O traballo infantil foi un dos estigmas que acompañaron á revolución industrial. A explotación laboral dos nenos e nenas non xurdiu entón, nin sequera alcanzou a unha maioría deles, pero o afastamento do marco familiar e a inserción de parte do traballo nas duras condicións laborais da fábrica deu a esta explotación uns perfís novos, que motivaron a preocupación dos reformadores da época e acabaron dando lugar a unha lexislación reguladora.
A defensa da causa dos nenos nas novas condicións do traballo industrial en Gran Bretaña correu en boa medida a cargo de sectores vinculados aos tories conservadores, na súa maioría aristócratas defensores do paternalismo e a deferencia propios da vella orde social, que vían ameazada polo desenvolvemento da industrialización e a auxe da burguesía ligada a ela. Estes sectores defenderon desde formulacións humanitarias a abolición da moderna escravitude infantil nas fábricas. Michael Sadler e Richard Oastler foron dous dos tories que máis se distinguiron, desde dentro do Parlamento e fóra del, no combate contra o emprego de man de obra infantil na industria. O primeiro presidiu o comité parlamentario que durante varios meses investigou o tema e chamou a declarar a ducias de testemuñas, parte deles traballadores vítimas na súa infancia da explotación fabril. Fonte: Siete paseos por la Inglaterra victoriana

De verdade que o documento paga a pena. Ten un excelente deseño e non é necesario saber moito inglés, todo está subtitulado e é un bo exercicio para a divulgación deste periodo histórico.
Agradecemos esta última ligazón a nosa compañeira Conchi do CEIP de Palmeira.
As imaxes están tomadas desta galería sobre o traballo infantil en EE.UU.
.

1 comment:
Moi boa entrada, é moi útil para o alumnado de 1º de bacharelato que desexe afondar no tema das "accións productivas". Recomendarase o enlace.
Post a Comment