Saturday, 7 March 2009

Falando do 8 de marzo: Ladli, filla querida

Queremos darvos a coñecer ao fotógrafo e activista Fazal Sheikh, as súas conmovedoras fotografías e os seus magníficos libros virtuais. Eliximos, nestas datas, Ladli, (“filla querida” en hindi), que el mesmo presenta :

Fazal_Sheikh_book_Ladli_front_cover

“Este libro é a consecuencia dun libro meu anterior, Moksha, no que investiguei as vidas das mulleres viuvas na India. Ao enviuvar, estas mulleres sofren abusos e son maltratadas de tal xeito que moitas delas, centos, miles, vense obligadas a viaxar ata a cidade sagrada de Vrindavan, onde son acollidas para entrar ao servizo do deus Krishna
A historias que me contaron, como as obrigaron a casar sendo unhas nenas, como abusaron delas primeiro os seus maridos, logo os seus parentes políticos, todo iso fíxome reflexionar sobre a inmensa vulnerabilidade das mulleres neste país que agora se incorpora rápidamente á economía do primeiro mundo. O simple sexo dunha nena, xa desde a súa concepción, vai facer dela unha vítima potencial de estruturas patriarcais que tácitamente consenten a súa explotación, maltrato e morte.
Volvín a India en 2005, para retormar todo desde o principio. Quería descubrir o que as mulleres, as nais, as fillas teñen que soportar

Moitas das súas experiencias son aterradoras, case inimaxinables para persoas educadas noutro tipo de sociedade. En India as nenas son unha carga, non só non se lles permite levar o nome da familia senón que supoñerán, no futuro, unha gran perda económica para a mesma cando os seus familiares teñan que pagar unha costosa dote para poderlles atopar un marido que as protexa.
A preferencia cultural na India polos fillos varóns é a causa de que miles de nenas sexan abandonadas ou asasinadas ao nacer. Na actualidade, cando se pode saber o sexo do feto, as nais abortan.
Pregúntome cal será o futuro que agora se abre para tantas e tantas mulleres nun país que recibe constantes loubanzas pola súa emerxente traxectoria económica”

Fazal Sheikh

4 comments:

Oki said...

Impactantes as imaxes, e a realidade da que nos falas.

Recoméndovos unha película india "Agua" sobre unha viuva de 8 anos ¡¡¡...!!!, que vese obrigada a recluirse de por vida nun "ashram" para viuvas. É de fai algúns anos, quizais do 2005 ou 2006, pero na India de verdade, temo que segue a ser moi actual.

Encarna said...

É unha vivencia realmente conmovedora. As fotos son "espectaculares"
Unha entrada impactante á vez que fermosa.
Saúdos.

MESTURAS said...

Sí, é un traballo moi interesante e comprometido. Podedes ver máis libros virtuais na páxina do autor.É o de sempre, de cara á galería as cousas cambian, os sistemas legais, en teoría, protexen ás mulleres, as castas están abolidas, hai minorías cultas e moi formadas onde as rapazas reciben un trato máis igualitario pero os cambios reais e sustanciais son moi moi lentos e levan un tempo infinito.

olga said...

Conmovedor traballo. Vou ter que aprender inglés... para entender, ademáis de sentir.

Related Posts with Thumbnails