Saturday, 28 May 2011

Proxecto: ASÍ NACEU UN CADRO PARA A BIBLIOTECA


POR FIN. Pero por suposto que pagou a pena. Xa temos o noso marabilloso mural para a entrada da biblioteca.
Unha magnífica homenaxe aos libros e á lectura.
Un curso enteiro de traballo. Primeiro houbo que ver ducias de ilustracións e deixar que a idea tomase forma. Despois contribuír con debuxos e propostas de personaxes. Logo empezar a dotar aos personaxes elixidos de movemento. Logo traspasar ao lenzo, despois a cor, por último o personaxe principal que se resistiu a nacer, logo…..
Tardes e tardes pasadas no instituto. Primeiro un grupo bastante numeroso de rapaces e rapazas. Logo as catro ou cinco que resistiron ata o final a dura proba de facer e refacer, dos pequenos detalles, dos cambios, dos “isto non me acaba de convencer….”
Por iso fixemos a exposición ASI NACEU UN CADRO no vestíbulo do centro, coma unha homenaxe a todo o proceso, longo e non sempre fácil entre exames, traballos e outras esixencias.
Na exposición, ademais de mostrar a obra a toda a comunidade educativa do centro,   recollemos os primeiros deseños, as tentativas, os estudos de composición, de cor, os personaxes que ao final non aparecen no cadro… Son 5 grandes paneis cunha ampla e valiosísima documentación que permite seguir todo o complexo traballo de creación ata acadar o espectacular resultado final.
Estamos felices con esta exposición e co noso indescriptible cadro
Por iso visitounos Fina Casalderrey, amiga persoal da nosa artista Carmen Pernas, que coordinou todo o traballo. Fina falou do inestimable valor da amizade, dos libros, da lectura. E, nesta ocasión tan especial, falou sobre todo da maxia da arte, das emocións que provoca en cada un de nós, do mérito dunha obra tan xenerosa e colectiva coma esta. E falou e falou da nosa querida artista e compañeira Carmen.
Realmente o mural é un traballo colaborativo magnífico.
…e logo un grupo de alumnas salvaron marabillosamente  os preciosos libros de Fina Casalderrey
e escoitamos a Bach e a Haydn…
Que queredes. Non temos palabras. Unha sorte traballar con xente asi
Grazas ás compañeiras de Marín polo agasallo da súa visita. Esperamos que repitades
Grazas Carmen. De corazón
         

PARA VER O CADRO CON TODO DETALLE
PARA VER IMAXES DA BENVIDA OFICIAL CON FINA CASALDERREY E O SALVAMENTO DOS SEUS LIBROS
PARA VER O LONGO PROCESO E OS MATERIAIS XERADOS

No comments:

Related Posts with Thumbnails