Tuesday 31 March 2009

Danza biolóxica

Buscando materiais para unha actividade na que andamos metidos atopamos esta fermosa danza na que os intérpretes expresan a relación simbiótica entre dúas especies diferentes

Lemos en Wikipedia que a bióloga Lynn Margulis, famosa polo traballo sobre endosimbiose, afirma que a simbiose é o principal axente director da evolución. Ela considera que as ideas de Darwin sobre evolución, baseadas na competencia están incompletas e que a evolución está fortemente baseada na cooperación, interación, e dependencia mutua entre organismos. Segundo Margulis e Sagan (1986), "A vida non conquistou o planeta por combate, senón por cooperación ".
Gústanos a idea.

Arredores

É unha delicia pasear polos arredores do noso instituto nestes días...

div>


Sunday 29 March 2009

Excelente recurso para mellorar o teu inglés

Desde Mesturas recomendamos esta ligazón. Parécenos amena, con contidos moi variados e unha excelente práctica e complemento para as túas clases de inglés.

blogingles

Saturday 28 March 2009

Friday 27 March 2009

Un video viral que debes ver

Traducimos do País :

…”Hai un vídeo con máis de 3 millóns de visitas que é unha produción pensada para formato viral; titúlase "A vision of students today", e alí pode verse a un grupo de estudantes dunha universidade mostrando os alcances da WEB 2.0, a súa forma de traballar e as enormes diferenzas sociais que impiden o acceso a tecnoloxía de moitísimos mozos no mundo. Versión subtitulada.

Traducimos da Wikipedia.

Un vídeo viral é unha gravación que foi amplamente difundida a través de Internet por publicidade ou por correo electrónico, por blogs e outros sitios web.

Vexamos, pois, ese video…


Thursday 26 March 2009

Eulalio Ferrer: In memoriam

Acaban de dar a nova da súa morte pola tele.

Esperamos que alcance a inmortalidade, aínda que sexa pequena e de baixa intensidade, coa nosa lembranza dalgunha das súas ideas que tan deliciosamente contou en “Pompas fúnebres.”

Fixemos para el esta esquela festiva. Ben o merece. Non sabemos facer nada mellor.

O noso agradecemento e admiración por todo o que aprendemos do seu marabilloso libro.

esquela-eulalio

Monday 23 March 2009

Soundscape: deixa que a paisaxe fale.

Los-sonidos-del-agua_imagenGaleria Que pasará se imos de paseo durante unha hora, en silencio, pola nosa cidade e de volta alguén nos pide que relatemos polo miúdo a experiencia?.
Que describiremos?
Cantos sons lembraremos?
Mesmo se nunha segunda oportunidade se explicita que busquemos sons na nosa memoria, cantos agromaremos?

Probablemente ao facer esta ou similares experiencias poderemos comprobar que temos reducida a nosa paisaxe a imaxes visuais, e habituados ao ruído, non gozamos do silencio nin dos sons que constantemente chegan a nós e que apenas percibimos.

Como Muray Schafer mantén os sons dunha localidade tamén conforman a súa identidade tanto como a arquitectura, a lingua, a comidas, as formas de vestir dos seus habitantes. Este concepto tan peculiar da paisaxe (soundscape) está a ser considerado en profundidade tanto desde o punto de vista de compositores como de arquitectos e urbanistas.

Recomendamos vivamente a delicada proposta de Hildegard Westerkamp onde podemos encontrar instrucións precisas para realizar este suxestivo e diferente paseo sonoro

Realmente é todo un mundo por explorar, se queredes profundizar no tema podedes visitar ou botar unha ollada a esta interesante páxina onde podedes realizar diversas viaxes sonoras ou construir a vosa propia paisaxe.

main_controlsonoro

Por desgraza, estes espazos sonoros ou de silencio tamén son vulnerables e fácilmente contaminados por ruídos que impiden a comunicación. Hai pouco tempo mencionábamos o controvertido uso do chamado Mosquito para disuadir á mocidade de frecuentar determinados lugares con sons desagradables que só eles poden escoitar. Vemos como o ruído pódese convertir nunha poderosa arma de control social e tamén nunha fonte de interminables problemas para as persoas que o soportan por diferentes circunstancias. Existen asociacións de activistas contra o ruído e sitios contra a contaminación acústica.

