Saturday 30 January 2010

Materiais Día da Paz e Trafegando Ronseis

Queremos agradecer efusivamente a todos os centros polas súas marabillosas aportacións que tan xenerosamente comparten. Tamén, e moi especialmente aos nosos amigos de TRAFEGANDO RONSEIS, así, con letras maísculas, polo seu impagable esforzo de horas e horas de traballo empregado en recompilar e clasificar todos estes materiais para que o seu disfrute sexa tan doado e útil para todos e todas nós.

 peaceday

POMBA

POMBA

POMBA

DÍA DA PAZ I

DÍA DA PAZ II

DÍA DA PAZ III

POMBA

POMBA

POMBA

DÍA DA PAZ IV

DÍA DA PAZ V

DÍA DA PAZ VI

POMBA

POMBA

POMBA

DÍA DA PAZ VII

DÍA DA PAZ VIII

DÍA DA PAZ IX

Friday 29 January 2010

30 Xaneiro. Día Internacional da Paz. Posters pola paz

Os 6 carteis que máis nos gustaron.

after1

spring

After. Mingliang Li. China

Spring. Lee Bang Won. South Korea

guantanamo1 iraq1

Close Guantanamo Bay.  
Anita Wasik. Poland.

I love Iraq. Sajad Asadi. Iran

change this1 forpeace1

For peace. Erdem Özil. Turkey

Change this. Erdem Özil. Turkey

Thursday 28 January 2010

30 XANEIRO. DÍA INTERNACIONAL DA PAZ

Agradecemos, como xa é tradicional, este fermoso cartel do IES RIO CABE de Monforte

30 XANEIRO 10 blog

1000 grúas

Unha lenda xaponesa antiga promete que se unha persoa é quen de facer mil grúas de papel lle será concedido un desexo, normalmente relacionado coa saúde ou a recuperación despois dunha longa enfermidade. Tamén é frecuente regalar grúas de papel nas vodas como desexo de longa vida e felicidade aos noivos. .

Recentemente as mil grúas convertéronse nun símbolo colectivo para reclamar a paz e reivindicar os dereitos humanos a través da historia de Sadako Sasaki, unha moza xaponesa afectada de leucemia debido á radiación durante o ataque atómico a Hiroshima. A súa historia está contada no libro Sadako e as mil grúas de papel.

En moitos centros escolares comézase espallar este fermoso costume en torno a estas datas.


Created with Admarket's flickrSLiDR.

Wednesday 27 January 2010

Música pola paz

Mirade que boa selección de temas musicais dos amigos do Segrel.

Nós imos destacar especialmente Aquarela de Toquinho.

Non fala de guerras, nin de paz explícitamente pero pensamos que ninguén pode pensar na violencia despois de escoitar esta canción.

Numa folha qualquer eu desenho um sol amarelo.
E com cinco ou seis retas é fácil fazer um castelo.
Corro o lápis em torno da mão e me dou uma luva.
E se faço chover com dois riscos tenho um guarda-chuva.
Se um pinguinho de tinta cai num pedacinho azul do papel,
num instante imagino uma linda gaivota a voar no céu.
Vai voando contornando a imensa curva norte sul.
Vou com ela viajando, Havaí, Pequim ou Istambul.
Pinto um barco a vela branco navegando.
É tanto céu e mar num beijo azul.
Entre as nuvens vem surgindo um lindo avião rosa e grená.
Tudo em volta colorindo com suas luzes a piscar.
Basta imaginar e ele está partindo, sereno indo,e se a gente quiser ele vai pousar.
Numa folha qualquer eu desenho um navio de partida,
com alguns bons amigos, bebendo de bem com a vida.
De uma América a outra eu consigo passar num segundo.
Giro um simples compasso e num círculo eu faço o mundo.
Um menino caminha e caminhando chega num muro.
E ali logo em frente a esperar pela gente o futuro está.
E o futuro é uma astronave que tentamos pilotar.
Não tem tempo nem piedade, nem tem hora de chegar.
Sem pedir licença muda nossa vida, e depois convida a rir ou chorar.
Nessa estrada não nos cabe conhecer ou ver o que virá.
O fim dela ninguém sabe bem ao certo onde vai dar.
Vamos todos numa linda passarela de uma aquarela que um dia enfim…

Descolorirá!

