Dende hai máis de 50 anos o concurso World Press Photo Contest, algo así como os Oscars da fotografía, reflicten en imaxes as distintas tensións e conflitos que, pouco a pouco, van definindo a nosa historia colectiva.
.
.Esta foto, tomada en 1957, é unha impresionante testemuña da violencia, as burlas e as agresións das que foi obxecto Dorothy Counts o primeiro día que asistiu a un colexio de Estados Unidos ao que só asistiran, ata ese momento, estudantes brancos. As boas xentes benpensantes tirábanlle pedras e berraban que volvese ao lugar do que saíra. Conseguírono: os seus pais sacárona do colexio tras catro días de constantes e insoportables vexames e agresións.
A seguinte fotografía, non menos impresionante, é unha das gañadoras da presente edición. Mostra unha parella gay tras as agresións sufridas a mans doutras boas xentes benpensantes contrarias ás parellas homosexuais.
50 anos separan as dúas fotografías pero trátase da mesma vella historia de sempre: os mesmos, os que se creen en posesión de todos os privilexios, agredindo ao outro, ao diferente, levantando unha e outra vez o fantasma do medo, os sentimentos atávicos da tribo contra o invasor. Haberá que estar alerta, é unha mensaxe moi perigosa que chega con facilidade e causa danos irremediables.
50 anos separan as dúas fotografías pero trátase da mesma vella historia de sempre: os mesmos, os que se creen en posesión de todos os privilexios, agredindo ao outro, ao diferente, levantando unha e outra vez o fantasma do medo, os sentimentos atávicos da tribo contra o invasor. Haberá que estar alerta, é unha mensaxe moi perigosa que chega con facilidade e causa danos irremediables.
Dende as dúas fotografías podedes visitar a galería de premiados na presente edición e as consideradas mellores fotografías nos últimos 50 anos e tamén esta montaxe en video
2 comments:
Que imaxes tan tristes a meirande parte delas...
Que cantidade de sentimentos fannos chegar unhas fotografías...
Canta dor real hai contida en cada unha...
Que pouco aprendemos ao longo da historia...
Que cruel e egoista podemos chegar a ser os homes cos que nos rodean só porque non os entendemos nin queremos facelo, porque non os amamos, porque os sentemos diferentes, porque os etiquetamos en vez de aceptalos, porque somos egoístas... non aprendemos e seguimos repetindo os erros e horrores do pasado.
Pois tes razón, por iso cumpre estar sempre alertas. Todos podemos reaccionar mal se nos vemos ameazados, e, as veces, hai quen está interesado en que nos vexamos así...O medo é util para conseguir determinados intereses
Post a Comment