E para rematar podedes botar unha ollada a este interesante video gravado no Centro Galego de Arte Contemporánea onde 8 persoas cantan unha paisaxe sonora da cidade.


Saturday 21 March 2009

Feliz Día Mundial da Poesía

Atopamos esta escolma de imaxes e poemas asociados en Flickr. Un agasallo para tod@s @s visitantes de Mesturas.


Created with Admarket's flickrSLiDR.

Friday 20 March 2009

Discutindo a Divina Comedia con Dante

Titúlase “Discutindo a Divina Comedia con Dante” e é o cadro máis comentado na Rede. Pintárono en 2006 tres artistas taiwaneses pero foi en 2009 cando empezou a súa difusión copando portadas de webs e blogs ao redor do mundo. En trece metros cadrados de tea os autores representaron ata 103 personaxes influentes, segundo o seu criterio, na historia da humanidade. Aquí podemos atopar figuras tan dispares como Karl Marx, Elvis Presley, Bill Gates, Shakespeare ou Audrey Hepburn.
Os autores non identificaron os personaxes, por iso @s internautas dedicáronse a xogar ao quen é quen e suxerir nome e apelidos

A representación española é mais ben concisa. Entre tanta celebridade só atopamos a Salvador Dalí e a Pablo Picasso,

As que tamén quedaron relegadas a un segundo plano foron as mulleres (sorprendente?). De entre os 103 personaxes podemos atopar menos de dez mulleres, entre as que están Marilyn Monroe, a nai Teresa de Calcuta ou Margaret Thatcher.

Fonte "El Mundo"

Facendo clic na imaxe poderedes ver unha ampliación na que ao colocar o cursor sobre as figuras, estas aparecen identificadas e con ligazóns á Wikipedia. Para pasar un intre entretido se non tedes nada mellor que facer.

famous-faces-big_1367237a-765229

Thursday 19 March 2009

Bibliotecas moi especiais

Hai tantas… pero atopamos unha escolma que non coñecíamos en Mirage Bookmarks e non resistimos a tentación


Monday 16 March 2009

Pena de morte ?

Reproducimos o comentario da profesora Marian Costa ao post Xuízo con xurado porque nos parece moi importante intentar construír esa conciencia social da que ela fala:

…Calquera día algún mozo ou moza pode ser chamad@ para ser membro dun xurado, mesmo poden ser xulgados por un xurado popular, a vida ten sobresaltos impensables. Por tanto estará ben que as súas mentes e capacidades intelectuais se dirixan a cuestións como cal é a razón da existencia destes xurados, as complicacións dun xuízo no que non profesionais van tomar decisións compremetodoras do que vai ser a vida dunha persoa, as garantías que a xustiza nos ofrece como cidadáns.
Ao meu parecer tamén é importante que vexan a cruel, antipática e desgarrada realidade que nos rodea, os acusados son de aquí ao lado, teñen cara e voz, minten e sinten, teñen fillas, parellas, non son imáxenes na pantalla. As posibilidades de que o mundo delictivo se nos aproxime son máis das que pode parecer. Onde nos situamos nós, que respondemos, como actuamos ante as propostas e actuacións delictivas?
Témome que necesitamos máis que ese xuízo e esa ficha para ir construíndo a nosa conciencia social de cidadáns. Pero o intentamos…

E parécenos oportuna a reflexión especialmente en días como hoxe, cando lemos por casualidade que se está revisando o caso do español Pablo Ibar que xa leva varios anos no corredor da morte en USA , Florida, acusado de asasinato. É a súa última oportunidade neste país onde a pena de morte non está abolida, e lévase a cabo por medio de inyección letal. Animámosvos a ver estes videos e a que opinedes sobre eles se o considerades oportuno. Non teñen desperdicio.

