Acertadísimo o titulo da imprescindible curta dirixida por Víctor Moreno que foi estrenada en Pontevedra o pasado venres 10 de decembro. Dunha gran forza expresiva a asociación entre os afectados de SQM (Sensibilidade Química Múltiple) e os pequenos paxaros que por ser máis sensibles aos efluvios mortais eran utilizados polos mineros para detectar o perigo en determinadas galerías. Coma eles estas persoas avísannos das impredecibles pero inevitables consecuencias da exposición incontrolada a centos de substancias químicas coas que convivimos de cotío.
Podedes ver o trailer oficial da reportaxe e un excelente documento dunha rapaza afectada polo síndrome na que explica cunha lucidez extraordinaria a súa enfermidade.
No comments:
Post a Comment