Thursday 21 January 2010

Wednesday 20 January 2010

Razóns polas que Haiti é sinónimo de inferno

Atopamos información moi interesante nesta ligazón e tamén nesta outra onde podemos ver algunhas das razóns das enormes diferencias entre Haiti e a viciña República Dominicana. ambas ligazóns via Im-pulso, blog moi interesante, por certo. As imaxes, via The Big Picture, como noutras ocasións.

haiti

A RAG e o Decreto

Pensamos que paga a pena empregar algúns minutos do noso tempo na lectura deste documento. Entendemos que todos e todas estamos obrigados a reflexionar con serenidade e a análise da RAG das bases para o Decreto do plurilingüismo no ensino non universitario en Galicia parécenos ante todo un documento sereno e ben fundamentado.

Jaime Eizaguirre na Biblioteca

101_00081 1959-2009. Son 50 anos da publicación dunha das mellores novelas da nosa literatura, A esmorga. Hoxe celebrámolo na nosa Biblioteca. O alumnado de Literatura Galega do século XX e da Actualidade xa lera a obra, xa vira o vídeo da representación teatral, e hoxe puido asistir a unha interesante charla do arquitecto Jaime Izaguirre Santillán. Explicoulles como se xestou a banda deseñada da obra que se recolle en EBA 5.0. Foilles mostrando todos os pasos da creación coa axuda do ordenador e o canón. Resultoulle moi interesante ao alumnado. Tamén a Jaime a experiencia de verse no espazo da Biblioteca que el frecuentaba como alumno hai uns anos e agora como convidado expoñendo o seu traballo.
Na nosa biblioteca tentamos sempre ser un foro aberto todo e todos. Imos aumentando ano a ano a base documental en inglés, en francés, en castelán e en galego (libros, películas, documentais...). Mais temos moi claro no equipo da Biblioteca que a lingua primeira da Biblioteca e a que hai que fomentar entre un alumnado maioritariamente castelán falante é o galego; e non notamos ningún problema entre o alumnado pontevedrés nin recén chegado doutros lugares, enténdeno perfectamente.

Grazas a Jaime Eizaguirre por vir desde Madrid, onde traballa, atender tan amablemente o noso alumnado tanto nesta actividade coma no Obradoiro de banda deseñada que está dirixindo esta semana na Biblioteca.

101_0003

Tuesday 19 January 2010

Decálogo para ser lingüisticamente sostible

Interesante reflexión sobre as linguas minoritarias que nos achega a nosa compañeira Mónica Muñoz. Coordinadora da Biblioteca Escolar C.E.I.P. Frian - Teis (Vigo)

Monday 18 January 2010

Lembrando a Rosa Parks

Na década dos cincuenta do século XX, dous acontecementos en aparencia moi distintos e distantes teñen lugar: nos USA, en 1955, Rosa Parks, muller negra, costureira e activista do Movemento polos Dereitos Civís, en Montgomery, Alabama, négase a ceder o asento do autobús en que viaxaba, reservado aos brancos: rompe unha lei escrita -e moitas normas non escritas- e prosegue o camiño da inclusión dos pretos na sociedade norteamericana. Un ano antes, en 1954, a UNESCO receberá escrito de protesta, apoiado por centros galegos en América, pola discriminación sofrida pola lingua galega, en pleno franquismo. Deamos triplo salto mortal e reinstalémonos no presente: a exclusión do galego véstese hoxe de traxe bilingüe. Ao igual que no caso do racismo clásico, non é que non se admita a existencia do galego (como os negros naqueles anos, só pode viaxar na traseira do vehículo...): mesmamente, é imprescindíbel para marcar diferenzas de superioridade; por tanto, ao igual que os negros, cóntase con el en tanto en canto non ouse endexamais ocupar o asento do amo, isto é, se conforme coa súa existencia afastada e invisibilizada no mundo social e público. Negros? Si: nos traballos pior pagos, no baloncesto, no jazz ou no soul... Lingua galega? Si, por suposto: na cada vez máis deshabitada aldea, nos vellos, no coloquial, nalgunha canción, no Día das Letras Galegas, na literatura, nalgunha homenaxe limitada... Nunca no uso ubicuo que non se discute en absoluto para o español. En ambos casos, ¿inclusión é sinónimo de normalización? Coidamos que non.
Os vellos resaibos (endo)racistas reaparecen a nada que o negro se fai ver, isto é, a nada que penetre minimamente en espazos onde, lentamente, poda mudar a fotografía cualitativa da lingua galega e dotala (ensino, administración, sanidade...) dalgún efeito multiplicador... Rosa Parks (1913-2005) impuxo o seu direito a viaxar sentada no autobús dos brancos. Toda a nosa historia autónoma, desde hai cento e cincuenta anos, é a historia por poñer o galegos nos lugares visíbeis socialmente, por lle dar estatuto público (literatura, prensa, política, Xustiza, Igrexa...). E este esforzo pacífico, democrático, superador de barreiras artificiais, debelador do clasismo... é chamado imposición! Daquela, todos os avanzos históricos en termos de igualación e de superación de vellas inxustizas supuxeron imposicións da vítima: os pretos impuxeron a súa presenza, ao igual que a impuxeron as mulleres loitadoras pola súa liberación ou os escravos pola súa emancipación. ¡Avelloucada e resesa arma de quen practica a cotío a imposición real, refutar co mesmo que eles practican a cotío!: a imposición de verdade, dada por natural e inmutábel, sexa a prevalencia do branco dominante, do varón, do machismo, do amo ou do idioma hexemónico.
Extraído de
Pilar García Negro, De lingua a fala, un proceso inacabado