Fontes A traves del Uniberto y El Universo de Anita en color beige

Sunday 15 March 2009

the Black Cab Sessions

blackcab

.Unha idea curiosa: realizar unha gravación na parte de atrás dos populares taxis negros británicos mentres se fai un percorrido polas rúas dalgunha cidade. O reducido espazo limita os recursos escénicos e así se produce unha serie de sobrias gravacións de culto, dunha calidade máis que aceptable na maioría dos casos, que xa son moi populares e poden ser seguidas tanto na súa propia páxina como en You Tube. Tivemos información desta iniciativa no Pais Dixital.

Friday 13 March 2009

Esto no es justo

Se hai temas tabú, a morte é o máis tabú de todos , e se falamos de mortes, a morte dun neno é algo difícilmente aceptable para as persoas que lle rodean. Pero… e para o neno?. “Esto no es justo” escrito pola escritora británica Sally Nicholls é, sobre todo, un libro delicado e á vez valente. Afronta sen medo temas tan ocultos como a necesidade dun neno de ver e tocar o cadáver do seu amigo, a incredulidade ante un funeral que non se parece en nada ao que ese amigo desexaría, a súa decepción ao ver que ninguén ten o valor de responderlle ás preguntas que lle asaltan porque sabe que a el tamén lle quedan moi poucas semanas de vida…

Diremos tamén que o libro é, ademáis, moi ameno, áxil e ata divertido. Ten o mérito engadido de esbozar plantexamentos moi interesantes sobre o significado da morte, e aínda que é sempre respetuoso e elegante con todas as posturas, si que defende abertamente posibilidades non moi habituais neste tipo de obra. Recomendámolo definitivamente. Ten ademáis un formato moi agradable con debuxos e algunhas páxinas manuscritas con supostas anotacións e listas feitas nunha libreta escolar como:

  • Cousas que quero que pasen despois da miña morte
  • Que facer cando alguén morre
  • Cousas que ninguén quere contestar
  • Que aspecto ten unha persoa morta…etc

Thursday 12 March 2009

Xuizo con xurado. Miúda responsabilidade!

jury_box Un grupo de alumnado de 2º ESO asistiu onte, durante toda a mañá, á primeira sesión dun importante xuízo con xurado na audiencia de Pontevedra. Esta actividade foi deseñada como práctica da asignatura de Educación para a Cidadanía
Por cambios de última hora, a visita que, en principio, ía consistir na asistencia a un xuízo por maltrato, converteuse na oportunidade
de observar as incidencias deste
esperado xuízo, coa sala repleta de público e a presenza de varios medios de comunicación.
Antes de
entrar na sala, este grupo de alumnado foi recibido por un avogado que lles explicou brevemente en que consistía a función do xurado, como os letrados debían ser moi didácticos e debían explicar en cada momento aos membros do xurado os procedementos a seguir e cal era a súa función.
A continuación todos quedamos moi impresionados pola solemnidade da sala e pola gran cantidade de letrados presentes. Tivemos a ocasión de presenciar un duro interrogatorio de máis de dúas horas de duración a un dos acusados e ver as contradicións na que este incurría constantemente.
O comportamento do alumnado foi absolutamente irreprochable. Estiveron pendentes en todo momento do que ocorría na sala e ían completando a ficha de observación ao longo da mañá.
Estamos
segur@s que será esta unha actividade inesquecible que lles fará reflexionar sobre a tremenda responsabilidade que recae sobre os membros do xurado e a dificultade de manter unha posición necesariamente obxectiva ao enfrontarse a situacións e individuos que, en principio, producen un forte rexeitamento.
Queremos felicitar ao Departamento de Filosofía e, especialmente á profesora Marián Costa, por esta interesante iniciativa
.

Tuesday 10 March 2009

As conmovedoras mulleres de Eduardo Galeano.

1916, Buenos Aires: Isadora.IsadoraDuncan

.

.

