Reproducimos o comentario da profesora Marian Costa ao post Xuízo con xurado porque nos parece moi importante intentar construír esa conciencia social da que ela fala:
…Calquera día algún mozo ou moza pode ser chamad@ para ser membro dun xurado, mesmo poden ser xulgados por un xurado popular, a vida ten sobresaltos impensables. Por tanto estará ben que as súas mentes e capacidades intelectuais se dirixan a cuestións como cal é a razón da existencia destes xurados, as complicacións dun xuízo no que non profesionais van tomar decisións compremetodoras do que vai ser a vida dunha persoa, as garantías que a xustiza nos ofrece como cidadáns.
Ao meu parecer tamén é importante que vexan a cruel, antipática e desgarrada realidade que nos rodea, os acusados son de aquí ao lado, teñen cara e voz, minten e sinten, teñen fillas, parellas, non son imáxenes na pantalla. As posibilidades de que o mundo delictivo se nos aproxime son máis das que pode parecer. Onde nos situamos nós, que respondemos, como actuamos ante as propostas e actuacións delictivas?
Témome que necesitamos máis que ese xuízo e esa ficha para ir construíndo a nosa conciencia social de cidadáns. Pero o intentamos…
E parécenos oportuna a reflexión especialmente en días como hoxe, cando lemos por casualidade que se está revisando o caso do español Pablo Ibar que xa leva varios anos no corredor da morte en USA , Florida, acusado de asasinato. É a súa última oportunidade neste país onde a pena de morte non está abolida, e lévase a cabo por medio de inyección letal. Animámosvos a ver estes videos e a que opinedes sobre eles se o considerades oportuno. Non teñen desperdicio.
Fontes A traves del Uniberto y El Universo de Anita en color beige
No comments:
Post a Comment