Monday, 7 March 2011

Procesos de alfabetización informática en persoas maiores, especialmente en mulleres.

O que parecía que ía ser un tema algo aburrido ao final resultou ser todo o contrario. Miguel Alonso Pena, Mariña Andón e David Antelo engancharon a toda a audiencia. Falamos dos avós e avoas e o seu comportamento como usuarios das TIC, dos seus temores, as súas dúbidas e  as súas preguntas reflectidas nalgún  vídeo en clave de humor. Pasamos logo a tratar das vantaxes das que os maiores poden gozar cunhas destrezas mínimas. Cun esforzo perfectamente asumible estas persoas poden obter información sobre as súas localidades, a súa contorna ou os seus intereses e afeccións. Falamos tamén da axuda que os netos poden prestar, das características que deben ter os equipos ou os xogos cos que os maiores poden iniciarse e das iniciativas autonómicas ou municipais das que poden beneficiarse. Definitivamente   estamos certos de que a partir de agora os asistentes a esta exposición tentarán botar unha man aos seus avós e avoas con paciencia e sentido do humor, que é a mellor maneira de tender pontes entre as persoas.

MIGUEL ALONSO PENA

MARIÑA ANDÓN

DAVID ANTELO

 
 

2 comments:

Anonymous said...
This comment has been removed by a blog administrator.
Jams Blog said...

Thanks forr sharing this

Related Posts with Thumbnails