.
Descalza, desnuda, apenas envuelta en la Bandera Argentina , Isadora Duncan baila el Himno Nacional. Una noche comete esa osadía, en un café de estudiantes de Buenos Aires y a la mañana siguiente todo el mundo lo sabe: el empresario rompe el contrato, las buenas familias devuelven sus entradas al Teatro Colon y la prensa exige la expulsión inmediata de esta pecadora norteamericana que ha venido a la Argentina a mancillar los símbolos patrios.
Isadora no entiende nada. Ningún francés protestó cuando ella bailó la Marsellesa con un chal rojo, azul y blanco por todo vestido. Si se puede bailar una emoción, si se puede bailar una idea, ¿por que no se puede bailar un himno?. La libertad ofende . Mujer de ojos brillantes, Isadora es enemiga declarada de la escuela tradicional , el matrimonio, la danza clásica, y de todo lo que enjaule al viento. Ella baila porque bailando goza, y baila lo que quiere, cuando quiere y como quiere, y las orquestas callan ante la música que nace de su cuerpo.

.

.

.

1935Alfonsina%20Storni, Buenos Aires: Alfonsina.



A la mujer que piensa se le secan los ovarios. Nace mujer para producir leche y lágrimas, no ideas; y no para vivir la vida sino para espiarla detras de las ventanas a medio cerrar. Mil veces se lo han explicado y Alfonsina Storni nunca lo creyó. Sus versos mas difundidos protestan contra el hombre enjaulador.
Cuando hace años llegó a Buenos Aires desde las provincias , Alfonsina traia unos viejos zapatos de tacones torcidos y en el vientre un hijo sin padre legal. En esta ciudad trabajo en lo que hubiera; y robaba formularios del telégrafo para escribir sus tristezas. Mientras pulía palabras, verso a verso, noche a noche, cruzaba los dedos y besaba las barajas que le anunciaban viajes, herencias y amores. El tiempo ha pasado, casi un cuarto de siglo; y nada le regalo la suerte. Pero peleando a brazo partido Alfonsina ha sido capaz de abrirse paso en el masculino mundo.Su cara de ratona traviesa nunca falta en las fotos que congregan a los escritores argentinos mas ilustres. Este año, en el verano supo que tenia cáncer. Desde entonces escribe poemas que hablan del abrazo del mar y de la casa que la espera allá en el fondo, en la avenida de las madréporas.
.

.

1983, Lima: Tamara vuela dos veces

Tamara Arze, que desapareció al año y medio de edad, no fue a parar a manos militares. Está en un pueblo suburbano, en casa de la buena gente que la recogió cuando quedó tirada por ahí. A pedido de la madre, las Abuelas de Plaza de Mayo emprendieron la búsqueda. Contaban con pocas pistas. Al cabo de un largo y complicado rastreo, la han encontrado. Cada mañana, Tamara vende querosén en un carro tirado por un caballo, pero no se queja de su suerte; y al principio no quiere ni oír hablar de su madre verdadera. Muy de a poco las abuelas le van explicando que ella es hija de Rosa, una obrera boliviana que jamás la abandonó. Que una noche su madre fue capturada a la salida de la fábrica, en Buenos Aires...
Rosa fue torturada, bajo control de un médico que mandaba parar, y violada, y fusilada con balas de fogueo. Pasó ocho años presa, sin proceso ni explicaciones, hasta que el año pasado la expulsaron de la Argentina. Ahora, en el aeropuerto de Lima, espera. Por encima de los Andes, su hija Tamara viene volando hacia ella.
Tamara viaja acompañada por dos abuelas que la encontraron. Devora todo lo que le sirven en el avión, sin dejar una miga de pan ni un grano de azúcar.
En Lima, Rosa y Tamara se descubren. Se miran al espejo, juntas, y son idénticas: los mismos ojos, la misma boca, los mismos lunares en los mismos lugares.
Cuando llega la noche, Rosa baña a su hija. Al acostarla, le siente un olor lechoso, dulzón; y vuelve a bañarla. Y otra vez. Y por más jabón que le mete, no hay manera de quitarle ese olor. Es un olor raro... Y de pronto, Rosa recuerda. Éste es el olor de los bebitos cuando acaban de mamar: Tamara tiene diez años y esta noche huele a recién nacida.

Mujeres por Eduardo Galeano, Centro Editor de América Latina.

