Friday 29 February 2008

O carrabouxo



Mirar a edición dixital de La Región todos os días é un exercicio moi san para ver o último Carrabouxo de Xosé Lois.

Este de hoxe non precisa ningún comentario nestes días para esquecer. Todos temos algo de responsabilidade no problema e máis quen coma nós traballa no mundo da educación. Sempre hai algo que se pode facer. O problema é tan grave que todo o que se aporte é pouco.

Wednesday 27 February 2008

As familias dos maltratadores


Catro mulleres mortas, no mesmo día. Ante un panorama tan desolador, parécenos interesante o testemuño dunha ouvinte que esta mañá se confesaba na radio familiar dun maltratador. Argumentaba o seu desprezo máis profundo por esta persoa e confesaba que non é habitual atopar esta actitude dentro das familias, nas que se tende a culpabilizar ás vítimas defendendo ao maltratador porque é o irmán, o curmán, o fillo. Unha reflexión interesante: nunca ata agora caeramos na conta que o illamento, a repulsa máis absoluta debe empezar, sen dúbida, dentro da familia máis directa do agresor. Está claro.

A comida basura a debate en USA



"Os publicistas non están obrigando á xente a comer alimentos pouco saudables, simplemente están ofrecendo o que os clientes queren".
"A mercadotecnia responde ao libre mercado". "Non é un bo modelo que os publicistas sexan os que digan aos consumidores que comer e facer, non poden ser paternalistas".
"A xente é responsable de tomar as súas propias decisións na vida, as decisións das empresas baséanse no que os clientes manifestan que queren comer".

Fronte a declaracións nesta línea tan favorable aos seus proprios intereses, o feito é que moitos anuncios destes produtos están dirixidos a sectores da poboación tremendametne vulnerables como son os adolescentes. En tal sentido, será bo saber que a publicidade de alimentos ocupa o primeiro lugar na televisión mundial e que a maioría está dirixida a un determinado sector da poboación. En Inglaterra, Estados Unidos e Australia, países onde a obesidade infantil creceu notablemente, o número de comerciais de alimentos en horarios infantís son os máis altos do mundo. A polémica está servida.

Monday 25 February 2008

Obama´s song

Sen dúbida un bo anuncio electoral.



It was a creed written into the founding documents that declared the destiny of a nation
Yes we can.
It was whispered by slaves and abolitionists as they blazed a trail toward freedom.
Yes we can.
It was sung by immigrants as they struck out from distant shores
and pioneers who pushed westward against an unforgiving wilderness.
Yes we can.
It was the call of workers who organized;
women who reached for the ballots;
a President who chose the moon as our new frontier;
and a King who took us to the mountaintop and pointed the way to the Promised Land.
Yes we can to justice and equality.
Yes we can to opportunity and prosperity.
Yes we can heal this nation.
Yes we can repair this world.
Yes we can.
We know the battle ahead will be long,
but always remember that no matter what obstacles stand in our way,
nothing can stand in the way of the power of millions of voices calling for change.
We have been told we cannot do this by a chorus of cynics...
they will only grow louder and more dissonant
...........
We've been asked to pause for a reality check.
We've been warned against offering the people of this nation false hope.
But in the unlikely story that is America,
there has never been anything false about hope.
Now the hopes of the little girl who goes to a crumbling school in Dillon
are the same as the dreams of the boy who learns on the streets of LA;
we will remember that there is something happening in America;
that we are not as divided as our politics suggests;
that we are one people;
we are one nation;
and together, we will begin the next great chapter in the American story
with three words that will ring from coast to coast;
from sea to shining sea --
Yes. We. Can.

Sunday 24 February 2008

Tempo en boca. Videocreación do alumnado de 1º BAC. do IES Sánchez Cantón


Nun tempo en que as estratexias docentes están sometidas a constantes reflexións, achegas como a desta videocreación preséntanse como unha alternativa viable e merecedora de ser tida en conta. Desde Mesturas queremos felicitar a todo o alumnado que participou nela ensinándonos que se poden elaborar soportes imaxinativos para axudar a comprender, ilustrar e mesmo enriquecer un texto. Parabéns tamén á profesora Marián Costa, parte esencial e colaboradora indispensable desta biblioteca e o seu proxecto.

