Showing posts with label LITERATURA DIXITAL. Show all posts
Showing posts with label LITERATURA DIXITAL. Show all posts

Tuesday, 23 March 2010

A forza da poesía dixital

Falando de poesía estes días atopamos esta potentísima creación na web do artista e poeta australiano Jason Nelson. Paga a pena curiosear un intre e botar unha ollada as súas criaturas que aparentemente ofrecen ilimitadas posibilidades de interacción cos diferentes sons, cores, textos e toda sorte de inesperadas composicións  que non deixan indiferente ao  sorprendido “lector”.

Wednesday, 24 February 2010

Poema visual. Hermeneia.

Moitos e moitas dos responsables das Bibliotecas Escolares Galegas lembramos a magnífica conferencia coa que nos obsequiou no seu día  Laura Borrás,  a brillante directora do proxecto internacional HERMENEIA (Estudos literarios e tecnoloxías dixitais. Da súa web, Mar puro, un suxestivo poema visual de Aya Karpinska.

todomar

Saturday, 28 November 2009

Sorprendente New Zealand Book Council!

Desde logo non se queixarán en Nova Zelanda de que non se potencia a lectura desde esta institución. Ademais da campaña publicitaria da entrada anterior, investigamos un pouco e descubrimos unha iniciativa chamada “Read at Work”. A súa finalidade é que a xente ocupe eses momentos da xornada laboral nos que non hai moito que facer en ler. Que tes medo de que o xefe te cache lendo no traballo? Non hai problema: o Consello do Libro de Nova Zelanda creou un sitio web para axudarche. Os usuarios pódense descargar unha chea de libros gratis que teñen o formato de diapositivas PowerPoint co aspecto de ser serios informes económicos. Só un exame moi coidadoso pode delatar ao infractor que le na oficina ou na empresa. Presentámosvos un exemplo da interfaz do escritorio, que imita á perfección a de Windows XP, por se non o creedes.

Publicidad das antípodas para animar á lectura

Campaña do New Zealand Book Council para promover a lectura e difundir a obra dos seus escritores, como este “Going West” de Maurice Gee. Interesante. A que si?

Sunday, 22 June 2008

Arte dixital e só dixital

Dqbooks é unha iniciativa de varios fotógrafos e artistas gráficos que, de momento, só esta dispoñibel de forma gratuita na rede. Por agora podemos gozar destas catro publicacións virtuais que, de seguro, veremos pronto incrementadas. Unha idea francamente interesante que poderíamos discutir no seu momento cando nos preguntamos se a arte é posible fóra das canles habituais. Os catro libros exhiben temáticas moi diversas e estan executados por artistas moi diferentes. Todas as presentacións traen un fondo musical incorporado.

Vía El País

Tuesday, 29 April 2008

Literatura en contornos dixitais II

Que é a nova literatura dixital? Pódese considerar literatura? Fan falta novas ferramentas para a súa evaluación?

"As tecnoloxías dixitais favorecen a aparición de patróns emerxentes de creación á vez que nos proporcionan novas prácticas e enfoques docentes en materia literaria. Este contexto dixital obríganos a repensar os presupostos teóricos e os conceptos máis básicos para ter recursos desde onde achegarnos críticamente ás novas formas de textualidade electrónica". Laura Borrás

"Estamos nun momento parecido ao que asistimos coa revolución da imprenta xa que a literatura é un patrimonio esencial da nosa sociedade. Por iso, hai que prestar moita atención ás novas tecnoloxías e examinar como condicionan a propia creatividade e os dereitos de lectores e autores". Gabriel Ferraté

"Crear en pantalla é como esculpir sobre auga e, sen dúbida, o contorno dixital está introducindo unha nova orde onde os artistas poden inventar novas formas de produción e onde as posibilidades técnicas serven para ampliar as posibilidades de expresión". Joan Campàs.
Atopamos esta pequena xoia dixital na rede que queremos compartir con tod@s vós.
.

Sunday, 6 April 2008

Literatura en contornos dixitais: Alicia inanimada

Regresamos dos encontros de Sanxenxo como sempre, admirando unha vez máis a impecable organización, o bo facer dos relatores e relatoras e felices, como non, de ver tantas caras amigas de novo reencontradas. Botamos de menos persoas imprescindibles neste traballo colectivo que intentamos levar adiante, porque se imos falar de xenerosidade e bo facer alí non estabamos tod@s. Faltaban Gracia, Antonio, Luz, Pili... que saibades que vos botamos moitísimo de menos pòrque formades e formaredes sempre parte de todo este tinglado; parte imprescindible, non o dubidedes.

Logo da impresionante conferencia de Laura Borrás, visitamos rápidamente Hermeneia, como non podía ser doutro xeito. Despois, facendo a nosa propia hipertextualidade, chegamos a esta primeira mostra de literatura dixital que incluímos en Mesturas, e que non será a última. Trátase de Alicia inanimada, unha obra que trata dunha nena de 8 anos que vive cos seus pais en China, e vai medrando ao longo dos sucesivos capítulos. O grao de complexidade e interactividade do texto-xogo vai aumentando progresivamente. De momento hai só tres capítulos. Este proxecto foi premiado en varias ocasións polo que paga a pena botarlle unha ollada. Ademais nesta ligazón tendes a posiblidade de lelo en español, para os que o prefirades. Xa me contaredes.

Related Posts with Thumbnails