Wednesday 30 June 2010

Felices vacacións

Unha vez rematado o curso dende Mesturas queremos desexar a todos e todas un relaxado verán que ben o temos merecido. Ata Setembro.summer_reading4

Wednesday 23 June 2010

Debate sobre o burka

Interesantes algunhas das cuestións esbozadas neste debate aparecido no País

Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística

agradecemento1

Monday 21 June 2010

“Play me, I´m yours”

Sempre é una boa idea levar a arte aos espazos públicos, aínda que normalmente estas experiencias adoitan estar vencelladas a esculturas ou pinturas e ter un carácter marcadamente visual. O creador Luke Jerram, sen embargo,  pretende facer unha oferta máis participativa e en 2008, colocou por primeira vez 30 pianos en diversos emprazamentos da cidade de Birmingham. Cada un deles tiña, ben visible, o rótulo "Play Me, I'm Yours" A idea tivo tanto éxito que posteriormente foi repetida en Bristol, São Paulo e Sydney.
Este año, dende o 22 de xunio ata o 10 de Xulio os pianos estarán en parques, prazas e rúas de Londres
e New York simultáneamente.

Fonte Good Blog

playmeoutdoorspianoinlondon, a Creative Commons Attribution (2.0) image from 64699110@N00's photostream

Friday 18 June 2010

Adeus a José Saramago

Hoxe foise un home comprometido, un escritor fundamental, un amigo das palabras, da comunicación…

jose-saramago-1

…pero O memorial do Convento quedará aí para sempre.

 
 

Podedes escoitar aquí un completo perfil de Saramago, a intensa historia dun escritor crítico e auténtico

E aquí podedes ler información e noticias sobre o escritor segundo van aparecendo

 

Saramago2

Thursday 17 June 2010

Salvade as bibliotecas escolares

En Estados Unidos berran ¡salvade as bibliotecas escolares! probablemente, porque existen, porque o normal é que os centros teñan bibliotecas e bibliotecarios escolares. Noutros lugares habería que berrar mais ben que as creasen.
Non sei se son bos tempos para as bibliotecas escolares, pero parece que polo menos incertos. O vídeo pretende dramatizar unha situación posible se os recortes orzamentarios chegasen a colapsar os servizos. Un vídeo coidado e curioso, onde vemos as funcións da biblioteca escolar en todas as súas dimensións, desde o estudo asistido ao simple entretemento ou ao uso da biblioteca escolar como lugar de refuxio para o que a usa certo alumnado. Unha panoplia de funcións que dificilmente figuran ás veces nas funcións tópicas e típicas dunha biblioteca escolar e que constitúen parte da súa grandeza.


Tradución do vídeo:

Bibliotecas sanguentas
“As bibliotecas son fundamentais para o logro do estudante. A colección apoia o currículo e proporciona unha rica variedade de recursos de lectura a todos os estudantes e profesores.
“Regras da Biblioteca. Faga algo produtivo. Permita que outras persoas sexan produtivas. Sexa respectuoso coas demais persoas e os seus bens”.
Os distritos escolares en todo Estados Unidos están pechando coleccións. O valor dos activos da colección dun distrito escolar extenso pode superar os 300 millóns de dólares. Unha biblioteca pechada sen un bibliotecario será desposuída dos seus recursos e acabará desaparecendo. A clausura de bibliotecas escolares será unha catástrofe educativa e un desastre financiero”.
Unha dramatización do que sucederá cando os recortes orzamentarios mal concibidos pechen as bibliotecas escolares.

fonte AGABEL (Asociación Galega polas Bibliotecas Escolares e a Lectura)

Bleeding Libraries from Laura Graff on Vimeo.