Este é o plantexamento e a xustificación do video, segundo a profesora que o coordinou. O video foi entregado como agasallo aos responsables do Marco de Vigo nunha visita á exposición Tempo ao Tempo

"Como sabedes dedicamos un tempo a reflexionar sobre o mesmo, visitamos o MARCO en Vigo para captar as distintas perspectivas que desde a arte actual se fai do tempo e da temporalidade como característica dos seres humanos. Lembraredes que constatamos como nesta sociedade parece que o tempo é máis escaso ca nunca, temos que gañar tempo para traballar máis de modo que poidamos consumir máis, e dalgunha maneira entramos nunha especie de círculo do que non podemos fuxir. Como consecuencia non temos tempo para comer con pausa, para faladoiros, para coidarnos, para os demais ...Pero antes que nós, moitos filósofos converteron o tempo en obxecto de estudo. Recollemos algúns textos sobre o tema, intercalamos imaxes nas que se reivindica a necesidade de dedicar o tempo preciso ás funcións ás que antes aludíamos, comer, falar, mesmo limpar ben os dentes. Este vídeo é o resultado do traballo dos vosos compañeiros e compañeiras. A miña gratitude a todas persoas que participaron na actividade.Por un erro na edición do vídeo hai un fragmento de Platón que se adxudicou a Kant e viceversa. Seguro que sodes quen de adiviñar cales son textos mal subtitulados".
Marián Costa


10 Traxedias express


Médicos sen Fronteiras publica o seu último inorme correspondente a 2007 onde pretende chamar a atención sobre os 10 conflitos esquecidos máis graves do presente momento, que non teñen nin o triste privilexio de ocupar titulares nos telexornais.
Para non facernos perder o noso precioso tempo e non molestar demasiado, cada unha destas situacións que destrúen ou deterioran de forma irreversible as vidas de millóns de persoas, quedan condensadas en 10 boas fotos e 10 brevísimas frases, cumprindo as inexorables regras da publicidade que obrigan a producir mensaxes breves e visualmente potentes, na esperanza de que alguén os lea. Animádevos...

Friday 22 February 2008

O tío Pancho

"Hoy se ha roto el último eslabón de la esclavitud!".
Este foi o berro que lanzou asomado á ventá da súa casa da aldea de Trasar (Lugo) o tío Pancho cando escoitou que se proclamara a 2ª República. Claro, o tío Pancho estivera en Cuba e alí aprendeu ideas novas coma tantos outros. Canto lle debemos os galegos a Cuba! (o himno, a Academia, escolas, centros, escritores...). E neste 2008 por fin a cultura galega pon o traxe das festas (como os cubanos o seu traxe branco e o chapeu que os distinguía na aldea) e asiste como convidada á Feira do Libro na Habana. E como é lóxico alá foi o mellorciño da nosa cultura para mostrar con fachenda o que somos hoxe. Mais non faltará quen se sinta escandalizado polo enorme gasto que isto supón. Por certo, e os escándalos de cando ían a América ringleiras de alcaldes e afíns a gastos pagos??? Ou cando se decidiu enterrar nese burato-monte de Santiago tantos millóns de euros? Quen lle dera ao tío Pancho (devanceiro dun profe colaborador desta biblioteca) estar na Habana hoxe, que orgullo sentiría!!! ... E pasa o mesmo cando se promociona a cultura escrita en castelán??? ou volvemos outra vez ao desprezo do noso???


