Tuesday, 31 March 2009

Danza biolóxica

Buscando materiais para unha actividade na que andamos metidos atopamos esta fermosa danza na que os intérpretes expresan a relación simbiótica entre dúas especies diferentes

Lemos en Wikipedia que a bióloga Lynn Margulis, famosa polo traballo sobre endosimbiose, afirma que a simbiose é o principal axente director da evolución. Ela considera que as ideas de Darwin sobre evolución, baseadas na competencia están incompletas e que a evolución está fortemente baseada na cooperación, interación, e dependencia mutua entre organismos. Segundo Margulis e Sagan (1986), "A vida non conquistou o planeta por combate, senón por cooperación ".
Gústanos a idea.

6 comments:

Encarna said...

Deixamos un agasallo para vós no noso blog. Esperamos que vos guste. Unha aperta.

olga said...

Quedei coas ganas de facervos este agasallo de amizade que xa vos fixo Andrade39A. Pero que saibades que estades entre as nosas lecturas diarias. Relixiosamente :-).

O Segrel do Penedo said...

Vaia, está visto que nesta ocasión estamos a chegar unha miaxiña tarde, o que non me extraña, porque vós por suposto que sodes "Un blog maneiro"!!
Apertas dende Fene.

olga said...

Podedes pasar polo noso blog a recoller un agasallo DIFERENTE :-)

Anonymous said...

Pois nós tamén vos deixamos un agasallo no noso blog. Tanta coincidencia ven a confirmar que sodes un blog maneiro, maneiro.
Un saúdo dende Cervo, Lugo

MESTURAS said...

Estamos abrumados. Grazas pola vosa confianza.

Related Posts with Thumbnails