Tuesday 15 June 2010

Resultados do Proxecto Lector do curso 2009-2010 en LINGUA GALEGA E LITERATURA

 

Libros EN GALEGO lidos polo alumnado no curso: 3.507

 

IES SÁNCHEZ CANTÓN, 2009-10

ESO

BACHARELATO

Total IES

Alumnado

367

272

639

Alumnado que non leu libros voluntarios

183

63

246

Alumnado que leu libros voluntarios

184

203

393

Libros obrigatorios lidos

1078

670

1748

Libros voluntarios lidos

624

1135

1759

Total de libros lidos

1702

1805

3507

-1 alumna de 2º Bach. (MC) leu 30 libros no curso

 

Comparativa dos tres últimos cursos

CURSO

2007-8

2008-9

2009-10

Alumnado

647

674

639

Alumnado que non leu libros voluntarios

380

307

246

Alumnado que leu libros voluntarios

267

367

393

Libros obrigatorios lidos

1617

1842

1748

Libros voluntarios lidos

1433

1256

1759

Total de libros lidos

3050

3098

3507

 

Melloran os resultados dos últimos anos a pesar da crise.

A porcentaxe de lectores voluntarios en Bacharelato aumenta con respecto á ESO. É un bo sinal.

 

Sunday 13 June 2010

Algunhas novidades e recomendacións

Expondremos en breve a mesa de novidades para que poidades levar os préstamos de verán. Esperamos que sexan do voso agrado. Lembrade  tamén que non só de novidades viven os bos lector@s e que tedes unha ampla oferta ao voso dispor.

 

 

 

Wednesday 9 June 2010

Adeus á libraría Michelena

Se a alguén de Pontevedra de toda a vida lle din que vai desaparecer a Peregrina, ou a Ferraría ou o Lérez non o podería crer. Pois así estamos  porque a Libraría Michelena vai pechar xa. Para moitos e moitas era máis que unha libraría onde mercar ou encargar libros. Era un espazo de referencia, un lugar ao que tiñamos que acudir frecuentemente para falar, para mirar, para deixarnos aconsellar, para ver amigos, para tocar as novidades. Antes dunha viaxe había que pasar por alí para mirar cal era a mellor guía e cal novela estaba ben para levar. Tamén cando había que agasallar con libros, dicías idade e gustos do destinatario e xa che poñían na man varias posibilidades. Xa non digamos se tiñas meniños, ala, a Michelena para que sentasen alí na entrada (porque os libros infantís estaban na entrada como ten que ser) e se deixasen levar polos mundos da fantasía. Coa cidade que temos os pontevedreses para pasear, ir de terrazas, mercar… pasabas polos arredores e entrabas en Michelena: a ver que acto cultural había, que libro saíra ou mesmo que era de fulanito que hai que non o vías. Para todo había resposta. Calquera libro que pediras tomaban nota nunha libreta e milagrosamente aparecería en poucos días. E mesmo se tiñas tempo e te atrevías podías adentrarte polo longo corredor e descubrir mundos de libros ata chegar á fiestra que dá a Curros Enríquez. E moitas cousas máis.

O vaso derradeiro estaba cheo de despedidas (Manuel Antonio)

Será a crise? Será o libro dixital? Será o desprezo da cultura? Que será o que acabou coa libraría Michelena levándose un anaquiño de cada un de nós? Desde Mesturas convidamos os amigos e amigas a que manifesten as súas sensacións ante esta perda indicando o lugar desde onde nos mandan as condolencias. Graciñas

michelena

Fotogafía tomada hoxe

Saturday 5 June 2010

Roteiro polo Sánchez Cantón

A partires de agora temos este Roteiro polo Sánchez Cantón para que teñades algo máis  información sobre a organización interna dun centro de ensino secundario, neste caso o noso. Pensamos que é a obriga de todos os membros da nosa comunidade educativa coñecer ben, coidar e potenciar  este espazo onde pasamos unha boa parte das nosas  vidas. As institucións educativas  son una das bases sobre as que construimos día a día o concepto de cidadanía no que cremos profundamente. 

roteiro

Related Posts with Thumbnails