Non cabía ninguén máis no Pazo de Pontevedra o Sábado pasado para ver a Lila Downs. Conquistounos a todos e, por suposto a todas, o racho desta gringa mexicana que, segundo ela asegura, é estranxeira nas dúas patrias, a do seu pai e a da súa nai. Pode que desta convicción de desarraigamento naza a fusión que interpreta maxistralmente co seu incrible rexistro de voz. Consegue entusiasmar con temas tan manidos como La Llorona, Sandunga e emocionar cos fermosos e tristes versos de La Martiniana. Defensora de baixar aos infernos das cantinas mexicanas para coñecer aos teus fantasmas e poder derrotalos, comprometida coas mulleres desaparecidas e asasinadas en Juárez, cos sufrimentos da emigración, autora da música de Frida, pola que foi galardoada cun Grammy, políglota, licenciada en antropoloxía... e un auténtico monstro no escenario. Con razón, o público despediuna de pé, entusiasmado cun concerto inesquecible que soubo a poquísimo.
2 comments:
Anonymous
said...
Non acabo de lle atopar o punto á súa última gravación, "La cantina": é un traballo mal planificado, con arranxos redundantes e unha certa tendencia á masificación sónica. Contén excelentes cancións ("El relámpago") mesturadas con desacertos absolutos ("La tequilera", espantosa versión do clásico de Alfredo D´Orsay. Para revitalizar o tema, acudide á impresionente revisión que do mesmo fixo Astrid Hadad)
Para introducirse acertadamente na música da por outra banda excelente Lila Downs, dúas referencias: One Blood/Una sangre (Narada/EMI, 2004) e Border/La línea (Narada, 20001)
DÍA INTERNACIONAL DA PAZ 2010. BIBLIOTECA IES SÁNCHEZ CANTÓN
Recomendacións de lecturas. Inverno 2009-10
Biblioteca IES Sánchez Cantón
Busco, busco
25 de Novembro 2009. IES SÁNCHEZ CANTÓN
Followers
Mesturas. De todo un pouco
Sabemos que a blogosfera é un dos espazos máis dinámicos da rede. Esta é unha bitácora de tantas que nace vencellada á biblioteca de noso centro coa única pretensión de ser unha ferramenta útil, áxil e aberta: unha ponte máis de achegamento a toda a comunidade escolar do IES Sánchez Cantón de Pontevedra.
As opinións e a liña xeral de Mesturas reflicte os posicionamentos do grupo de docentes que xestiona esta bitácora, non ten por que reflectir as opinións do IES Sánchez Cantón como comunidade educativa nin do actual equipo directivo.
Brendan Barnum "Linked"
COCIÑA COOLTURAL. Proxecto Interdisciplinar coordinado polo equipo da Biblioteca
Xa temos bastantes materiais elaborados. Podedes ver a correspondente sección na web do centro, os materiais e os comentarios do alumnado de 1ºBAC en Filosofía, os materiais para o alumnado de 1º ESO, e facer unha visita como invitado ao Curso MERCADO DE PROXIMIDADE na nosa aula virtual
Esta é a porta de acceso a algunhas cousas que nos gusta facer, a outras que xa fixemos, en fin, esperamos que sexa útil para que nos coñezades un pouco mellor.
Caixa de búsqueda específica capaz de atopar calquera documento en calquera formato dentro dos 67 sitios entre blogs e páxinas de apoio creados polos responsables das Bibliotecas Escolares Galegas.
vía A Nosa Biblioteca
Sabemos que a blogosfera é un dos espazos máis dinámicos da rede. Esta é unha bitácora de tantas que nace vencellada á biblioteca de noso centro coa única pretensión de ser unha ferramenta útil, áxil e aberta: unha ponte máis de achegamento a toda a comunidade escolar do IES Sánchez Cantón de Pontevedra.
GÚSTANOS FALAR DE
Esta é a BIBLOGTEKA, o espazo para que os distintos Departamentos traballen en rede.
2 comments:
Non acabo de lle atopar o punto á súa última gravación, "La cantina": é un traballo mal planificado, con arranxos redundantes e unha certa tendencia á masificación sónica. Contén excelentes cancións ("El relámpago") mesturadas con desacertos absolutos ("La tequilera", espantosa versión do clásico de Alfredo D´Orsay. Para revitalizar o tema, acudide á impresionente revisión que do mesmo fixo Astrid Hadad)
Para introducirse acertadamente na música da por outra banda excelente Lila Downs, dúas referencias: One Blood/Una sangre (Narada/EMI, 2004) e Border/La línea (Narada, 20001)
Lois Atanes
Grazas compañeiro por ese comentario tan profesional. Se baixas pola biblioteca, ou mellor, cando baixes, temos unha proposta para tí...
Post a Comment