SALVANDO LIBROS
Que libro salvarías ti?
Esta exposición xorde dun traballo colaborativo entre 96 bibliotecas escolares galegas e pretende ser unha chamada de atención sobre a importancia de apreciar, coidar e manter o noso patrimonio cultural escrito.
Pretendemos difundir a idea de que é imposible destruír os libros e os valores que neles se transmiten se somos quen de conseguir que formen parte de nós para sempre.
Maio 2011
Queremos dar moi especialmente as grazas a Jaime Eizaguirre Santillán, ex-alumno do IES Sánchez Cantón, que unha vez máis deseñou estes carteis tan fermosos para facer posible a actividade.
Podedes ver o perfil de Jaime, arquitecto e debuxante, aquí
e algunhas das interesantes cousas que fai aqui
e tamén aquí….
Grazas de novo, Jaime, pola túa xenerosidade
Moitísimos libros están a ser salvados nas nosas bibliotecas, que organizan as súas propias exposicións e actos.
Esta é só unha pequena escolma dos que representan a cada un dos centros que participaron na actividade.
Salvar un libro consiste en aprender de memoria un pequeno fragmento para simbolizar a asimilación de todo o seu contido. Entón xa seremos unha persoa-libro e poderemos preservalo para sempre.
A idea está baseada na obra de Ray Bradbury “Fahrenheit 451”.
Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Infantil
.
Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Primaria
.
9 comments:
Moitísimas grazas Charo polo traballo. PArabéns
Parabéns por esta entrada tan fermosa e moitas grazas por compartila.
Benquerida Charo, parabéns pola entrada -que xa nos encargamos de publicar en O Segrel- e polo magnífico traballo, que tamén transmitimos a Jaime. Para nós é un orgullo ter os seus extraordinarios deseños decorando as paredes do centro con tantos "Salvados".
Apertas lectoras dende Fene
Apertas a tod@s vós. De verdade que sodes esencias e imprescindibles.
Bicos
charo
Moitas grazas, Charo, unha vez máis por facernos todo máis doado. Unha fermosa entrada que queda colgada no noso blog.
Bicos desde Ferrol.
Estupenda a iniciativa. Moi bo traballo. Bicos
As iniciativas entre moitos sempre son enriquecedoras. Grazas a vós, mozas.
E unha vez máis desde Ferrol, parabéns pola fermosa idea e o estupendo traballo.
Grazas Ana. A idea non é nosa, só botamos unha man cos carteis e a maquetación dos materiais. Entre varios as cousas lévanse mellor.
Post a Comment