Un pracer escoitar a Carmen, Jaime e Alejandro falar do papel das mulleres neste mundo que a miúdo relacionamos cos homes especialmente en sus postos máis altos. Moi ilustrativa a primeira parte onde aprendimos moitísmo das pioneras como Ada Lovelace, muller de coñecementos avanzadísimos para a súa época onde os roles femininos estaban terriblemente restrinxidos. Tamén escoitamos falar da labor das operarias do Eniac o primeiro e enorme computador construido en Pensilvania, mentras que os postos de maior relevancia e responsabilidade eran ocupados na practica totalidade por homes. Porén, pouco a pouco as mulleres van ocupando espazos neste ámbito e van imprimindo o seu particular selo en todas as áreas. Os respopnsables deste traballo tan ben documenrtado interiorizaron perfectamente o concepto e non se limitaron a recitar unha lista de nomes de mulleres relevantes, senon que fixeronnos compartir o longo e difícil camiño percorrido ata as xoves e glamurosas deseñadoras dos populares videoxogos da actualidade. Un traballo completísimo, con fotos ben interesantes, videos moi ilustrativos e, por se fora pouco, dous documentos Issuu que contemplamos encantad@s. Podedes estar orgullosos do esforzo realizado.
ALEJANDRO MASEDA |
CARMEN COUTO RODRÍGUEZ-PEDROSA |
JAIME PASTOR |
En dous destes glogs tedes estes documentos Issuu para resumir e dar algunah información máis precisa sobre algún aspecto en concreto.
1 comment:
Post a Comment