Espelliño, espelliño


Tras a reforma necesaria das tallas na roupa das mulleres , imponse tamén outras reflexións. O abuso publicitario fai que, aos poucos pero inexorablemente, cambien os nosos gustos estéticos e provoca que mulleres que se consideraban normais hai só un par de décadas, na actualidade sexan percibidas como grosas. Por outra banda, e para acabar de complicalo todo, os índices de obesidade real seguen aumentando a pesares da insistencia publicitaria en presentarnos como modelos estéticos corpos case insalubres. E por si todo isto é pouco, chama a atención poderosamente o descaro das grandes empresas que dirixen a súa publicidade a audiencias diferentes utilizando sen ningún complexo estratexias que promoven valores totalmente opostos.
Un dos casos máis clamorosos atopámolo na publicidade "amable" de Dove que intenta convencernos fai xa algún tempo do marabilloso que é ser unha muller normal, de como hai que aleccionar ás nenas ante a tiranía da estética. Esa é a súa filosofía nos dous primeiros vídeos. Pero oh sorpresa!, cando xa estabamos convencidos das bondades de Dove, vemos o terceiro anuncio, o do desodorizante AXE onde aparecen ou simulan aparecer centos de mulleres marabillosamente perfectas nun anuncio que roza os límites do grotesco , e descubrimos cheos de asombro que ambas as marcas Dove e Axe pertencen a UNILEVER, o mesmo grupo empresarial. Que ben!

Coñeciamos os dous primeiros vídeos, ignorabamos a relación entre Dove e Axel que descubrims grazas a Tiscar. Isto das redes sociais e os blogues é o que ten...


Manipulación Dixital. DOVE. Unilever


Fala coa túa filla antes que a publicidade o faga por tí. DOVE. Unilever


efecto AXE. Unilever

Thursday 21 February 2008

RONSEIS


Un ano máis acudimos á convocatoria do Salon Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, participando con RONSEIS, unha obra colectiva coa que intentamos plasmar a nosa particular visión do mar, tema da presente edición. Aproveitando a convocatoria tamén elaboramos, un ano máis, un novo libro para incrementar a nosa pequena biblioteca de produción propia. Neste caso trátase dun poemario ilustrado por alumnado de 4º ESO.


Os alumnos que realizaron o panel asistiron á representación de El Viejo y el Mar, adaptación do texto de Hemingway do grupo Arbolé. O alumnado de 1º ESO visitou as instalacións do Salón participando nun taller de móbiles e outro de danza e música que resultaron, segundo elas e eles, moi divertidos. Conscientes do esforzo realizado polo profesorado que participou nesta actividade, que como case todo, esixe bastante tempo e moita ilusión, desde Mesturas queremos dar, unha vez máis, as grazas .
Nesta presentación podedes ver o proceso do traballo e o resultado final.


Tuesday 19 February 2008

Francia: un camiño de ida e volta.

O mércores da pasada semana deixounos o xenial Henri Salvador. Nacido na Guaiana francesa en 1917 soubo crear un estilo propio marcadamente swing, cómico e mesmo visceral, apegado ás tradicións da chanson francesa, o mundo do boulevard e o rock and roll máis descarado. Antóllase imposible sintetizar a súa vida en tres frases: discípulo de Django Reinhardt nos anos 30, colaborador de Boris Vian na década dos 50, foi quen de metamorfosear un estilo atípico, mesmo utópico, oscilando entre a hilaridade máis naïve e a densidade dramática e espiritual dos seus últimos anos. O pasado 21 de decembro puxo punto e final á súa traxectoria artística cun memorable concerto no Pazo de Congresos de París. "A morte non ten ningunha importancia para min, é o final dun camiño, as estrelas explotan e logo hai outras que nacen...é formidable", afirmaba. Case un mes despois despediuse definitivamente de todas e de todos nós.

Jardin d´hiver: a presenza dunha voz madura, no disco Chambre avec vue (Virgin France, 2002)


Tributo á vis cómica dun soñador: Juanita Banana.


