Showing posts with label FASCISMO. Show all posts
Showing posts with label FASCISMO. Show all posts

Monday, 21 July 2008

Xornadas sobre exilios femininos na illa de San Simón


Os actos centrais de recuperación da memoria histórica deste ano completaronse o pasado fin de semana en San Simón coa celebración das xornadas "Mulleres con memoria. Exilios femininos". Tratouse a realidade das mulleres que tiveron que deixar a súa terra e as charlas enmarcáronse na liña de traballo "Mulleres e memoria", coa que a Consellaría de Cultura e Deporte leva a cabo diversas accións e actividades para ampliar os coñecementos existentes sobre o papel das mulleres galegas na loita durante a Guerra Civil, na resistencia no tempo da Posguerra e na súa vida fóra do país ao longo do tempo de exilio. Nas xornadas, coordenadas pola catedrática da Universidade de Santiago Aurora Marco, desenvolveronse unha serie de coloquios e conferencias a cargo dalgunhas das protagonistas do exilio, como Joaquina Dorado, Carmen Tagüeña, Dora Carcaño, Mariví Villaverde e Mª Teresa Alvajar; mulleres que tiveron que fuxir a lugares como Francia, Iugoslavia, Cuba e Arxentina. Tamén participaron a investigadora Antonina Rodrigo, especialista no papel das mulleres na II República, e a filla de exiliados Silvia Mestre. As xornadas pecháronse coa actuación das violinistas Laura e Mariña Quintillán, pertencentes a unha familia que sufriu o exilio e a represión.
fonte: Web da Consellería de Cultura e Deporte

Wednesday, 13 February 2008

Hitler: Sex bomb

Haberá que botar unhas risas de cando en vez aínda que o personaxe nin iso merece. Chéganos esta montaxe vía A través del Uniberto

Sunday, 10 February 2008

Franco e as TICS

Dedicamos a primeira entrada aos afortunados e afortunadas que tiveron a sorte de perderse unha época no noso querido país onde se escoitaban cousas como esta. A segunda entrada está dedicada aos que estrañan ese mesmo país que esperamos e desexamos que nunca, nunca xamais volva.

Vía comunicación digital

Wednesday, 21 November 2007

O mal da mocidade

Subimos esta entrada tal como a escribiu a nosa querida ex-alumna Fátima Peón no seu blog. Non fai falta dicir que estamos de acordo con todo o que nela se expresa. Mil grazas Fátima.
"O mal da mocidade" é o título dunha peza teatral. Tanto esta obra coma outra do mesmo autor, Ferdinand Brückner, chamada "Razas", foron escritas no contexto social dunha Alemaña rexida polos daquela triunfais e todopoderosos Nazis, e falaban dunha mocidade perdida e irresponsábel que baseaba o seu devenir na violencia, a autodestrucción e a incapacidade de comprender ao outro. Nesta "O mal da mocidade", a enfermidade non era en sí mesma a imposibilade de reter a beleza e a inxenuidade ó medrar, senón a ineptitude total daqueles mozos accidentalmente nazionalsocialistas no tocante a facer un esforzo por poñerse no lugar dos demáis, a ter unha visión clara do seu papel nun devenir histórico no que a súa inactividade foi tráxica e determinante.
Veume a cabeza todo isto ao ver hoxe en Público esta fotografía, á que só se lle pode poñer o calificativo de ridícula e discordante. Estes mociños -son nenos, mírenlles ben os granos-, son, como os personaxes da obra de Brückner, víctimas de sí mesmos, da súa incapacidade para a solidariedade, a tolerancia e o amor a algo que non sexa un mesmo. Porque por moitos monstros de pais que teñan detrás, sempre temos a opción de cuestionarnos o que facemos, ou o que nos fan facer. A súa traxedia é a de non saber apreciala propia vida. Imberbes, inxenuos, hedonistas e alienados, ignoran que ondean un símbolo de horror, crime e vergoña.

Ou peor aínda: sábeno ben, e asumen, coa lixereza de quen leva unhas gafas de marca, todo o delirio do seu mal.

Related Posts with Thumbnails