Saturday, 3 November 2007

Mulleres matemáticas


As mulleres aparecen na historia das matemáticas xa na antigüidade, e desenvolven hoxe unha actividade matemática maior que nunca. Por que, entón, non se citan mulleres matemáticas anteriores ao século XX? As razóns son un conxunto de barreiras sociais e culturais impostas, entre as que poderiamos citar, entre outras, as actitudes negativas que dubidaban das súas capacidades para a ciencia (por poñer algúns exemplos o filósofo Kant chegaba a dicir que era tan posible que unha muller tivese barba como que sentise preocupación pola xeometría; o matemático De Morgan consideraba as mulleres débiles e sen preparación física para actividades científicas),


Podedes imaxinar que chegaron a aparecer datos médicos que sinalaban que unha muller que pensase demasiado podía sufrir desviacións do sangue desde o aparello reproductor cara ao cerebro?.

O papel social que lle veu sempre imposto (criar fillos, cociñar, coser, coidar da familia...), fixo imposible que unha muller pensase sequera en iniciar o arduo e difícil camiño de chegar a tomar contacto con matemáticas superiores; ata logo da 1ª guerra mundial, era normal que a muller non puidese acceder a postos universitarios...
Podedes botar unha ollada a este vídeo que nos chega vía o blog Iguales en las 3000

2 comments:

paulo said...

Magnífico traballo o de Antonio Pérez Sanz, tanto con esta serie 'Universo matemático' como con 'Más por menos', acercando de forma comprensible e acertada moitos temas matemáticos.

Entre eles temos este vídeo de "Mulleres matemáticas". Desgraciadamente na historia desta ciencia moi poucas mulleres adquiren certa relevancia, e incluso algunha delas (como Sophie Germain) para conseguilo tivo que se facer pasar por home.

Pero queda moito, moitísimo camiño por andar, aínda na actualidade estamos moi atrasados en canto á cantidade de mulleres matemáticas investigadoras. Iso si, hoxe en día existen máis mulleres que homes que estudan esta carreira.

Recordo a seguinte anécdota sobre Einstein: Paul Erdös presentáballe a Peter Lax, dicindo: "Dr. Einstein, preséntolle a este talentoso matemático húngaro". Einstein replicou: "¿Por qué ten que mencionar vostede o de húngaro?". Quizais algún día poidamos prescindir dese engadido da nacionalidade. Quizais algún día poidamos prescindir do engadido do sexo. Quizais algún tan só importe o talento e o traballo. Ogallá.

Moitos saúdos.

MESTURAS said...

Grazas Cadoi polo teu interesante comentario. Teremos en conta as túas recomendacións e non dubides en facernos máis ou indicarnos se cometemos algún erro cando tratamos temas dos que non temos moita formación, pero que ten moitísimo interese.

Related Posts with Thumbnails