Wednesday, 21 November 2007

O mal da mocidade

Subimos esta entrada tal como a escribiu a nosa querida ex-alumna Fátima Peón no seu blog. Non fai falta dicir que estamos de acordo con todo o que nela se expresa. Mil grazas Fátima.
"O mal da mocidade" é o título dunha peza teatral. Tanto esta obra coma outra do mesmo autor, Ferdinand Brückner, chamada "Razas", foron escritas no contexto social dunha Alemaña rexida polos daquela triunfais e todopoderosos Nazis, e falaban dunha mocidade perdida e irresponsábel que baseaba o seu devenir na violencia, a autodestrucción e a incapacidade de comprender ao outro. Nesta "O mal da mocidade", a enfermidade non era en sí mesma a imposibilade de reter a beleza e a inxenuidade ó medrar, senón a ineptitude total daqueles mozos accidentalmente nazionalsocialistas no tocante a facer un esforzo por poñerse no lugar dos demáis, a ter unha visión clara do seu papel nun devenir histórico no que a súa inactividade foi tráxica e determinante.
Veume a cabeza todo isto ao ver hoxe en Público esta fotografía, á que só se lle pode poñer o calificativo de ridícula e discordante. Estes mociños -son nenos, mírenlles ben os granos-, son, como os personaxes da obra de Brückner, víctimas de sí mesmos, da súa incapacidade para a solidariedade, a tolerancia e o amor a algo que non sexa un mesmo. Porque por moitos monstros de pais que teñan detrás, sempre temos a opción de cuestionarnos o que facemos, ou o que nos fan facer. A súa traxedia é a de non saber apreciala propia vida. Imberbes, inxenuos, hedonistas e alienados, ignoran que ondean un símbolo de horror, crime e vergoña.

Ou peor aínda: sábeno ben, e asumen, coa lixereza de quen leva unhas gafas de marca, todo o delirio do seu mal.

3 comments:

Anonymous said...

Estou encantada de saber da que fora a miña alumna. Ánimo co blog.
Bicos

Anonymous said...

Absolutamente de acordo e absolutamente en contra das condutas ultradereitistas de por desgraza gran parte da poboación.

MESTURAS said...

Por iso é importante que asumamos que as sociedades que formamos son responsabilidade de todos nós. O concepto de ética cidadá, cobra máis importancia que nunca.

Related Posts with Thumbnails