Tuesday 21 December 2010

Bo Nadal e Felices Lecturas

Aproveitamos a ocasión para enviar a toda a comunidade educativa do Sánchez Cantón e  tod@s os seguidores de Mesturas os nosos mellores desexos.

AGASALLOS NADAL 2010
EQUIPO BIBLIOTECA-TIC

SE PREMEDES NAS IMAXES, VEREDES AS PORTADAS MÁIS GRANDES
SE PREMEDES NOS TÍTULOS, TEREDES ACCESO Á INFORMACIÓN

Tedes tamén estes agasallos na páxina do centro

Un Nadal Dixital

Sunday 12 December 2010

Los pájaros de la mina

Acertadísimo o titulo da imprescindible curta dirixida por Víctor Moreno que foi estrenada en Pontevedra o pasado venres 10 de decembro. Dunha gran forza expresiva a asociación entre os afectados de SQM (Sensibilidade Química Múltiple) e os pequenos paxaros que por ser máis sensibles aos efluvios mortais eran utilizados polos mineros para detectar o perigo en determinadas galerías. Coma eles estas persoas  avísannos das impredecibles pero inevitables consecuencias da exposición incontrolada a centos de substancias químicas coas que convivimos de cotío.

Podedes ver o trailer oficial da reportaxe e un excelente documento dunha rapaza afectada polo síndrome na que explica cunha lucidez extraordinaria a súa enfermidade.

Friday 10 December 2010

Nyotaimori

“Antes de se converter en bandexa vivente para sushi, a  muller é adestrada para permanecer deitada durante horas sen mover un músculo. Ademais, debe ser quen de tolerar a exposición prologada á comida fría. O vello corporal, incluido o púbico, debe estar totalmente depilado. Antes de servir a comida, a muller debe tomar un baño usando un xabón especial sen aroma, terminado con auga fría para baixar un pouco a temperatura do corpo. “

Acabades de ler un texto traducido da Wikipedia, pero hai unha ampla información na rede, se alguén está interesad@. Tamén moitos vídeos en Youtube con só teclear o nome do ritual que, por certo,  tamén podemos solicitar en algúns restaurantes fóra de Xapón, ao parecer.

Trátase da tradición xaponesa do Nyotaimori. Non é unha práctica estendida pero pódese acceder a este tipo de delicatessen en certos restaurantes pagando sumas astronómicas. Supostamente, ademais do evidente pracer estético, con este orixinal método conséguese que a temperatura do sushi sexa totalmente perfecta.  E a muller prato? Preguntarédesvos. Por favor, que mentalidade tan ríxida e puritana tedes. Non hai un pracer maior para ela que a total submisión, a perfecta atención ao cliente manifestada nunha inmobilidade absoluta durante o tempo que dure a degustación na que vai quedando progresivamente espida salvo un pequeno pano que apenas lle cobre a pube rasurada. Obrigada tamén é a absoluta ausencia de xestos e reaccións ante o que se di ou se comenta.

Sen palabras estamos.

Thursday 9 December 2010

Algunhas novidades

Estas son algunhas das nosas novidades máis recentes. Próximamente estarán en exposición no vestíbulo do centro, xunto a outro stand con máis novidades para o alumnado.

Wednesday 8 December 2010

Nova música portuguesa

Unha das nosas alumnas de 1º ESO , recentemente chegada de Oporto,  fainos o agasallo desta escolma de nova música portuguesa. Interesante poder saber o que escoita a rapazada do país viciño.

Thursday 2 December 2010

Busuu

Hai unha rede social para  aprender idiomas chamada Busuu. O busuu é unha lingua africana que só falan, ao parecer 8 persoas, segundo datos de 1980. Os creadores da rede crearon este video co fin de aumentar o tráfico da mesma e oímos que as visitas están aumentando exponencialmente. Non nos estrana porque o video é divertido e trasmite moi boas vibracións. Por certo un día destes darémonos de alta en Busuu para ver que se move por alí. De momento gústanos o deseño,  limpo e aparentemente de fácil navegación.

Related Posts with Thumbnails