Friday, 22 February 2008

Espelliño, espelliño


Tras a reforma necesaria das tallas na roupa das mulleres , imponse tamén outras reflexións. O abuso publicitario fai que, aos poucos pero inexorablemente, cambien os nosos gustos estéticos e provoca que mulleres que se consideraban normais hai só un par de décadas, na actualidade sexan percibidas como grosas. Por outra banda, e para acabar de complicalo todo, os índices de obesidade real seguen aumentando a pesares da insistencia publicitaria en presentarnos como modelos estéticos corpos case insalubres. E por si todo isto é pouco, chama a atención poderosamente o descaro das grandes empresas que dirixen a súa publicidade a audiencias diferentes utilizando sen ningún complexo estratexias que promoven valores totalmente opostos.
Un dos casos máis clamorosos atopámolo na publicidade "amable" de Dove que intenta convencernos fai xa algún tempo do marabilloso que é ser unha muller normal, de como hai que aleccionar ás nenas ante a tiranía da estética. Esa é a súa filosofía nos dous primeiros vídeos. Pero oh sorpresa!, cando xa estabamos convencidos das bondades de Dove, vemos o terceiro anuncio, o do desodorizante AXE onde aparecen ou simulan aparecer centos de mulleres marabillosamente perfectas nun anuncio que roza os límites do grotesco , e descubrimos cheos de asombro que ambas as marcas Dove e Axe pertencen a UNILEVER, o mesmo grupo empresarial. Que ben!

Coñeciamos os dous primeiros vídeos, ignorabamos a relación entre Dove e Axel que descubrims grazas a Tiscar. Isto das redes sociais e os blogues é o que ten...


Manipulación Dixital. DOVE. Unilever


Fala coa túa filla antes que a publicidade o faga por tí. DOVE. Unilever


efecto AXE. Unilever

No comments:

Related Posts with Thumbnails