Saturday 26 February 2011

Sesións do alumnado 1º BAC. TIC na Biblioteca. IX. Tipos de licencias

Tampouco Pablo e Verónica descoidaron nin moito menos a estética e decidiron simbolizar a creatividade na rede con este fondo de xardíns virtuais nos seus glogs onde todos podemos coller e sobre todo plantar as flores das nosas creacións. Porén non sería rigoroso deixar de falar nestas sesións que nos ocupan do espinoso tema dos dereitos de autor. Insistiron moi oportunamente na necesidade de respectar a autoría dos materiais que empregamos de cotío con demasiada desenvoltura. Sabedes que é o Copyright? e o Copyleft?. E unha licenza de Creative Commons?. De verdade que se tedes algunha dúbida o video de Pablo vaivos ser de moita utilidade. É moi ameno e instructivo. O glog de Verónica é unha fonte inmensa de imaxes que poidedes utilizar sen ningún tipo de problema nos vosos traballos e exposicións. Ademais temos que agradecerlle un documento Issuu realmente precioso onde nos explica a correcta utilización das imaxes baixo licenzas de Creative Commons.
Grazas rapaces. Se non somos coidadosos nestes temas non será, a partires de agora, por falta de información.
.
PABLO DÍEZ
VERÓNICA DO AMARAL

No comments:

Related Posts with Thumbnails