Mais a vida mineral segue sometida ao devir, como ben asegurou Nietzsche: a música non deixa de ser un camiño de idas e voltas e revisitacións constantes, orixinais e fondamente estimulantes. Nesa Francia contemporánea e carismática naceu a música de Dominique A, oriundo de Provins, relevo xeneracional natural na xa de por si brillante tradición vogal francesa. No ano 1992 deuse a coñecer amparado polo prestixioso e elegante selo Lithium co traballo La fossette, amalgama minimalista tendencialmente rock. En 2001 ficha polo prestixioso selo Labels para asinar un disco de luminosa presenza, autoreferencial e inspirado: Auguri. As guitarras, limpas, distorsionan en ocasións unha voz crúa, ambivalente, quen anos máis tarde, en pleno 2006, chegará ao seu apoxeo: L´Horizon (GreenUfos) entra en escena, revirando unha plasticidade arquitectónica afastada de convencionalismos e inxenuidades mainstream. Figura consagrada, ven de editar un estupendo traballo ao vivo, Sur nos forces motrices (Olympic Disk, 2007), onde escenifica por que é xa, xunto a Benjamin Biolay, un referente na actual canción francesa.

Dans un camion (L´Horizon, 2006), roadsong de cadencia amable e ampla fondura.


Moitas foron xa as colaboracións asinadas por Dominique A con outros grandes do panorama musical francés. Unha perla: voces para monochrome, tema do visionario Yann Tiersen (La phare, 1997)

Novas caras na Biblioteca

Estes días estamos encantados de recibir na Biblioteca a profesorado e alumnado do intercambio que o Departamento de Francés organizou cos nosos alumnos. Hai unha exposición no hall sobre os monumentos e turismo da súa terra. Dá gusto escoitar o seu francés aquí entre os libros e os ordenadores. Desexámoslles unha feliz estadía en Pontevedra e no Sánchez Cantón.



Angers, capital do desenvolvemento sostible, é a porta de entrada do Val do Loira, incluído no patrimonio mundial da humanidade pola UNESCO. Gozando dun marco excepcional, Angers sorprende pola riqueza do seu patrimonio, a súa calidade de vida e a súa notable oferta educativa e cultural.

Outra sesión no Obradoiro con Manuel Lourenzo


Seguimos na Biblioteca coa construción dun relato colectivo dirixido polo escritor Manuel Lourenzo. Os 25 alumnos e alumnas de 4º ESO e 2º BAC xa teñen perfilados os personaxes da novela. Hoxe puideron comprobar o moito e acertado traballo que fixo o director sobre as súas propostas. Agora vén o máis traballoso, darlles vida aos 25 personaxes na historia ambientada en Pontevedra. As cabezas van botar fume de tanto inventar ata despois das vacacións de Semana Santa. Moitas grazas de novo a Manuel Lourenzo e á ANPA por converter a nosa Biblioteca nun obradoiro de creación colectiva.

Sunday 17 February 2008

Máscaras venecianas



As máscaras venecianas están documentadas xa no século XIII cando aparecen escritos que falan de homes enmascarados tirando ovos ás damas que atopaban pola rúa. Podemos dicir que o uso destas máscaras alcanza o seu apoxeo cando Venecia xa empezaba a declinar o seu poderío económico e vivía só do seu prestixio. Falamos do século XVIII, cando nobres de toda Europa consideraban obrigatorio participar nas lendarias festas venecianas coas súas licenciosas costumes. Curiosamente naquela época o periodo do carnaval e a licencia para utilizar máscaras duraba moitísimo máis tempo. O espírito desta época queda reflectido na figura de Giaccomo Cassanova, simbolo da procura do pracer e o libertinaxe. A partires de finais do XVIII acelérase a decadencia de Venecia e con ela decaen os festivais e o uso de máscaras que se prohiben totalmente a partires de 1930 por orde de Mussolinni.




Existían moitos tipos de máscaras pero sen dúbida, a máis terrible era a do médico da peste, caracterizada por un longo nariz. Este era o disfrace utilizado polos doutores que acudían a diagnosticar os casos de Peste Negra, epidemia que arrasou a cidade en repetidas ocasións. O disfrace tiña unha función práctica, xa que no interior do longo nariz colocábanse herbas aromáticas. Os galenos da época estaban convencidos de que a enfermidade transmitíase a través do mal cheiro, razón pola cal intentaban protexerse mediante o uso destas fragrancias.


A máscaras venecianas teñen un papel fundamental na película Eyes Wide Shut de Stanley Kübrick, protagonizada por Tom Cruise e Nicole Kidman na que un doutor neoiorquino e a súa nova esposa participan nuns estranos rituais reservados a membros moi selectos que se cobren con máscaras para preservar a súa identidade.