Thursday 14 January 2010

EBA 5.0 e Jaime

Lemos en Vieiros

“Acaba de aparecer nas librerías un libro con cd e dvd editado por Difusora de Letras, Artes e Ideas, no que se revisa o universo de Blanco Amor desde diferentes disciplinas. Xunto a ensaios de Álex Mene, Xosé Manuel Buxán, Luis Rei e José Somoza, a obra inclúe o cómic “Noite de sombras”, un xogo de mesa, un audiovisual sobre unha obra para títeres de Blanco Amor e un disco no que dez grupos ourensáns presentan temas inspirados por A esmorga.

Unha perversión en viñetas
A novela é a fonte de inspiración da peza de banda deseñada “Noite de sombras”, con guión de Carlos Rafael Ramos e debuxos de Jaime Eizaguirre. “Máis que unha versión é unha perversión”, explica o guionista. A obra toma como referente unha noite de troula con tres personaxes na cidade de Ourense, “pero a partir de aí imaxinei o que podería pasar noutro contexto”, di Ramos. Así que sitúa a acción na noite do 1 de decembro de 1979, día no que morreu Blanco Amor, e no que Brais, Vito e César van celebrar a saída do cárcere dun deles. Carlos Rafael Ramos tomou como referencia as súas primeiras noites de esmorga, “cando os únicos locais que abrían de noite eran os bares de putas”, explica, “e alá iamos amigos e amigas a tomar un cubata entre catro”.

Pois ben, o Jaime Eizaguirre autor dos debuxos da peza de banda deseñada “Noite de sombras” é un pouco noso. Aínda lembramos ben cando andaba polas aulas do centro non hai tantos anos.  A semana que ven teremos o privilexio de que dirixa durante varias sesións un obradoiro de banda deseñada do que xa falaremos polo miúdo.

Ata entonces xa podemos admirar a súa colaboración neste magnífico proxecto, este “espazo de criatividade participado por 200 persoas, criatividade que poucas obras literarias son capaces de inducir e concitar”. 

 Jaime

esmorga

Wednesday 13 January 2010

Haití

Na tarde do martes 12 de xaneiro o terremoto máis terrible en 200 anos - 7.0 -  asolou a cidade de Porto Príncipe, en Haití. Estase a falar de milleiros de mortos e millóns de persoas desprazadas dos seus fogares. Unha traxedia. Fotos aparecidas en The Big Picture tomadas nas últimas 24 horas.

Unha vez máis os cidadáns de países que, como Haití, soportan unha pobreza inimaxinable,  só aparecen na prensa mundial cando son vítimas de desgrazas  aínda máis mortíferas que a súa cotidianidade sempre esquecida..

terremoto

Tuesday 12 January 2010

Aforremos tempo

De volta á normalidade? despois das merecidas vacacións chegamos a conclusión de que non somos nada eficientes, que andamos sempre estresad@s e que temos que aprender a organizar mellor, moito mellor, as nosas pobres e atarefadas vidas.

Con estes sabios consellos, teremos moito máis tempo para facer cousas interesantísimas e ademáis  practicaremos inglés, que ledicia!

Cando queiras pelar un ovo a velocidades supersónicas e sorprender á túa nai ou pai na cociña.

Ou unha pataca.

Ou atar os cordóns dos teus tenis.

O mesmo para torpes.

Cando precises ser extremedamente rápido en situacións especiais.

 

Related Posts with Thumbnails