
Logo da impresionante conferencia de Laura Borrás, visitamos rápidamente Hermeneia, como non podía ser doutro xeito. Despois, facendo a nosa propia hipertextualidade, chegamos a esta primeira mostra de literatura dixital que incluímos en Mesturas, e que non será a última. Trátase de Alicia inanimada, unha obra que trata dunha nena de 8 anos que vive cos seus pais en China, e vai medrando ao longo dos sucesivos capítulos. O grao de complexidade e interactividade do texto-xogo vai aumentando progresivamente. De momento hai só tres capítulos. Este proxecto foi premiado en varias ocasións polo que paga a pena botarlle unha ollada. Ademais nesta ligazón tendes a posiblidade de lelo en español, para os que o prefirades. Xa me contaredes.

4 comments:
Moitas grazas pola lembranza. Pero no noso andar diario hai portas que se pechan e pérdese a chave para sempre. Pero quedan as persoas, algunhas persoas que son verdadeiramente importantes para sempre.
Acabo de ver o primeiro episodio de Alicia Inanimada e aínda teño a boca aberta...
Françoise Sagan, que creo que dio algunos portazos, decía que "sólo cerrando las puertas detrás de uno se abren ventanas hacia el porvenir". Pues venga Gracia, abramos esas ventanas y QUE CORRA EL AIRE.
A ver Charo, que yo sí que estuve... de muchas maneras... y gracias por esas palabras.
Dous días que botamos no insti cos libros medio orfos sen a bibliotecaria... pero vese que non perdeu o tempo e que cousas máis chulas nos trae!
Post a Comment