A principios dos 80 un grupo de artesáns locais fixeron renacer a tradición das famosas máscaras venecianas e conseguiron que o carnaval da cidade se converta nunha das máis importantes atraccións turísticas.

Podedes apreciar a espectacularidade dalgunhas destas máscaras nesta reportaxe fotográfica correspondente ao carnaval do ano pasado.






Saturday 16 February 2008

Cosméticos indios


O BINDU, punto vermello que levan as mulleres indias casadas na fronte, forma parte do ritual do matrimonio e é colocado polo noivo durante a cerimonia. Suponse que desde ese momento hai unha conexión vital entre os desposados, por iso no momento da morte do marido tradicionalmente desposuíase á viúva de adornos, pulseiras e brazaletes e tamén se borraba ese punto vermello. Na actualidade úsanse diversos cosméticos en lugar da tradicional cúrcuma de limón, e ata está de moda levar o bindu do mesma cor que o vestido.

Este é un divertido anuncio de cosméticos que á vez parodia estes rituais tradicionais.


Friday 15 February 2008

Mesturas cumpre un ano

Nestes días MESTURAS cumpre o seu primeiro ano de vida. Grazas a todos e todas polas vosas visitas, colaboracións e comentarios e grazas tamén a todos os blogues amigos das Bibliotecas Escolares da rede do PLAMBE. Sodes todos e todas vós os que facedes posible e grata a súa existencia.

Thursday 14 February 2008

Women work for Barbie

As mulleres traballan para Barbie.
As mulleres traballan en fábricas
para facer e máis tarde poder adquirir obxectos
que conformen a imaxe que as súas fillas teñen de si mesmas.
Ás nenas se lles cría para que sexan obxectos.
Ás nenas , eses obxectos sedúcenlles e aspiran a converterse en lindas bonequiñas
As mulleres traballan para Barbie


Este é, máis ou menos, o texto do vídeo do artista londinense Wyllie O Hagan que propón unha reflexión sobre os modelos de beleza e a súa tiranía sobre a imaxe corporal das mulleres, tiranía na que as proprias mulleres consciente ou insconscientemente colaboran. Curioso.

Wednesday 13 February 2008

Hitler: Sex bomb

Haberá que botar unhas risas de cando en vez aínda que o personaxe nin iso merece. Chéganos esta montaxe vía A través del Uniberto

Monday 11 February 2008

Enemigos de la felicidad


O documental Enemigos de la Felicidad (obtivo o Premio do Xurado ao mellor documental no Festival de Sundance 2007) emítese en DOCUMENTOS TV o martes 12 de febreiro de 2008 ás 22:45 na 2 de TVE. Este extraordinario documental mergúllase na vida das mulleres de Afganistán seguindo os pasos e as vivencias, dunha moza excepcional, MALALAI XOIA, que fai oír a súa voz ante a intolerancia, a represión, a violencia e o medo. Tras o magnicidio da que fose Primeiro Ministro de Paquistán, Benazir Bhutto, xa non haberá unha líder política muller que dispute o poder ao goberno dese país nas próximas eleccións xerais do 18 de Febreiro. Pero no veciño Afganistán aínda hai unha voz feminina que clama contra a opresión: é a de Malalai Xoia, unha valente muller que segue adiante coa súa mensaxe a pesar de superar catro intentos de asasinato a mans dos señores da guerra do lugar. O documental Enemigos de la Felicidad, narra a historia desta muller afgá que conseguiu un escano no parlamento de Afganistán no 2005, só para ser vetada do mesmo, en maio do 2007, polas súas feroces críticas contra os islamistas do país. É un estremecedor relato que reflicte a vida de Malalai durante os días previos ás eleccións ao Parlamento do 2006. Malalai Xoia sempre utilizou as palabras como armas na súa oposición á hexemonía dos "señores da guerra".

A loita dos diferentes

Dende hai máis de 50 anos o concurso World Press Photo Contest, algo así como os Oscars da fotografía, reflicten en imaxes as distintas tensións e conflitos que, pouco a pouco, van definindo a nosa historia colectiva.