Zona pechada

'Zona pechada' é una curta dun dos creadores da película de animación Vals con Bashir que describe o bloqueo da franxa de Gaza dende hai máis dun ano. O protagonista, un neno que persigue un paxaro, decátase pronto de que, en realidade, está atrapado. Non pode saír da empobrecida franxa cara a Cisjordania. Tampouco pode fuxir en barco e, cando tenta cruzar o paso de Rafah con Exipto, as autoridades non llo permiten. Caen as bombas pero el non atopa refuxio e tan só pode correr sen rumbo determinado.

En tan só 90 segundos, Yoni Goodman, director da curta, consegue a empatía dos espectadores e mostra aos residentes de Gaza "como o que na realidade son: un millón e medio de seres humanos aos que se lles prohíbe perseguir as súas aspiracións porque teñen todos os seus movementos absolutamente limitados". "Espero que cando a xente vexa a curta, sexa quen de esquecer as asociacións automáticas sobre o ben e o mal", di Godman, que creou a curta para unha ONG israelí, Gisha, que traballa pola liberdade de movemento dos palestinos.
Fonte ElPaís


Sunday 8 March 2009

Falando do 8 de marzo: Lembrando ás costureiras

Como agasallo neste día temos este texto tan fermoso do blog amigo Biblioteca.Milladoiro. Malpica.

mem_mariamiramontes

Imaxe: María Miramontes. Unha das defensoras do estatuto do 36.

Anos cincuenta.Un exército bulangueiro de mozas percorre cada mañá os camiños para chegar ó taller no que serían aprendizas e logo, se lles aproveitaba o aprendido, oficialas e...COSTUREIRAS.
Coas primeiras ganancias mercarán o seu propio medio de producción: a MÁQUINA de COSER. Alfa, Singer, Refrey, Sigma... estaban nos soños destas moza
Botero_img7s que se farán expertas en zurcidos e remendos e en corte e confección (A miña muller/filla ten dúas carreiras, bromeaban os homes)
Mozas que se farán contratar por horas ou por xornadas nas casas que poidan pagalo e logo, ó volver ás súa, coserán toda a roupa da familia.
Este traballo ten ademáis un grande valor engadido para a casa pois os seus coñecementos suporán unha fonte de aforro e, en moitos casos, de ingresos. Desde un pantalón de mahón a un enxoval ou un traxe de noiva... ¡non hai peza que se resista!
Aqueles talleres eran a FP das mulleres galegas. Lugares nos que se sentaban en círculo en sillas costureiras, lugares de charla e de bromas (Vai buscar a pedra de afiar as agullas, era un encargo frecuente para a recén chegada) de complicidades, de rivaliades, lugares de coñecemento moi especializado: multitude de tipos de oxais, de sisas, de cuellos, de petos, de telas...cada un co seu nome propio. Autenticos templos de aprendizaxe. O mundo en feminino.
Traballo senlleiro da conciliación familiar, podía facerse na propia casa. Tódolos fogares tiñan un cuarto da costura cando aínda non era moda que cada fillo tivese o seu dormitorio.. Esta fonte de ingresos, nunca suficientemente valorada, permitiu pagar o transporte dos fillos para ir estudar, pagar a letra do coche ou do piso recén adquirido, pagar...
Senlleiro tamén en innovación e documentación: da máquina de levar na cabeza, pasaron á de pé e á automática. Calquera costureira era quen de interpretar complexos planos, tamén chamados patróns, e lía con facilidade revistas extranxeiras sabendo que burda significa centro de documentación de moda.
Logo chegou o listo para levar e a confección barata. E foron desaparecendo as tendas de telas e os talleres. Algunhas, tentaron facerlle a competencia á producción industrial etiquetando co seu nome as prendas que saían do seu taller. Pero non sobreviviron.
Hoxe. Cada mañá, un exército silandeiro de mulleres percorre os camiños (agora en coche) para entrar a tempo nos talleres industriais nos que se sentan en filas de costas unhas ás outras, descoñecen o proceso completo da cofección e cobran infrasalarios. Pero están aseguradas. E cosen, en xeral, para unha firma masculina.
Na lembranza de Carme, Maruxa, Tiluca, Victoria, Reme, Loli e todas cantas vos fixeron a roupa.

Costureiras. Tarsilia do Amaral

costureiras_1

Completo a celebración con esta canción que, a min segue a pórme os pelos de punta. No primeiro plano fala de emigración, e ademáis... ¿lemos ente liñas?

