Showing posts with label ILUSTRACIÓN. Show all posts
Showing posts with label ILUSTRACIÓN. Show all posts

Sunday, 2 March 2008

Unha tabla periódica diferente


Encántanos esta iniciativa atopada no país dixital, consiste nun intento de aúnar arte e ciencia consistente en reunir a 96 deseñadores gráficos que ilustran os 118 elementos naturais en todo tipo de soportes: seda, madeira, tea..A única condición para participar no proxécto era que o signo e o número periódico de cada elemento estivesen reflectidos con claridade. Este é o resultado

Tuesday, 29 May 2007

OS MUNDOS DE M.C.ESCHER

Eliximos como cabeceira desta bitácora a obra Symmetry de M.C Escher. Proporcionámosvos unha brevísima reseña deste artista. Maurits Cornelis Escher naceu o 17 de xuño de 1898 en Leenwarden (Países Baixos), fillo dun enxeñeiro hidráulico. Era un pésimo estudante que tivo que repetir curso dúas veces. Para el, a escola era un pesadelo, excepto as clases de debuxo. Como tantos outros grandes artistas, era manicho. Ao longo da súa carreira realizou máis de 400 litografías e gravados en madeira, e tamén uns 2.000 debuxos e borradores. As súas máis populares obras, figuras imposibles, fondos reticulados con diversos patróns e mundos imaxinarios foron reproducidas ata a saciedade en portadas de libros, revistas, campañas publicitarias e en todo tipo de formatos. M.C. Escher, é un dos máis grandes artistas gráficos do século XX. Moitas persoas admiran e atopan curiosos, intrigantes e especiais os seus traballos, aínda que en moitas ocasións, non saiban moi ben de quen son nin coñezan realmente o autor ou a época en que foron creados.

Estas son as mellores ligazóns que atopamos .
Esta é unha das que máis nos gustou. Podes movela co cursor do rato ou coa barra para controlar a velocidade e a dirección.
Esta é unha das máis completas.
Aquí podedes ver un pase de diapositivas.
Esta é a web oficial.

Wednesday, 18 April 2007

MUNDOS MÁXICOS

Propoñemos un paseo polo mundo surrealista da peculiar ilustradora e fotógrafa norteamericana Maggie Taylor. Algúns dos seus personaxes parécennos sacados directamente das peripecias imaxinativas da Alicia de Lewis Carroll. Por certo, algún día contarémosvos algo dela. De momento velaí algunhas cabezas nas nubes, cabezas cheas de paxaros, nenos inquietantes e animais curiosos. Non deixedes de visitar a galería chamada CASE ALICIA. Hai moi boas imaxes a pantalla completa. Tamén podedes visitar estas PAISAXES DOS SONOS.
Xa nos contaredes se vos gustou.

"Estas imaxes dixitais comezan sendo unha colección de obxectos individuais e fondos que escaneo no meu ordenador usando un escáner moi básico. Cando se completa unha imaxe, imprimo o arquivo dixital en papel para acuarela. Aínda que non son fotografías tradicionais, si penso na miña técnica como un proceso de fotosensibilidade".
Maggie Taylor -

Related Posts with Thumbnails