.

.Esta foto, tomada en 1957, é unha impresionante testemuña da violencia, as burlas e as agresións das que foi obxecto Dorothy Counts o primeiro día que asistiu a un colexio de Estados Unidos ao que só asistiran, ata ese momento, estudantes brancos. As boas xentes benpensantes tirábanlle pedras e berraban que volvese ao lugar do que saíra. Conseguírono: os seus pais sacárona do colexio tras catro días de constantes e insoportables vexames e agresións.
A seguinte fotografía, non menos impresionante, é unha das gañadoras da presente edición. Mostra unha parella gay tras as agresións sufridas a mans doutras boas xentes benpensantes contrarias ás parellas homosexuais.

50 anos separan as dúas fotografías pero trátase da mesma vella historia de sempre: os mesmos, os que se creen en posesión de todos os privilexios, agredindo ao outro, ao diferente, levantando unha e outra vez o fantasma do medo, os sentimentos atávicos da tribo contra o invasor. Haberá que estar alerta, é unha mensaxe moi perigosa que chega con facilidade e causa danos irremediables.

Dende as dúas fotografías podedes visitar a galería de premiados na presente edición e as consideradas mellores fotografías nos últimos 50 anos e tamén esta montaxe en video

Os perigos das TICS

...é tan doado esquecer que as TICS poden reproducir vellos esquemas e dar a impresión que algo cambia cando en realidade nada se move.

Sunday 10 February 2008

Franco e as TICS

Dedicamos a primeira entrada aos afortunados e afortunadas que tiveron a sorte de perderse unha época no noso querido país onde se escoitaban cousas como esta. A segunda entrada está dedicada aos que estrañan ese mesmo país que esperamos e desexamos que nunca, nunca xamais volva.

Vía comunicación digital

Simulador de acoso sexual nos metros


En Xapón é tristemente popular, e común, o acoso ás mozas nos traxectos en metro, aproveitando a gran multitude de persoas nun mesmo vagón.
Reflectindo a cara máis sinistra desta práctica, aparece un xogo erótico titulado Nonstop Chikan Tokkyu, dedicado a reproducir virtualmente os devanditos eventos, dende o punto de vista dos acosadores. Para publicitar o xogo, incorporouse unha reprodución dunha moza, que pode ser acosada e molestada de diversas formas.

Que divertido, que ben

Friday 8 February 2008

...e van dez. Coidado cos armarios

Décima morte por violencia doméstica neste ano recén estreado


...Agentes del Grupo X de Homicidios arrestaron anoche a Ángel Romero Córdoba, de 19 años y nacionalidad española, acusado de lanzar a su novia, Lucía Corbero Briceño, de 20 años y peruana, desde un quinto piso del número 100 de la calle de Atocha, en el distrito de Centro de Madrid, tras mantener, supuestamente, una discusión con ella en el piso. El joven ha declarado que discutió con la víctima pero que no la tiró desde la terraza de la vivienda, donde se han encontrado pequeñas manchas de sangre, que podrían ser de agresiones menores, como arañazos... EL PAÍS
.
POIS ISO, QUE COIDADO COS ARMARIOS, QUE DIN QUE CAUSAN CENTOS DE MILES DE FERIDAS CADA ANO

Thursday 7 February 2008

Somos pequenos

1000 grullas de papel

grullas de papel

O 6 de agosto de 1945, Estados Unidos arroxou a bomba atómica en Hiroshima, Xapón coa esperanza de rematar a Segunda Guerra Mundial. En poucos minutos, máis de 200.000 persoas pereceron por causa da explosión.
Sadako Sasaki só tiña dous anos de vida cando a bomba caeu na súa cidade. Era unha nena sá e feliz e parecía que non lle afectou a explosión da bomba, pero nove anos despois detectóuselle leucemia, unha enfermidade causada pola irradiación da bomba. Cando estaba no hospital unha amiga súa, Chizuko Hamamoto, tróuxolle unha grulla de papel e contoulle a historia da grulla. Os xaponeses cren que a grulla vive mil anos. Se unha persoa enferma fai mil grullas de papel, os deuses concederanlle o seu desexo de mellorarse. As grullas aumentáronlle a esperanza a Sadako e entón púxose a facer grullas de papel con moito entusiasmo.