Saturday 7 March 2009

Falando do 8 de marzo: Ladli, filla querida

Queremos darvos a coñecer ao fotógrafo e activista Fazal Sheikh, as súas conmovedoras fotografías e os seus magníficos libros virtuais. Eliximos, nestas datas, Ladli, (“filla querida” en hindi), que el mesmo presenta :

Fazal_Sheikh_book_Ladli_front_cover

“Este libro é a consecuencia dun libro meu anterior, Moksha, no que investiguei as vidas das mulleres viuvas na India. Ao enviuvar, estas mulleres sofren abusos e son maltratadas de tal xeito que moitas delas, centos, miles, vense obligadas a viaxar ata a cidade sagrada de Vrindavan, onde son acollidas para entrar ao servizo do deus Krishna
A historias que me contaron, como as obrigaron a casar sendo unhas nenas, como abusaron delas primeiro os seus maridos, logo os seus parentes políticos, todo iso fíxome reflexionar sobre a inmensa vulnerabilidade das mulleres neste país que agora se incorpora rápidamente á economía do primeiro mundo. O simple sexo dunha nena, xa desde a súa concepción, vai facer dela unha vítima potencial de estruturas patriarcais que tácitamente consenten a súa explotación, maltrato e morte.
Volvín a India en 2005, para retormar todo desde o principio. Quería descubrir o que as mulleres, as nais, as fillas teñen que soportar

Moitas das súas experiencias son aterradoras, case inimaxinables para persoas educadas noutro tipo de sociedade. En India as nenas son unha carga, non só non se lles permite levar o nome da familia senón que supoñerán, no futuro, unha gran perda económica para a mesma cando os seus familiares teñan que pagar unha costosa dote para poderlles atopar un marido que as protexa.
A preferencia cultural na India polos fillos varóns é a causa de que miles de nenas sexan abandonadas ou asasinadas ao nacer. Na actualidade, cando se pode saber o sexo do feto, as nais abortan.
Pregúntome cal será o futuro que agora se abre para tantas e tantas mulleres nun país que recibe constantes loubanzas pola súa emerxente traxectoria económica”

Fazal Sheikh

Friday 6 March 2009

Falando do 8 de marzo: Dedicado a Olga

doctor_&_nurse_1

arquitecto

enfermera

Agora que está próximo o 8 de Marzo, cóntanos a nosa amiga Olga os problemas que ten para atopar ilustracións para o seu alumnado de Primaria nas que as mulleres non desempeñen únicamente tarefas domésticas. Volvemos ao eterno debate:

Reflicten os sistemas simbólicos a realidade a ou máis ben a conforman? Noutras palabras, as imaxes que utilizamos para describir algo, determinan a nosa actitude cara a ese tema? É un sistema de representación causa ou síntoma de determinados comportamentos?.
É indubidable que as imaxes axudan a manter determinadas crenzas e actitudes, colaborando a conformar o noso concepto do que percibimos como real.

Inspirad@s por Olga buscamos información sobre algún estudo que analice, por exemplo, as ilustracións e imaxes predeseñadas dos programas informáticos máis usuais. Atopamos que:

  • Para empezar, existen moitísimas máis imaxes masculinas que femininas, prácticamente, nos estudos consultados, o triplo.
  • O tipo de imaxes presenta tamén diferenzas sustanciais: as figuras masculinas tenden a ter, en xeral, complexións atléticas e están en movemento, as femininas normalmente estáticas, moito máis sexualizadas, sentadas ou ata pousando coma se fosen maniquís.
  • Refórzase o estereotipo implícito de que os homes, en xeral, desempeñan profesións máis interesantes que as mulleres, pois adoitan aparecer en roles que denotan liderazgo: executivos, doutores, arquitectos; tamén en profesións que indican unha forte actividade física: obreiros de todo tipo.
    As mulleres adoitan aparecer en roles que implican asistencia: enfermeiras, secretarias, profesoras.
  • A conclusión é clara: a falta de diversidade real nestas imaxes impide ou dificulta a tarefa de transmitir aos novos usuarios que os roles tradicionais poden e deben cambiar.
    Sentímolo, Olga.
    Tiñas, como sempre, moitísima razón.

