Dificilmente podemos atopar unha peza que simbolice mellor as tarefas domésticas tradicionalmente asumidas polas mulleres que o mandil. Ademais da elaboración de todos os materiais que viñemos expoñendo durante estes días o alumnado de 1º BAC TIC deste curso tivo un reto máis: converter 26 mandís en mensaxes que conviden a reflexionar sobre roles e estereotipos e poñan en valor as tarefas compartidas. Estes mandís sortearanse entre o alumnado como parte do acto que celebraremos na Biblioteca o luns 14 de marzo.
Todos estes deseños foron executados co programa Fireworks. Todos son orixinais e precisaron de moitas horas de traballo.
Grazas polo voso esforzo.
2 comments:
Canta reflexión! Calquera deses carteis poderia ser a imaxe dunha campaña profesional. Hai aí moita, moita calidade.
Parabens´a cantos o fixéchedes posible.
Grazas Olga. A verdade é que estes rapaces e rapazas fixeron un traballo moi bo.
Post a Comment