Con todo, lamentablemente ela faleceu o 5 de outubro de 1955 logo de facer 644 grullas de papel. Os amigos e compañeiros de Sadako continuaron a súa misión e fixeron o resto para completar as mil grullas.
En 1958 construíron unha estatua dunha nena sostendo unha grulla dourada nos seus brazos abertos no Parque da Paz en Hiroshima. Cada ano xente de todo o mundo fai grullas de papel e mándaas a Hiroshima, Na súa base pódese ler

Este é o noso berro

Esta é a nosa oración.
Paz no mundo.


Desde a biblioteca do IES Poeta Añón chéganos unha fermosa experiencia para celebrar o dia da Paz baseada nesta historia

Wednesday 6 February 2008

Dimas Cuevas II

Para o señor Dimas Cuevas deixando ben claro que non entendemos nin compartimos o seu fino e intelixentísimo sentido do humor.

Dimas Cuevas


Estas son as declaracións do flamante candidato ao Senado, proposto polo PP de Albacete. Este individuo ten a pretensión de ser un representante da cidadanía deste país con opinións tan memorables e dunha altura moral tan encomiable como as que podedes ler a continuación. Claro que como é tan simpático e ocurrente, todo o que di é broma, é para botar unhas risas ... Todo un privilexio compartir país con vostede, querido señor.

"Las bodas de lesbianas tendrán que incluir diversas variedades de tortillas [...] y los convites para homosexuales serán a base de perritos calientes y plátanos al horno". "Si la palmo antes de lo previsto, prohíbo que den a mis chiquillos en adopción a ningún matrimonio de gays, lesbianas o mediopensionistas. Sólo falta que los traigamos al mundo, los criemos y los eduquemos, para que luego acaben los pobres rodeados de cualquier cosa".

"Lo que no hay que aceptar es que tengamos que cambiar la pira donde antes se incineraban a los 'raros' por un 'monumento a la rareza'. Los que tenemos las hormonas en equilibrio no tenemos que pedir perdón por ello".
Lo escribió Cuevas el 11 de junio de 2000.

En el verano de 2004 frivolizaba con otra cuestión, la violencia doméstica, en el artículo "Yo quiero una pareja de manchegos gays para la Feria": "Sólo me cabe una duda: si los que se casan son dos machos (con perdón) y en el supuesto caso de que uno de los manchegos matrimoniados tenga la mano larga, ¿su pareja tendrá derecho a la protección de la nueva ley contra la violencia de género? Supongo que, siguiendo la Ley de Mahoma, sólo será así si el maltratado es el que toma...".

"Dijo Fernández de la Vogue que en España hay 4 millones de homosexuales [...] De ser cierta esa cifra, a la especie humana le queda un telediario" (1/10/2004)- "En la actualidad a nadie se le ocurre prohibir que salgan culos por la tele: al contrario, se reparten guías pro-lesbianismo en las escuelas" (8/1/2006)- "Si luego la mamá les raspa con la barba de tres días o el papá les mancha de rímel [...] qué le vamos a hacer, todo sea por la modernidad" (1/5/2005)


"Si ha de haber paridad para las mujeres que la haya también para los altos, para los bajos, para los calvos, para los listos, para los tontos y ahora, que están de moda, también para los inmigrantes".

Friday 1 February 2008

GRAZAS

Desde Mesturas queremos dar as grazas a todo o profesorado e alumnado que participou na elaboración do panel colectivo do Día da Paz; a nosa admiración, unha vez máis ao bo facer de Carmen Pernas, a nosa querida profesora de Plástica que ten o don de facer que calquera persoa pareza un artista consumado.
Tamén un agradecimiento público a toda a rede de Bibliotecas Escolares que nos agasalla con tantas experiencias inesquecibles.
.

Related Posts with Thumbnails