Falando de poesía estes días atopamos esta potentísima creación na web do artista e poeta australiano Jason Nelson. Paga a pena curiosear un intre e botar unha ollada as súas criaturas que aparentemente ofrecen ilimitadas posibilidades de interacción cos diferentes sons, cores, textos e toda sorte de inesperadas composicións que non deixan indiferente ao sorprendido “lector”.
Tuesday, 23 March 2010
Wednesday, 24 February 2010
Poema visual. Hermeneia.
Moitos e moitas dos responsables das Bibliotecas Escolares Galegas lembramos a magnífica conferencia coa que nos obsequiou no seu día Laura Borrás, a brillante directora do proxecto internacional HERMENEIA (Estudos literarios e tecnoloxías dixitais. Da súa web, Mar puro, un suxestivo poema visual de Aya Karpinska.
Saturday, 21 March 2009
Feliz Día Mundial da Poesía
Created with Admarket's flickrSLiDR.
Monday, 19 January 2009
Edgar Allan Poe e o Corvo
| Este video de You tube é unha homenaxe ao polifacético escritor, considerado un mestre do relato curto do suspense e da literatura fantástica. O famoso poema é interpretado por varias persoas que recrean a súa maneira cada unha das estrofas. |
Monday, 12 January 2009
Escribe que son árabe ( جل، أنا عربي)
| Soubemos da conmovedora obra do poeta palestino Mahmoud Darwish, unha das voces máis brillantes no panorama literario do mundo árabe, co gallo da guerra de Iraq. No pasado mes de Agosto, á volta das vacacións de verán, o seu corazón enfermo rendeuse por fin. Unha perda irreparable que ocorría non moito tempo despois da partida do seu querido amigo, o inesquecible Edward Said. Internacionalmente recoñecido, a súa vida sempre estivo marcada polo conflito árabe-israelí. A calidade dos seus poemas é tal que, aínda que está totalmente identificado coa causa árabe, lemos que as autoridades israelís chegaron nalgunha ocasión a valorar a inclusión dalgúns dos seus poemas no curriculum educativo dese país. Viviu sempre no exilio. Nalgunha ocasión comentou: O poema é unha reivindicación da identidade árabe e simboliza o acoso cotián ao que a poboación palestina é sometida diariamente nos numerosos controis nos que deben acreditar a súa identidade varias veces cada día. Non podemos pensar nun comentario mellor nestes tempos tan escuros. Reproducimos o poema completo pedindo desculpas polas posibles inexactitudes na tradución. Incluímos tamén unha versión musicada do poema interpretada polo artista libanés George Qirmiz. |
| Recomendamos vivamente unha visita á web de Darwish onde podedes escoitar unha das súas poesías máis coñecidos con subtítulos en español. Paga a pena |
| Escribe que son árabe Escribe que son árabe |
Saturday, 13 September 2008
Versos tristes
Máis dun millón de audicións en You Tube do poema "Puedo escribir los versos más tristes esta noche" de Pablo Neruda. Por algo será.
Monday, 21 April 2008
Poemas chineses
Wednesday, 2 May 2007
LUIS BARÁ E CYRANO DE BERGERAC. PAN, POESÍA E BOMBARDEOS
Pontevedra acolle esta semana a campaña `Pan con poesía' que repartirá na área do Lérez bolsas de pan con poemas impresos da poeta Mª Carme Kruckenberg.Comentando o outro día esta interesante iniciativa da Dirección Xeral de Creación e difusión Cultural cunha profesora de literatura que ten unha excelente e envidiable memoria, recordaba ela unha pasaxe de Cyrano de Bergerac onde se describe unha iniciativa parecida. Nesta pasaxe a dona dunha panadaría, con moita menos sensibilidade literaria que o Sr Bará, empeza a envolver o pan cos versos do seu marido e os seus amigos poetas, como castigo ao que ela consideraba unha lamentable perda de tempo. O pobre e frustrado autor exclama:
"Ceos que vexo,
As mellores poesías dos meus amigos! Impía profanación! Inaudito atentado!...
Se me queres devolver o soneto que che dei escrito neses papeis, en vez de tres, seis pasteis vouche dar..."
.Curiosa a coincidenc
ia e curiosas as reaccións e as diferentes lecturas que un mesmo feito pode provocar.Comentabamos tamén que, malia que a poesía non é o xénero literario máis lido, segue a conservar unha innegable e poderosa forza simbólica e recordabamos a brillante iniciativa de tres xornalistas chilenos que bombardearon con poemas cidades que foran especialmente castigadas. Comenzaron co Pazo da Moeda, continuaron con Dubrovnick e por suposto non esqueceron Guernika. Paga a pena ver o vídeo e a reacción de persoas de todas as idades que saían entusiasmadas ao oíren o ruído dos helicópteros, para recoller un dos millóns de poemas que caían do ceo.
Tuesday, 20 March 2007
DÍA INTERNACIONAL DA POESIA. BAGHDAD BURNING


O primeiro poema
Desde o lonxe saúdo a túa ribeira, ¡oh Tigris! dono de xardíns
Sedento saúdo a túa ribeira, buscándote cal buscan as pombas
entre a auga, entre a lama.
Tigris, por sempre fortificado
con cidades de miseria,
cos teus mártires que, de tumba en tumba
ven como a túa estrela sangra.
Bagdad, non es máis que un cemiterio para os teus seres queridos.
Bagdad, o meu poema de amor extraviado.
.E pídeme que lle recite un poema,

unha bágoa cae dos meus ollos á almofada.O meu fillo próbaa, abraiado, dicindo:
"¡Pero esta é unha bágoa, pai, non un poema!"
E eu dígolle:
"Cando medres, meu fillo,
e leas o diván de poesía árabe,
descubrirás que a palabra e a bágoa son irmás
e o poema árabe
non é máis que unha bágoa chorada polos dedos que a escriben".
O meu fillo pon as súas plumas, a súa caixa de xiz fronte a min
e pídeme que lle debuxe unha patria.
Entón o pincel treme nas miñas mans
E bótome a chorar.
.

A recomendación é unha visita ao blog Bagdag en llamas, tradución ao español da bitácora Baghdad Burning, mantida por Riverbend pseudónimo dunha rapaza iraquiana. Extraordinario documento da sinrazón dunha guerra tan real como a de Irak. Que a cronista sexa unha xove muller iraquí culta -é informática- que se relaciona co mundo por Internet métenos a todos no horror máis cotián onde conta as experiencias dela e da súa familia e amigos na desdichada cidade. A bitácora foi varias veces galardoada e declarada Mellor blog africano e de Oriente Medio 2006 (Bloggies). Paga a pena unha visita. De verdade.
Thursday, 22 February 2007
ERATO E A POESÍA
Sabedes quen está representada neste cadro? Trátase dunha alegoría de Erato a musa grega inspiradora da poesía lírica e amorosa.










