Se hai temas tabú, a morte é o máis tabú de todos , e se falamos de mortes, a morte dun neno é algo difícilmente aceptable para as persoas que lle rodean. Pero… e para o neno?. “Esto no es justo” escrito pola escritora británica Sally Nicholls é, sobre todo, un libro delicado e á vez valente. Afronta sen medo temas tan ocultos como a necesidade dun neno de ver e tocar o cadáver do seu amigo, a incredulidade ante un funeral que non se parece en nada ao que ese amigo desexaría, a súa decepción ao ver que ninguén ten o valor de responderlle ás preguntas que lle asaltan porque sabe que a el tamén lle quedan moi poucas semanas de vida…
Diremos tamén que o libro é, ademáis, moi ameno, áxil e ata divertido. Ten o mérito engadido de esbozar plantexamentos moi interesantes sobre o significado da morte, e aínda que é sempre respetuoso e elegante con todas as posturas, si que defende abertamente posibilidades non moi habituais neste tipo de obra. Recomendámolo definitivamente. Ten ademáis un formato moi agradable con debuxos e algunhas páxinas manuscritas con supostas anotacións e listas feitas nunha libreta escolar como:
- Cousas que quero que pasen despois da miña morte
- Que facer cando alguén morre
- Cousas que ninguén quere contestar
- Que aspecto ten unha persoa morta…etc
6 comments:
Fantástica suxestión.
Hai un par de semanas Dores pasoume unha publicación de propaganda co primeiro capítulo e pensei que sería unha voa proposta para as recomendacións de primaveira. De novo coincidimos cunha lectura!!
Bicos dende Fene.
Si, está moi ben. Perfecto para as idades da ESO. Gustoume bastante sobre todo cando toca os temas máis difíciles. Ata podes sacar algunha idea interesante para facer algunha actividade sobre o tema. O para un club de lectura, o ata para pais...
saúdos , Loly
Pues puestos a tratar del tema de la muerte, aquí te dejo, Charo, dos libros que acabo de leer y que enfrentan este tema de manera diferente desde el punto de vista de los adolescentes: La soledad de los números primos y Antes de morirme, publicados por la Editorial Salamandra. ¡No te los pierdas!
Gracias Luz. Conocía "la soledad de los números primos", pero aún no lo he leído. Del otro título no tenía ni idea. Ya nos ponemos.
Besos y recuerdos a Bea.
Eu son partidario de amosarlle á rapazada todos os temas que están presentes na vida, incluída a morte. Penso que se se fai con cariño e coidado é moi instructivo, por iso probamos co recital "pel de muller". E postos a recomendar, un libro que pode ser un éxito "¿Adónde vamos, papá? de Jean-Louis Fournier, que seguramente trataremos nalgún club de lectura.
Pois haberá que botar unha ollada, se ti o recomendas, xa me empeza a gustar
Post a Comment