu traballo, os vídeos e algunhas das moitas galerías virtuais propostas.

UXÍA COUTO

BRAIS GARCÍA

LUCÍA SOBRAL

Related Posts with Thumbnails