    Fonte

    Binns, Jane C
    Branch Robert C
    Gender stereotyped computer ClipArt images as an implicit influence in Instructional Mess
    ages

Thursday 5 March 2009

VISITA DE LAURA GALLEGO

Inesquecible a estadía de Laura Gallego no instituto. Máis de hora e media de intercambio de opinións sobre libros, personaxes e aficións lectoras. Impresionante testimonio de amor polos libros. Como non deixarse seducir por alguén que le máis de100 libros ao ano e cando publicou a súa primeira obra aos 20, xa tiña escritos e totalmente rematados máis de 10 libros que foron rexeitados polas editoriais?.

Tamén queremos felicitar a todos os compoñentes de “Tinta viva” pola súa impecable labor de presentación e animación do debate. Laura Gallego felicitoulles varias veces. Nós tamén.
Podedes ler a súa presentación.

LAURAGA imaxe creada con wordle.

Buenas tardes

Los miembros del club de lectura “Tinta viva” tenemos hoy la oportunidad de presentarnos ante vosotros y de invitaros a que os acerquéis a nuestras reuniones en la biblioteca o que nos visitéis en la página web donde hemos abierto un foro de discusión.

Y, hecha esta presentación, nos toca ahora el privilegio de dar la bienvenida al Sánchez Cantón a Laura Gallego, a quien le agradecemos la generosidad de compartir su tiempo con nosotros.

Como sabéis, los libros de literatura que estudiamos están llenos de escritores, frente a una sospechosa ausencia de escritoras.

Por otra parte está extendida la idea de que las chicas son más aficionadas a la lectura-especialmente a las novelas-que los chicos.

Hoy, aquí, podemos romper ambos tópicos: un club donde casi todos somos chicos presentamos a una escritora que, sin duda., nuestros hermanos pequeños estudiarán en los futuros libros de literatura.-

Laura Gallego es una escritora joven y una escritora de éxito, lo que resulta una combinación extraña.

Revisando su biografía y algunas entrevistas, hemos encontrado varias claves que, tal vez, aclaren el misterio:

· Ha sentido una pasión precoz por la lectura y la escritura, es decir, ha sido una “niña rara”

· Tiene una sólida formación académica (es filóloga y especialista en libros de caballería)

· Derrocha una imaginación prodigiosa.

· Y, sobre todo, les pone a sus libros trabajo, trabajo y trabajo.

Enhorabuena Laura y gracias de nuevo por tu presencia entre nosotros.

100_0514

100_0516
100_0519

100_0518

Tuesday 3 March 2009

A túa mellor imaxe….

Desde a Biblioteca apuntámonos a esta idea dos amig@s do GNL. Na época da imaxe o noso instituto non vai quedar atrás. A proposta será traballada polo alumnado de 4º como actividade de aula e está aberta tamén ao resto da comunidade educativa.

A túa mellor imaxe / impresión / idea…

do/no/co…teu / noso instituto

insti
  • Emprega un tamaño DIN A4 ou menor.
  • A unha soa tinta, en branco e negro
  • Con calquera técnica: banda deseñada, viñetas, infografía,…
  • Engade un texto no que expliques o teu deseño.
  • Fala co teu profesorado de Debuxo e Língua Galega. Van axudarte.
  • Entrégallo antes do 1 de Abril.
  • Pode publicarse no “Cartafol”
  • Podes recibir un premio

Sunday 1 March 2009

Redes sociais



Interesante entrevista difundida na Cadena Ser

  • É innegable que as chamadas redes sociais son xa un novo e potente medio de comunicación entre as persoas.
  • 13.ooo.ooo de persoas participan nas redes sociais en España.

  • Tuenti, a máis popular no noso país entre os usuarios máis novos, medrou un 700% durante o pasado ano.

  • Son versátiles: Inflúen en política, pódense utilizar para difundir o perfil profesional, para atopar amigos virtuais…pero cada vez faise máis necesaria unha didáctica básica para o seu uso entre a mocidade

  • Related Posts with Thumbnails