Un grupo de alumnado de 2º ESO asistiu onte, durante toda a mañá, á primeira sesión dun importante xuízo con xurado na audiencia de Pontevedra. Esta actividade foi deseñada como práctica da asignatura de Educación para a Cidadanía
Por cambios de última hora, a visita que, en principio, ía consistir na asistencia a un xuízo por maltrato, converteuse na oportunidade de observar as incidencias deste esperado xuízo, coa sala repleta de público e a presenza de varios medios de comunicación.
Antes de entrar na sala, este grupo de alumnado foi recibido por un avogado que lles explicou brevemente en que consistía a función do xurado, como os letrados debían ser moi didácticos e debían explicar en cada momento aos membros do xurado os procedementos a seguir e cal era a súa función.
A continuación todos quedamos moi impresionados pola solemnidade da sala e pola gran cantidade de letrados presentes. Tivemos a ocasión de presenciar un duro interrogatorio de máis de dúas horas de duración a un dos acusados e ver as contradicións na que este incurría constantemente.
O comportamento do alumnado foi absolutamente irreprochable. Estiveron pendentes en todo momento do que ocorría na sala e ían completando a ficha de observación ao longo da mañá.
Estamos segur@s que será esta unha actividade inesquecible que lles fará reflexionar sobre a tremenda responsabilidade que recae sobre os membros do xurado e a dificultade de manter unha posición necesariamente obxectiva ao enfrontarse a situacións e individuos que, en principio, producen un forte rexeitamento.
Queremos felicitar ao Departamento de Filosofía e, especialmente á profesora Marián Costa, por esta interesante iniciativa.
Thursday, 12 March 2009
Xuizo con xurado. Miúda responsabilidade!
Etiquetas:
ACTIVIDADES,
COMUNIDADE ESCOLAR
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
1 comment:
Grazas a ti Charo, a miña inquebrantable compañeira de traballos, que non de fatigas, pois en tantos, como neste caso gozamos facendoos.
Calquera día algún mozo ou moza pode ser chamad@ para ser membro dun xurado, mesmo poden ser xulgados por un xurado popular, a vida ten sobresaltos impensables. Por tanto estará ben que as súas mentes e capacidades intelectuais se dirixan a cuestións como cal é a razón da existencia destes xurados, as complicacións dun xuízo no que non profesionais van tomar decisións compremetodoras do que vai ser a vida dunha persoa, as garantías que a xustiza nos ofrece como cidadáns.
Ao meu parecer tamén é importante que vexan a cruel, antipática e desgarrada realidade que nos rodea, os acusados son de aquí ao lado, teñen cara e voz, minten e sinten, teñen fillas, parellas, non son imáxenes na pantalla. As posibilidades de que o mundo delictivo se nos aproxime son máis das que pode parecer. Onde nos situamos nós, que respondemos, como actuamos ante as propostas e actuacións delictivas?
Témome que necesitamos máis que ese xuízo e esa ficha para ir construíndo a nosa conciencia social de cidadáns. Pero o intentamos.
Post a Comment